• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Juan Carlos Escotet e Francisco Botas reúnense cos equipos comerciais de Bankoa ABANCA

  • O presidente e o conselleiro delegado de ABANCA, acompañados polo director xeral de Bankoa ABANCA, Jesús Suárez, comparten con máis dun centenar de empregados os fitos alcanzados en 2022 e as prioridades comerciais para este ano
20230126-abanca-bankoa

Juan Carlos Escotet Rodríguez (no centro), con Francisco Botas e Jesús Suárez (á súa dereita), Juan José Etxeberría e Gabriel González (á súa esquerda).

Descarga en alta resolución

26-01-2023
Corporativo Negocio

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, mantiveron esta tarde en Donostia/San Sebastián un encontro de traballo cos equipos comerciais de Bankoa ABANCA, no que se repasaron os fitos máis importantes alcanzados en 2022 e compartíronse as prioridades de negocio para este ano.

A sesión, que reuniu a máis dun centenar de profesionais do País Vasco, Navarra e A Rioxa, contou tamén coa participación do director xeral de Bankoa ABANCA, Jesús Suárez, e o director comercial, José Luis Barca, ademais do director xeral Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e de responsables de diferentes áreas de apoio ao negocio de ABANCA. Tamén estivo presente o presidente do consello asesor de Bankoa ABANCA, Juan José Etxeberría.

Nas súas intervencións, Juan Carlos Escotet Rodríguez e Francisco Botas analizaron cos equipos as perspectivas macroeconómicas no actual contexto de desaceleración, resaltando a posición de solidez e alta resiliencia do País Vasco, un territorio crave na estratexia de ABANCA. Seguidamente, detallaron a evolución dos principais indicadores de ABANCA e os logros organizativos, tecnolóxicos e de negocio alcanzados durante o ano pasado a pesar da complexidade da contorna económica. A continuación, Jesús Suárez e José Luis Barca debullaron os resultados obtidos por Bankoa ABANCA durante 2022, o primeiro exercicio completo na nova etapa do banco tras a integración en ABANCA. Neste apartado, recoñeceuse o bo desempeño das oficinas e equipos con mellores resultados nas distintas liñas de negocio.

Unha vez concluído o balance do último exercicio, o encontro centrouse na presentación e análise das prioridades comerciais e metas definidas para este ano co obxectivo de seguir avanzando na estratexia de crecemento e potenciación do proxecto e posicionar a Bankoa ABANCA como un actor relevante na zona norte peninsular.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA intensifica o seu apoio ao campo estremeño e traza alianzas cos principais axentes do sector

26-01-2023
Negocio

ABANCA avanza no seu apoio estratéxico ao sector primario de Estremadura e comprométese co futuro dos agricultores e das explotacións agrarias da rexión.

20230126-abanca-convenio-agroexpo-3

ABANCA renova a súa colaboración cos regantes do Páramo e reafirma o seu compromiso co sector agrario leonés

26-01-2023
Negocio

ABANCA e a Comunidad General de Regantes Canal del Páramo asignaron esta mañá un novo convenio de colaboración para responder ás principais demandas do sector

20230126-abanca-convenio-paramo

Elementos da mediateca relacionados:

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)