• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Juan Carlos Escotet Rodríguez presenta aos empresarios o proxecto de ABANCA para impulsar o crédito e crecer en Asturias

  • O presidente da entidade financeira mantivo un encontro en Oviedo cun centenar de líderes empresariais do Principado
  • “Para ABANCA, que xa é líder absoluto na zona noroeste, Asturias é cada vez máis importante”, resumiu Escotet ante os asistentes
20171123-abanca-desayuno-jcer-empresarios-asturias-1

Juan Carlos Escotet Rodríguez expuxo ante os empresarios asturianos o proxecto de crecemento do banco a través da concesión de financiamento.

Descarga en alta resolución

20171123-abanca-desayuno-jcer-empresarios-asturias-2

O presidente de ABANCA, durante a súa intervención ante os empresarios asturianos.

Descarga en alta resolución

23-11-2017
Negocio

ABANCA completou as súas dúas xornadas de actividades en Asturias coa celebración dun almorzo de traballo esta mañá en Oviedo. Nel, o presidente do banco líder no noroeste de España, Juan Carlos Escotet Rodríguez, expuxo a unha ampla representación dos empresarios asturianos o proceso de transformación da entidade e os seus plans para crecer no Principado nos próximos anos a través da concesión de financiamento.

O evento, no que tamén interveu Pedro Luis Fernández Pérez, presidente da Federación Asturiana de Empresarios (FADE), que actuou como entidade colaboradora, contou coa presenza de máis dun centenar de empresarios dos principais sectores do tecido empresarial asturiano. “ABANCA xa é líder absoluto no mercado financeiro do noroeste peninsular, e Asturias é cada vez máis importante para nós”, trasladoulles Juan Carlos Escotet Rodríguez.

A xornada serviu para tratar os principais puntos de interese do actual escenario económico, na súa tripla dimensión internacional, española e asturiana, así como para abordar a translación á actividade empresarial das boas perspectivas existentes nestes momentos. “A recuperación económica e a vixencia dos tipos de interese en mínimos históricos fan deste un bo momento para o investimento empresarial”, explicou Juan Carlos Escotet Rodríguez.

Crecemento enfocado á empresa

Neste contexto de previsible crecemento económico ao longo dos próximos anos, ABANCA fixouse como obxectivo para a súa actividade no mercado asturiano ser unha entidade de referencia para as empresas da comunidade. “Preparámonos para estar en situación de poder dinamizar a concesión de crédito e ser o aliado da empresa en Asturias”, indicou o presidente de ABANCA.

Para iso a entidade desenvolveu unha folla de ruta composta por catro puntos: fortalecemento do seu perfil financeiro, orientación ao mercado con foco no cliente, modernización e innovación tecnolóxica, e, por último, financiamento e colaboración co tecido empresarial asturiano.

A través do primeiro punto desta folla de ruta, ABANCA situouse, en só tres anos, como unha das entidades máis sólidas do sector en España, cunha rendibilidade por encima do custo do capital, un crecemento interanual do volume de negocio minorista do 7,4% e 14 trimestres consecutivos de descenso da morosidade. O banco dispón nestes momentos dunha cómoda posición de liquidez e solvencia que, combinada cunha alta cobertura dos seus activos, sitúana entre as primeiras entidades do sector.

Especialización e innovación

O segundo bloque de accións estivo encamiñado a dotarse dun alto grao de especialización comercial para ofrecer asesoramento e servizos de valor, así como a reforzar a súa capacidade de atención ás empresas e introducir na súa rede o denominado Novo Modelo de Oficina, máis orientado á experiencia do cliente. Todo iso resultou clave para que ABANCA se convertese na entidade financeira con maior crecemento na confianza dos seus clientes (premio Emotional Friendly Bank 2017 de EMO Insights).

Polo que respecta á modernización tecnolóxica, ABANCA investiu 150 millóns de euros en dous anos para situarse na vangarda da innovación aplicada á actividade bancaria.

Tras todo iso, a entidade conta coa posición adecuada para crecer no mercado asturiano a través da concesión de financiamento e a colaboración activa e permanente co tecido económico do Principado

ABANCA en Asturias

Nos últimos doce meses a entidade concedeu en Asturias financiamento por importe de 870 millóns de euros. Froito da súa máxima implicación e compromiso coas empresas e familias asturianas, a entidade practicamente logrou duplicar a súa cota de mercado total en investimento crediticio en só dous anos (xuño 2017 fronte a xuño 2015). Nun contexto de desapalancamiento no que o sistema financeiro do Principado reduciu en 2016 o seu saldo de investimento nun 0,7%, ABANCA elevouno nun 33,7%.

Polo que respecta ao apoio á actividade empresarial, ABANCA, que en Asturias dispón de dúas oficinas especializadas na atención a empresas, participa no financiamento ás principais compañías do Principado e colabora con diferentes institucións, organismos e asociacións do seu tecido económico. O banco figura, así mesmo, entre as cinco principais entidades en financiamento ás institucións asturianas.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.