• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

‘Lugrís, paredes soñadas’ despídese da Coruña con grande éxito tras superar os 42.000 visitantes

  • O mural restaurado ‘Vista da Coruña 1669’ continuará aberto ao público na entrada á oficina principal do banco na Coruña pola rúa Olmos
  • Durante o mes de setembro mantéñense as visitas guiadas gratuítas ao mural os martes, mércores e xoves
2017904-abanca-lugris

Imaxe dunha das visitas guiadas realizadas á exposición ao longo destes meses.

Descarga en alta resolución

04-09-2017
RSC

A exposición ‘Lugrís, paredes soñadas’, organizada por ABANCA con motivo da restauración do mural ‘Vista da Coruña 1669’, pechou as súas portas este domingo na sede herculina de Afundación cun grande éxito de público. Desde a súa inauguración o 30 de marzo, esta ampla visión do traballo de Urbano Lugrís como decorador de espazos atraeu a un total de 42.301 persoas.

Entre estes visitantes destacan máis de 8.000 que participaron nalgunhas das propostas incluídas no amplo programa didáctico deseñado por ABANCA e Afundación para que todos os interesados puidesen profundar na vida e obra do artista galego, especialmente nas visitas comentadas de acceso libre e gratuíto e nos talleres para escolares.

A excelente acollida que brindou o público coruñés tanto a exposición como a restauración do mural confirma a proximidade da sociedade á figura de Lugrís e a preocupación xeneralizada que existía por garantir a conservación dunha das súas obras máis emblemáticas, a peza que realizou en 1952 para decorar a sede do Banco Hispano Suízo.

O proxecto acometido polo banco, que incluíu o seu traslado desde o local da rúa Real e a restauración da pintura, asegura o futuro da obra na súa nova localización, a entrada á oficina principal de ABANCA na Coruña pola rúa Olmos, 26, onde se exhibirá permanentemente a partir de agora no horario de apertura ao público destas instalacións: de luns a venres, de 8.15 a 14.15 horas e de 16.30 a 19.00 horas.

Ademais, debido á alta demanda detectada, durante o mes de setembro manteranse as visitas guiadas ao mural todos os martes e xoves (non festivos) ás 18.30 horas e os mércores (non festivos) ás 19.00 horas. Para gozar desta actividade, de acceso libre e gratuíto sen necesidade de reserva previa, só é necesario achegarse no horario establecido ao punto de encontro na rúa Olmos.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

ABANCA súmase ao ‘Programa Funcas Educa’ por quinto ano consecutivo

16-05-2023
RSC Sostenibilidad

O presidente de Afundación Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña, subscribiron o acordo que dá continuidade á colaboración que ambas as institucións manteñen desde 2018 co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois.

20230516-convenio-funcas-01

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.