• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Moody’s sitúa a ABANCA en grao de investimento con perspectiva estable

  • A axencia resalta a resiliencia, a calidade dos activos, a solvencia e as expectativas de rendibilidade de ABANCA
  • É a terceira axencia que lle dá categoría de investimento ao banco despois de Fitch e DBRS
20201119-abanca-asg

Descarga en alta resolución

13-07-2021
Financiero

A axencia de cualificación Moody’s Investor Service aumentou un chanzo o rating a longo prazo (Long - term Bank Deposits) de ABANCA de Ba1 a Baa3, situándoo en grao de investimento, á vez que mantivo a súa perspectiva estable. O rating a curto prazo (Short - term Bank Deposits) mellora de Not Prime a P-3 ("Prime-3"). O resto de cualificacións de ABANCA foron afirmadas sen cambios.

Tras esta decisión, ABANCA conta con grao de investimento nos ratings de Moody’s, Fitch e DBRS. O cambio na cualificación comunicado por Moody’s débese á nova metodoloxía da axencia e ao recoñecemento pola súa banda do perfil financeiro de ABANCA, que considera estable no actual contexto económico. Moody’s resalta na súa cualificación a resiliencia, a calidade dos activos, a solvencia e as expectativas de rendibilidade de ABANCA.

Tendencia positiva

En 2021, a traxectoria de ABANCA está a ser valorada positivamente polas axencias de rating. Tres das catro axencias que cualifican á entidade emitiron avaliacións sobre ABANCA durante este ano. Delas, dúas (DBRS e Standard and Poor’s) melloraron a perspectiva, mentres que a terceira (Moody’s) comunicou unha subida de rating, situándoo en grao de investimento.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA aborda con Itsas Garapen Elkartea o acompañamento financeiro ao sector pesqueiro en Euskadi

04-06-2021
Financiero

ABANCA e Itsas Garapen Elkartea celebraron esta mañá de maneira telemática un encontro dixital para analizar as alternativas de financiamento do sector pesqueiro en Euskadi.

20210406-abanca-itsas

ABANCA pecha a primeira emisión de bonos AT1 de 2021 con sobredemanda e a un tipo de xuro moi reducido

07-01-2021
Financiero

A emisión, que alcanza os 375 millóns de euros, contou con peticións por máis de 2.100 millóns, cantidade que multiplica por 5,7 a oferta.

20210107-abanca-emision-at1

Elementos da mediateca relacionados:

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)