• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

  • O banco impulsará a través da concesión de financiamento novos proxectos de xeración, distribución, comercialización e consumo de enerxía
  • A nova unidade especializada proporcionará aos clientes do banco coñecemento especializado, produtos e servizos
  • A entidade avanza no seu modelo de banca responsable, sostible e creadora de valor para a súa contorna
20220621-abanca-4

Descarga en alta resolución

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade ABANCA Energy, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos por parte de empresas e familias, promovendo o proceso de paulatino abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles. A través de ABANCA Energy, o banco atenderá as necesidades dos clientes que queiran desenvolver proxectos relacionados coas actividades de xeración, distribución, comercialización e consumo de enerxía, tanto en España como no exterior.

“Coa creación de ABANCA Energy avanzamos no noso modelo de banca responsable, sostible, transparente e innovadora, aseguramos a creación de valor, e contribuímos ao desenvolvemento social e á protección ambiental no territorio”, explica Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA.

Especialización

ABANCA Energy nace como unha unidade baseada no coñecemento especializado. Súmase por tanto a outras, como ABANCA Seguros, ABANCA Mar, ABANCA Agro, ABANCA Innova, ABANCA Privada ou ABANCA Personal, que o banco creou nos últimos anos para impulsar a actividade e dar resposta ás necesidades de sectores e colectivos de clientes con solucións diferenciadas.

A nova unidade é transversal a toda a organización e aglutina a participación de profesionais e equipos de diferentes áreas do banco, liderados pola dirección de Banca Corporativa e Especializada.

A creación de ABANCA Energy pon ao dispor dos clientes do banco un gran volume de coñecemento no campo da enerxía. No ámbito das renovables, ABANCA acumula máis de 20 anos de experiencia na estruturación de financiamento de proxectos e nos últimos tres practicamente duplicou o seu investimento crediticio, ata alcanzar os 1.124 millóns de euros. Por tipo de tecnoloxía, a fotovoltaica e a eólica son as máis representativas. ABANCA mantén unha presenza estable como financiador de referencia no sector, cun investimento anual na contorna dos 300-350 millóns de euros.

ABANCA Energy potenciará o financiamento de proxectos de enerxías fotovoltaica e eólica a través da modalidade de project finance. Ademais, prestará especial atención aos proxectos baseados en novas tecnoloxías como o hidróxeno, a eólica mariña, os sistemas de almacenamento, a reciclaxe de compoñentes, e a repotenciación e hibridación de instalacións. Tamén impulsará o autoconsumo de empresas e particulares a través de financiamento ao consumo.

Banca responsable e sostible

O lanzamento de ABANCA Energy está conectado con dúas liñas de traballo de gran alcance que o banco vén desenvolvendo ao longo dos últimos anos.

Por unha banda, a actividade de ABANCA Energy está estreitamente vinculada ao Plan de Banca Responsable e Sostible 2021-2024 de ABANCA, que, entre outros obxectivos, persegue impulsar un modelo económico e social respectuoso co medio ambiente e, especificamente, mitigar as consecuencias do cambio climático.

No marco desta estratexia, nos últimos meses o banco puxo en marcha iniciativas como a implantación da enerxía renovable en diferentes instalacións na Coruña (Comunidade Enerxética de Pocomaco), a creación do Laboratorio de Innovación Ambiental, coa función de contribuír a reducir a pegada climática da actividade do banco, ou o lanzamento de novos produtos de investimento para apoiar a descarbonización da economía, como o fondo de renovables Dunas Clean Energy I, FCR.

Doutra banda, ABANCA Energy contribuirá ao obxectivo de ABANCA de apoiar a despregadura dos fondos Next Generation EU e facilitar a súa chegada aos seus beneficiarios, tanto empresas como familias.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación constatan o seu compromiso coa sostibilidade coa celebración do Mes do Medio Ambiente

31-05-2023
Sostenibilidad

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o Día Mundial dos Océanos e o Día das Xentes do Mar, o banco e a súa Obra Social impulsarán durante todo o mes de xuño un completo programa de actividades co obxectivo de promocionar a sustentabilidade e colaborar na súa implantación no día a día da sociedade.

20230531-abanca-mes-medioambiente

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada de limpeza de microplásticos na praia de Zarautz

22.10.2022. Medio centenar de persoas voluntarias participaron na recollida de residuos, que foi a primeira actividade de ...

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Acto de entrega de 30 redes recicladas para porterías do proxecto Redes Vivas ao R.C. Celta, R.C. Deportivo ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Susana Ortiz, directora de Marketing de ABANCA, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Eduard Campadabal, xogador do C.D. Lugo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Álex Bergantiños, xogador do R.C. Deportivo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Presentación proxecto Redes Vivas

08.06.2021. Presentación do proxecto 'Redes Vivas. Do fondo do mar ao centro do campo'.

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Plan de Sostibilidade de ABANCA

13.05.2021. Presentación do Plan de Sostibilidade de ABANCA.

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.