• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

O IV Foro ABANCA Responsable avoga pola economía circular para fomentar a sustentabilidade empresarial

  • Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, abriu a xornada de traballo á que tamén asistiron Eduardo Eraña, conselleiro do banco, e Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación.
  • Sogama, Revertia e Agroamb, referentes galegos neste ámbito, compartiron a súa experiencia con 70 empresas, institucións e representantes de terceiro sector.
20180525-abanca-iv-foro-responsable-7

De esquerda a dereita, Eduardo Eraña, conselleiro de ABANCA; Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, e Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA, na apertura do encontro.

Descarga en alta resolución

20180525-abanca-iv-foro-responsable-5

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, durante a súa intervención.

Descarga en alta resolución

20180525-abanca-iv-foro-responsable-1

De esquerda a dereita, Eduardo Eraña, conselleiro de ABANCA; Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, e Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA.

Descarga en alta resolución

25-05-2018
RSC

Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, abriu este venres a cuarta edición do Foro ABANCA Responsable ante 70 empresas, institucións e organizacións do terceiro sector que se reuniron no Pazo de Iñás para profundar no concepto de economía circular e coñecer varios casos de negocio galegos de éxito neste ámbito. A actividade coincide coa celebración da Semana Verde da Unión Europea, o maior evento anual da axenda ambiental de Europa.

Á apertura do encontro, organizado pola Obra Social ABANCA baixo o título ‘Economía circular. Retos, iniciativas e inspiracións’, asistiron tamén Eduardo Eraña, conselleiro do banco, e Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA.

Na súa intervención, Francisco Botas destacou a vocación práctica deste encontro promovido polo banco co obxectivo de “proporcionar claves que axuden á mellora da xestión da economía circular nas organizacións participantes e tamén inspirar a creación de novas propostas e liñas de negocio de economía circular”.

O conselleiro delegado enmarcou a iniciativa dentro das accións sociais de ABANCA, que son a resposta da entidade “ao convencemento que temos de que o mundo corporativo pode e debe facer compatible a rendibilidade económica coa sustentabilidade”. O banco tamén mantén un firme compromiso co medio ambiente que ten reflexo, segundo indicou Francisco Botas, na xestión integral que realiza dos seus residuos de aparellos eléctricos e electrónicos. Por exemplo, sinalou que a entidade alcanzou unha elevada porcentaxe de reutilización das pantallas e computadores de mesa, cun 50,9% e un 39,4%, respectivamente.

Intensa sesión de traballo

A xornada comezou con tres relatorios que serviron para coñecer a experiencia de tres empresas galegas de referencia neste ámbito, a sociedade pública Sogama, a viguesa Revertia e a lucense Agroamb, que fixeron da xestión e reutilización de residuos o seu modelo de negocio. Tras as charlas desenvolveuse unha dinámica de grupo que permitiu aos participantes profundar nos principios da economía circular, debater sobre as posibilidades de negocio que ofrece e tamén solicitar ideas sobre como incorporar este concepto nas súas propias empresas para avanzar na sustentabilidade ambiental da actividade que desenvolven.

A sesión finalizou cun market place que actuou como escaparate doutros proxectos galegos emerxentes de economía circular, como o programa de recollida e reutilización de roupa da Institución Benéfico Social Padre Rubinos, o proxecto de limpeza e reciclaxe de residuos sólidos do mar que propón a asociación Mar de fábula, o negocio de transformación das redes de pesca en bolsos de Cholita Corme e a plataforma Slow Food Compostela, que traballa para fomentar o consumo sustentable de alimentos producidos en Galicia.

Segundo extráese do encontro, as empresas galegas coinciden en que acoller a economía circular permítenos mirar a un futuro sustentable, intelixente e integrador. Ademais, consideran que as organizacións que aposten por este novo modelo crearán negocios rendibles e novos postos de traballo situándose como axentes innovadores e concienciados co medio ambiente e as persoas, á vez que aforrarán custos e incrementarán beneficios grazas a repensar os seus sistemas de produción e consumo e anticiparanse aos requirimentos legais futuros.

Foro ABANCA Responsable

O Foro ABANCA Responsable é un espazo creado por ABANCA no marco da súa estratexia de responsabilidade social corporativa co obxectivo de contribuír ao fomento e aplicación de modelos de xestión responsable nas empresas galegas.

A iniciativa comezou a andar en novembro de 2016 cunha conferencia da activista social mauritana Aminetou Mint Ely, que presentou o seu proxecto Petites Bonnes. Desde entón, o foro serviu como marco para outras dúas sesións de traballo, unha centrada na rendibilidade social con exemplos de empresas sociais galegas de distintos sectores e tamaños e outra sobre liderado empresarial a través da experiencia do alpinista e comunicador leonés Jesús Calleja.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA recibe o certificado Residuo Cero de AENOR

13-04-2021
RSC

O selo concédese ás organizacións que integran na súa estratexia ambiental unha aposta clara pola sostibilidade e o respecto polo medio ambiente.

20210413-abanca-aenor-1

ABANCA colabora na formación do alumnado do Máster en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

06-04-2021
RSC

O II Seminario MUCAF-ABANCA inclúe catro sesións nas que profesionais do banco achegarán aos estudantes a realidade da profesión actuarial e financeira na empresa privada.

20201119-abanca-asg

Elementos da mediateca relacionados:

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

Exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'

02.12.2020. Vídeo presentación da exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

ABANCA e Afundación entregan o XL Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba

21.11.2019. Declaracións do presidente de Afundación e director xeral de Responsabilidad Social Corporativa e Comunicación ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - A Coruña

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - A Coruña

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - Pontevedra

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - Pontevedra

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - Lugo

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - Lugo

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)