• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

O portal «Afundación en casa» da Obra Social ABANCA xunta voluntariado, cultura, formación e apoio aos maiores para animar a quedar na casa

  • Con acceso libre e gratuíto, contará con máis de 300 recursos dixitais en constante actualización
  • Esta é a resposta da entidade para seguir ao carón da cidadanía no seu deber de illamento para tratar de frear a expansión do virus COVID-19
  • As propostas de «Afundación en casa» manterán o mesmo nivel de esixencia que define a Obra Social de ABANCA
20200326-abanca-1

Descarga en alta resolución

26-03-2020
RSC

Hoxe preséntase «Afundación en casa», un portal web de acceso libre e gratuíto, creado a instancias de ABANCA e a súa Obra Social, no que se verterá durante esta etapa toda a actividade que o equipo de Afundación continúa planificando e desenvolvendo desde os seus domicilios.

Desta maneira, a Obra Social de ABANCA seguirá poñendo á disposición da cidadanía os seus proxectos culturais, sociais e formativos, mantendo o mesmo nivel de esixencia e exercendo un labor de acompañamento telemático para usuarios +60, que desenvolverán persoas voluntarias en colaboración con traballadores da entidade. Desde casa, a Obra Social de ABANCA continúa traballando para proporcionar contidos en directo e actualizacións permanentes para consolidar Afundación, tamén na súa modalidade online, como a entidade galega de referencia no seu ámbito. Cun fondo vivo, «Afundación en casa» reflicte a intensidade e calidade da programación da Obra Social de ABANCA.

Ao longo da semana pasada, ABANCA e Afundación estiveron traballando para, mediante o uso da tecnoloxía máis avanzada, poder ofrecer propostas que repliquen os contidos habituais das súas áreas estratéxicas. Este esforzo materializouse na creación desta plataforma interactiva e dinámica na que conviven os contidos en directo, as novas propostas e o fondo vivo e actualizable de Afundación.

O portal inclúe, así mesmo, unha sección de acompañamento. Deste modo, froito da colaboración entre as áreas de Envellecemento Activo e Voluntariado, e coa máxima de aprender a coidar, creouse a plataforma «+ 60, acompañámoste», conformada por unha rede de voluntarios para axudar, acompañar e manter informados, vía telefónica, os socios e socias dos espazos +60, que nos próximos días estará á disposición de toda a poboación +60 de Galicia. Ademais, con este mesmo obxectivo de estar ao carón da xente, no espazo «Escoitámoste», a entidade estará en contacto permanente, a través de persoas voluntarias, para proporcionar información e asesoramento sobre as posibilidades de «Afundación en casa».

Tamén desde ABANCA e IESIDE se está traballando conxuntamente para poñer en marcha «ABANCA e IESIDE asesoran», co obxectivo de proporcionar información ás PEMES, aos autónomos e a quen, desde o ámbito da actividade que desenvolven, teñan dúbidas sobre as medidas ou os recursos ao seu alcance ante a situación de excepcionalidade provocada polo virus COVID-19. Así, aquí poderán acceder a distintos exemplos en formato audiovisual cos que solucionar as consultas máis frecuentes dos ámbitos laboral e socioeconómico.

O obxectivo é acompañar a sociedade no seu deber de permanecer na casa, ofrecendo múltiplas opcións mediante as que continuar formándose e crecendo dunha maneira accesible e segura. Ademais, esta iniciativa permite manter a actividade económica nos distintos ámbitos de actuación, tanto a nivel interno da entidade, como na súa relación cos seus colaboradores externos. En definitiva, a Obra Social de ABANCA, en liña cos seus compromisos estratéxicos a favor do avance social, esfórzase en apoiar a cidadanía nestes momentos excepcionais, mirando xa cara ao futuro.

Novos contidos

En «Educación na casa», presentaranse, entre outras, novas conferencias do ciclo Educación Século XXI, que se poderán seguir en directo ou acceder a elas posteriormente no propio portal. Estes novos contidos, entre os que figura o programa de Leandro Fernández Macho «Plan Actitude Top», con consellos para reducir o estrés e superar este desafío e que se poderá seguir en vivo no site a partir do 2 de abril, ofrecen claves e abórdanse temas tan útiles na actual situación como a seguridade no uso da rede e as novas tecnoloxías en menores, da man do experto en privacidade e seguridade nas TIC José Torres, ou a realización de mindfulness en familia, coa psicóloga Belén Colomina, que estará en directo este vindeiro sábado 28 de marzo, entre outras moitas, da man de relatores tan relevantes como o doutor Ángel Carracedo, o filósofo e docente José Antonio Marina, o xuíz José Antonio Vázquez Taín, o profesor e youtuber Sergio Castro, o doutor en bioloxía David Bueno, a neuróloga pediátrica Anna Sans ou o neurocientífico Hernán Aldana.

Así mesmo, sempre seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, estase traballando na realización de obradoiros de ciencia, de arte ou de cociña, que se emitirán en directo para que as familias os poidan seguir e levalos a cabo desde as súas casas. Ademais, toda a comunidade educativa, desde docentes ata nais, pais e titores, poderá acceder a recursos didácticos cos que traballar cos máis pequenos desde casa, como guías didácticas sobre as exposicións ou as obras de teatro. Verbo da Educación Superior, estase traballando para ofrecer online, por parte de docentes de prestixio, contidos diversos de interese xeral que amplíen os nosos coñecementos durante este período. A primeira cita será co xeoestratega Pedro Baños, relator do Master Internacional de IESIDE, quen falará en directo no portal sobre «Así se domina o mundo. Claves xeopolíticas do poder ante o COVID19».

Tamén estarán dispoñibles os recursos de IESIDE como masterclasses, conferencias ou foros, así como o acceso a unha biblioteca online onde se poderá atopar un gran número de publicacións dixitalizadas dos ámbitos económico e financeiro, esencialmente. Desde o pasado día 12 de marzo, a docencia en IESIDE impártese de xeito interactivo a distancia. A avanzada tecnoloxía da plataforma online de IESIDE foi recentemente desenvolvida e implementada para poder conducir as sesións de todos os programas de forma dixital e por vídeo sincrónico, de modo que os estudantes poden recibir a formación interactiva nos seus propios domicilios, coa mesma calidade que en modalidade presencial, mantendo así o habitual ritmo de traballo académico.

No Área de «Cultura na casa», poderase gozar en directo de recitais de poesía, concertos, contacontos, conferencias e charlas de expertos en arte analizando diferentes obras da Colección de Arte Afundación. Tamén se atopan nesta sección as visitas virtuais aos proxectos expositivos de Afundación, desde os máis recentes como «O noso planeta», inaugurado o pasado 3 de marzo en Vigo, ou «Con D de arte. Unha ollada infantil á Colección de Arte Afundación máis contemporánea», ata «O universo musical de Andrés Gaos (1874-1959)», «Eu, Abelenda» ou «Lugrís, paredes soñadas». Tamén mediante a perspectiva 360º, poderanse percorrer as diferentes reinterpretacións das Coleccións de Arte de Afundación e ABANCA.

En + 60 na casa, ademais do espazo interactivo «+60, escoitámoste», poñeranse á disposición deste colectivo titorías e outras ferramentas útiles para este período de corentena relacionados coas novas tecnoloxías, obradoiros culturais ou exercicio en casa.

Todos estes recursos, máis de 300, agruparanse e faranse facilmente accesibles nos perfís das redes sociais de Afundación baixo a etiqueta #AfundaciónEnCasa.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA recibe o certificado Residuo Cero de AENOR

13-04-2021
RSC

O selo concédese ás organizacións que integran na súa estratexia ambiental unha aposta clara pola sostibilidade e o respecto polo medio ambiente.

20210413-abanca-aenor-1

ABANCA colabora na formación do alumnado do Máster en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

06-04-2021
RSC

O II Seminario MUCAF-ABANCA inclúe catro sesións nas que profesionais do banco achegarán aos estudantes a realidade da profesión actuarial e financeira na empresa privada.

20201119-abanca-asg

Elementos da mediateca relacionados:

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

Exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'

02.12.2020. Vídeo presentación da exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

ABANCA e Afundación entregan o XL Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba

21.11.2019. Declaracións do presidente de Afundación e director xeral de Responsabilidad Social Corporativa e Comunicación ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - A Coruña

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - A Coruña

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - Pontevedra

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - Pontevedra

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - Lugo

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - Lugo

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)