• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Boletín de economía
  • En castellano
Ver más noticias

Os estudantes internacionais de IESIDE manteñen un encontro coa directora de Turismo de Galicia

  • O grupo de 15 estudantes cursa en Galicia o Diploma Avanzado en Relacións Internacionais de IESIDE
  • O programa de estudos que cursan ten por obxectivos estratéxicos o apoio ás empresas galegas e a promoción do sector turístico da comunidade en China
  • Nava Castro explicou a importancia de turismo en Galicia, destacou os seus principais recursos e expuxo as claves do Plan Integral de Turismo da comunidade
20160729-ieside-estudiantes-dari

Descarga en alta resolución

29-07-2016
RSC

O grupo de 15 estudantes chineses chegados a Galicia para cursar o Diploma Avanzado en Relacións Internacionais (DARI) do Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) mantiveron esta tarde un encontro na sede de Afundación en Vigo con Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, axencia dependente da Xunta de Galicia.

Os estudantes, primeiro grupo internacional que se incorpora aos programas formativos de IESIDE, proceden da Beijing International Studies University (BISU), onde realizan estudos de Grao de Español. O Diploma Avanzado en Relacións Internacionais que cursan en IESIDE ten como obxectivo principal o apoio ás empresas galegas para a súa entrada e posicionamento no mercado chinés, proporcionándolles profesionais dese país multilingües e con formación empresarial. Outro dos seus obxectivos estratéxicos é a promoción do sector turístico galego en China.

Na súa intervención, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou o destino turístico Galicia facendo fincapé nos seus principais recursos, como son o Camiño de Santiago, a natureza, a gastronomía, o termalismo, o patrimonio cultural, as grandes cidades ou o turismo rural.

Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta de Galicia evidenciou a aposta da administración turística galega pola creación e difusión de produtos innovadores, dos cales destacou a recentemente desenvolvida Ruta da Lamprea, os Cruceiros Costeiros, as Rutas dos Viños e da Camelia, a rede de centros BTT ou o programa de trens turísticos, entre outros.

Por outra banda, dado que o público asistente conformábao un grupo de estudantes de turismo, a directora destacou a importancia alcanzada por este sector en Galicia e explicou aos alumnos as principais claves do Plan Integral de Turismo de Galicia que rexe actualmente o desenvolvemento turístico da comunidade.

Educación orientada á empresa

IESIDE naceu en abril deste ano como unha aposta estratéxica de ABANCA en colaboración con Afundación para impulsar a súa actuación no ámbito da educación superior. Con sedes en Vigo, A Coruña e Pontevedra, IESIDE é a primeira institución de educación superior de Galicia orientada á empresa. Conta con 22 profesores a tempo completo, 52 profesores asociados, 4 docentes estranxeiros visitantes e 250 profesores colaboradores. A súa oferta formativa incluirá programas académicos presenciais, online e de tipo híbrido, así como cursos corporativos dirixidos a empresas. O centro ofrecerá un programa de bolsas que beneficiará, de forma progresiva, o 25% dos seus estudantes.

A posta en marcha do Diploma Avanzado en Relacións Internacionais é froito dun convenio de colaboración entre a Escola de Negocios Afundación de IESIDE e a Beijing International Studies University (BISU) para desenvolver programas conxuntos de formación. Ambas as institucións teñen previsto desenvolver programas de posgrao no campo turístico, onde BISU é a universidade de referencia en China.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Lida Valentín, Corbalán e Cacho participarán no II FID Obra Social ABANCA Ciudad de León

18-04-2018
RSC

O evento está organizado pola Asociación Golden Dreams Team e conta co apoio da Obra Social ABANCA.

20180418-abanca-obrasocial-deporte

ABANCA e a Uvigo achéganse á realidade do emprendemento na Eurorrexión co II Campus ABANCA

19-03-2018
RSC

ABANCA e a Universidade de Vigo celebrarán os vindeiros 22 e 23 de marzo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo a segunda edición do Campus ABANCA.

20180319-abanca-campus

Elementos da mediateca relacionados:

Gustavo Dudamel, protagonista da nova edición de Palabras Para Galicia

O director artístico e musical da Filarmónica de Los Ángeles e director da orquestra Simón Bolívar Gustavo Dudamel visitará ...

I Campus ABANCA

Resumo das actividades organizadas entre os días 20-23 de marzo na UDC

Presentación ABANCA ReSuena

Vídeo do proxecto que promove ABANCA Obra Social e a Orquesta Sinfónica de Galicia

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

Os gañadores con Miguel Ángel Escotet, Ubaldo Rueda e profesores dos institutos que participaron como xurado.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Miguel Ángel Escotet, Ubaldo Rueda e Pedro Feijóo, durante as súas intervencións na ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

Momento del acto de entrega de los premios.

ABANCA continúa coas accións de reforestación nos montes galegos

Declaracións de Tatiana Suárez, directora da área de RSC da Obra Social ABANCA, durante as accións de reforestación en Miño.

ABANCA continúa coas accións de reforestación nos montes galegos

Declaracións de Jorge Mahía, director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA, durante as accións de reforestación ...

ABANCA continúa coas accións de reforestación nos montes galegos

Declaracións de Gabriel González Eiroa, director Red Comercial ABANCA, durante a actividade de recuperación do monte en ...

Programa ABANCA ReSuena Día da Música 2017

Programa con información de ABANCA ReSuena e do concerto que se celebrará o día 21 de xuño de 2017 no Palacio da Ópera da ...

Gustavo Dudamel

Traxectoria profesional Gustavo Dudamel

Folleto Campus ABANCA

Folleto Campus ABANCA

  • 981 188 022 / 986 828 070
  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2018 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (2 for 1)