• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Os Global Shapers e ABANCA comparten cos emprendedores os resultados da caravana

Os responsables do proxecto reuniranse durante as vindeiras semanas cos mozos de Galicia, Asturias e León que participaron na ruta para presentarlles as conclusións da investigación empírica realizada

23-10-2015
RSC

Os mozos e mozas de Galicia, Asturias e León que participaron no proxecto da caravana ‘¿Qué quieres hacer con tu vida?’ coñecerán durante as próximas semanas de primeira man as conclusións da investigación empírica realizada no marco desta iniciativa de emprendemento social impulsada por Global Shaper Madrid en colaboración con ABANCA e a Fundación Universidad Empresa (FUE).

Os responsables do proxecto manterán durante as vindeiras catro semanas unha serie de reunións de traballo cos emprendedores novos que se uniron á caravana durante o pasado verán para compartir con eles os resultados preliminares da escoita activa realizada co obxectivo de coñecer a situación real e inquedanzas da súa propia xeración.

Os encontros concentraranse en Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ourense, Lugo, León e Oviedo cidades nas que a caravana desenvolveu actividades con emprendedores para preguntarlles sobre os seus proxectos de futuro e os obstáculos que atopan para facelos realidade.

As conclusións globais das dúas investigacións realizadas –unha cualitativa e outra cuantitativa- cos testemuños dos mozos que foron entrevistados na caravana durante a súa ruta por 30 cidades españolas presentaranse publicamente durante os próximos meses. Ademais desta análise empírica, tamén se estreará un documental audiovisual elaborado coas opinións de emprendedores e mozos participantes, que pon cara e voz a unha xeración que quere tomar as rendas do seu futuro e emprender, desmentindo o mito da denominada ‘xeración perdida’.

Palabras para Galicia

ABANCA apoia o proxecto da caravana de ‘¿Qué quieres hacer en tu vida?’ no marco do seu programa ‘Palabras para Galicia’, unha iniciativa promovida polo banco que para o ano 2015 ten o obxectivo de promover o debate sobre a importancia da educación e o emprendemento no futuro dos mozos e a construción dunha sociedade máis igualitaria. ‘Palabras para Galicia’ comezou en maio deste ano coa visita a Galicia de Kailash Satyarthi, Premio Nobel de la Paz 2014, quen impartiu na Coruña a conferencia ‘Educación para unha sociedade sostible: construíndo alianzas innovadoras’.

ABANCA pretende agora empregar as conclusións xurdidas da escoita activa realizada pola caravana á mocidade de distintas cidades españolas para ofrecerlles apoio personalizado nos seus proxectos de emprendemento. Primeiras reunións

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

ABANCA súmase ao ‘Programa Funcas Educa’ por quinto ano consecutivo

16-05-2023
RSC Sostenibilidad

O presidente de Afundación Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña, subscribiron o acordo que dá continuidade á colaboración que ambas as institucións manteñen desde 2018 co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois.

20230516-convenio-funcas-01

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.