• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Os participantes no programa de educación financeira de ABANCA e Afundación crecen un 44% no curso 2022-2023

  • As actividades organizadas chegaron a 201.169 persoas
  • O banco e a súa Obra Social combinan actividades presenciais e dixitais para que as iniciativas cheguen a todo o territorio nacional
  • O programa contou coa participación de 75 persoas voluntarias de ABANCA e Afundación
20230627-abanca-seguramente

Estudantes do Colexio Lar de Vigo, gañadores do programa Segura-Mente na categoría B, durante o acto de entrega do premio que tivo lugar no centro escolar.

Descarga en alta resolución

20230627-abanca-formacion-cajeros

Participantes nunha das sesións do plan de formación de maiores en zonas rurais durante a parte práctica da actividade.

Descarga en alta resolución

27-06-2023
Sostenibilidad

O programa de educación financeira de ABANCA e Afundación pechou o curso escolar 2022-2023 coa cifra récord de 201.169 beneficiarios. Este dato implica que as actividades organizadas contribuíron a mellorar a cultura financeira de case 61.700 persoas máis que o curso anterior, cando se rexistraron 139.475 participantes no programa.

Este incremento do 44% no número de persoas beneficiarias é o resultado do impulso continuo do banco e a súa Obra Social ao programa, que continúa incorporando ás actividades xa consolidadas novas propostas en formatos innovadores adaptados aos diferentes colectivos aos que se dirixen. Como é habitual, durante o curso 2022-2023 tiveron especial relevancia as actividades para escolares, mocidade e persoas maiores.

A combinación de programas en formato presencial con outras iniciativas híbridas ou 100% dixitais facilitou que nesta edición se rexistrasen participacións en todas as comunidades autónomas.

Para o éxito do programa foi tamén fundamental a colaboración de 75 persoas voluntarias de ABANCA e Afundación, que se encargaron de impartir os talleres formativos que inclúen as diferentes actividades.

Concienciación desde a infancia

Os programas educativos para os máis pequenos sumaron 166.036 participantes de toda España. Estes nenos e nenas puideron empezar a tomar conciencia da importancia de xestionar correctamente o diñeiro, aforrar e ser solidarios. Neste bloque encádranse iniciativas como Segura-Mente, recoñecida polo Banco de España e a CNMV co premio ‘Finanzas para todos’, ‘A tola aventura do aforro’, o Gran Prix Financeiro ou as representacións da obra de teatro ‘Ciclope’.

Ciberseguridade e emprendemento

As actividades dirixidas ao estudantado de secundaria e bacharelato estiveron centradas na ciberseguridade e o fomento do emprendemento. Máis de 19.000 alumnos e alumnas adquiriron coñecementos de seguridade dixital na primeira edición do programa ‘Pon o teu diñeiro a salvo’ e 10.634 participaron na última convocatoria do programa de simulación empresarial ‘Young Business Talents’.

Formación de maiores en Galicia e León

O plan de formación e capacitación de persoas maiores en zonas rurais é a iniciativa máis destacada para promover a inclusión financeira deste colectivo. Coincidindo co curso escolar realizáronse 44 sesións formativas en Galicia, con preto de 500 participantes, e dúas na provincia de León, zona á que se acaba de ampliar recentemente o programa, ás que asistiron 50 persoas.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA inicia en León o seu programa de formación e capacitación dixital de persoas maiores en zonas rurais

15-06-2023
Sostenibilidad

A iniciativa forma parte do plan de acción posto en marcha polo banco para mellorar a inclusión e a seguridade financeira da poboación de maior idade, especialmente daquela que vive en contornas rurais e adoita estar menos dixitalizada.

202306-abanca-formacion-mayores-leon-1

ABANCA lanza unha hipoteca para financiar vivendas eficientes

14-06-2023
Negocio Sostenibilidad

Con esta nova solución de financiamento o banco amplía a súa oferta de produtos sostibles e dá un novo paso na liña marcada no seu Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible 2021-2024.

20230614-abanca-s45

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada de limpeza de microplásticos na praia de Zarautz

22.10.2022. Medio centenar de persoas voluntarias participaron na recollida de residuos, que foi a primeira actividade de ...

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Acto de entrega de 30 redes recicladas para porterías do proxecto Redes Vivas ao R.C. Celta, R.C. Deportivo ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Susana Ortiz, directora de Marketing de ABANCA, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Eduard Campadabal, xogador do C.D. Lugo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Álex Bergantiños, xogador do R.C. Deportivo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Presentación proxecto Redes Vivas

08.06.2021. Presentación do proxecto 'Redes Vivas. Do fondo do mar ao centro do campo'.

Plan de Sostibilidade de ABANCA

13.05.2021. Presentación do Plan de Sostibilidade de ABANCA.

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.