• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Os voluntarios de ABANCA plantan 300 árbores autóctonas nos montes de Coruxo

  • Os traballos de reforestación realizáronse en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e a comunidade de montes veciñais
20200218-voluntariado-coruxo-01

Descarga en alta resolución

20200218-voluntariado-coruxo-02

Descarga en alta resolución

20200218-voluntarios-coruxo-03

Descarga en alta resolución

18-02-2020
RSC

O programa de voluntariado medioambiental de ABANCA ‘Traballando pola mellora do patrimonio natural’ reuniu o pasado sábado en Coruxo (Vigo) a máis de 50 persoas para realizar labores de reforestación nesa zona, que foi unha das máis afectadas pola onda de incendios de outubro de 2017 e que aínda se atopa en proceso de recuperación.

O grupo de voluntarios e voluntarias de ABANCA e Afundación conseguiu plantar en total 300 árbores que contribuirán a mellorar a situación actual deste espazo natural. Para esta acción, organizada polo banco en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e a Comunidade de Montes Veciñais de Coruxo, seleccionáronse exemplares de dez especies autóctonas. En concreto, plantáronse érbedos (Arbutus unedo), carballos (Quercus robur), cerquiños (Quercus pyrenaica), sobreiras (Quercus suber), cerdeiras (Prunus avium), bidueiros (Betula alba), castiñeiros (Castanea sativa), pradairos (Acer pseudoplatanus), ameneiros (Alnus glutinosa) e abelaneiras (Corylus avellana).

É a terceira vez que os voluntarios e voluntarias de ABANCA e Afundación desprázanse aos montes de Coruxo para realizar labores de rehabilitación forestal tras os incendios. En novembro de 2017 colaboraron na colocación dun mulching vexetal para reter a humidade e evitar a escorredura e perda de chan arrasado polo lume, e no primeiro trimestre de 2018 axudaron á recuperación do monte coa plantación de 600 árbores autóctonas.

As actividades incluídas no programa de voluntariado ambiental de ABANCA para o primeiro trimestre de 2020 continuarán o próximo 29 de febreiro cunha nova xornada de reforestación no Monte Xalo (Culleredo).

Coas iniciativas de voluntariado no ámbito do medio ambiente, o banco quere conseguir un impacto directo en catro Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS): ODS 10 ‘Redución das desigualdades’, ODS 13 ‘Acción polo clima’, ODS 14 ‘Vida submarina’e ODS 15 ‘Vida de ecosistemas terrestres’.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

A actividade comercial resiste á quinta onda e crece un 11% fronte a 2020 e un 7% fronte a 2019, segundo o Observatorio ABANCA by IESIDE

26-07-2021
RSC

O Observatorio ABANCA by IESIDE publica hoxe a décimo terceira entrega do seu informe sobre a evolución da actividade comercial en Galicia.

20210726-abanca-observatorio-13-gl

O Observatorio ABANCA by IESIDE mostra a recuperación da actividade comercial en Galicia tras a fin do estado de alarma

20-05-2021
RSC

O Observatorio ABANCA by IESIDE publica hoxe a decimosegunda entrega do seu informe sobre a evolución da actividade comercial en Galicia, que nesta ocasión analiza o período do 12 de abril ao 16 de maio.

20210520-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

Exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'

02.12.2020. Vídeo presentación da exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

ABANCA e Afundación entregan o XL Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba

21.11.2019. Declaracións do presidente de Afundación e director xeral de Responsabilidad Social Corporativa e Comunicación ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 12 - Pontevedra

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 12 - Pontevedra

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)