• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Standard and Poor´s eleva o rating de ABANCA e sitúao en grao de investimento

  • A axencia resalta a mellora da calidade e a recurrencia dos resultados de ABANCA, ademais da súa estratexia de transformación dixital
  • A decisión prodúcese nunha contorna macroeconómico marcada pola invasión de Ucraína e a situación post Covid
  • Standard and Poor´s, cuarta axencia de cualificación que sitúa a ABANCA en grao de investimento
20180525-abanca-rating

Descarga en alta resolución

07-04-2022
Financiero

A axencia de cualificación Standard and Poor’s Global Ratings elevou un chanzo o rating emisor a longo prazo de ABANCA Corporación Bancaria, S.A., que pasou de BB+ a BBB- , alcanzando así grao de investimento, á vez que mantivo a súa perspectiva estable. O rating emisor a curto prazo tamén foi mellorado, neste caso de B a A-3.

Tras esta decisión, ABANCA conta xa con grao de investimento nos ratings das catro axencias que a cualifican: Moody´s, Fitch, DBRS e S&P.

A decisión de Standard and Poor’s Global Ratings ten especial relevancia porque produciuse nunha contorna macroeconómica marcada pola invasión de Ucraína e a situación post Covid.

Rendibilidade, crecemento e dixitalización, as claves

A axencia estadounidense baseou o incremento da cualificación de ABANCA na mellora da calidade (recurrencia) e a sostibilidade dos seus beneficios, así como na exitosa estratexia de crecemento inorgánico desenvolvida pola entidade coas súas operacións corporativas, que lle achegou unha maior diversificación xeográfica e de negocio.

Outros factores que resultaron concluíntes para a decisión foron o crecemento orgánico, superior á media, e a calidade dos activos de ABANCA, a mellor do sector, así como a súa sólida capitalización.

A axencia tamén valorou a transformación tecnolóxica que desenvolveu tanto en termos internos como de servizo ao cliente, resaltando que a situou por encima de entidades comparables e permítelle operar de maneira máis eficiente.

Esta nova subida de rating avala a exitosa execución do plan estratéxico da entidade, que se viu acompañada por sucesivas subidas do rating. ABANCA é a entidade que máis mellorou as súas cualificacións nos últimos anos, unha tendencia que se acelerou en 2021 cando as catro axencias que cualifican á entidade melloraron as súas notas.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos verdes

07-09-2022
Financiero

ABANCA pechou hoxe os termos económicos para a súa segunda emisión de bonos verdes Senior Preferred por importe de 500 millóns de euros cun cupón do 5,25%, tras a exitosa emisión inaugural do ano pasado.

20220621-abanca-4

ABANCA e ARVI reforzan a súa colaboración con alternativas de pago áxiles no ‘Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest’

07-07-2022
Financiero

ABANCA e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) acaban de asinar un acordo de colaboración no que se destacan as solucións de pago desenvolvidas en conxunto para a cuarta edición do ‘Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest’.

20220607-abanca

Elementos da mediateca relacionados:

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)