• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Tecnoloxía con propósito e un liderado cercano, elementos indispensables para a reconstrución con propósito segundo Miguel Ángel López e Francisco Botas en #LíderesResponsables, moderado por Francisco Román

  • Fundación SERES promove o compromiso das empresas na mellora da sociedade. Hoxe xa son unhas 150 empresas, que representan preto do 70% das compañías do IBEX 35 e, aproximadamente, o 30% do PIB.
  • No debate moderado por Francisco Román, presidente de Fundación SERES, abordáronse diferentes temas como aprendizaxes da crise, retos de futuro para a reconstrución e liderado responsable.
20210603-abanca-seres

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, durante a súa intervención na vixésimo sétima edición de #LíderesResponsables

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

  • Tecnoloxía con propósito e un liderado cercano, elementos indispensables para a reconstrución con propósito segundo Miguel Ángel López e Francisco Botas en #LíderesResponsables, moderado por Francisco Román 03.06.2021. Celebrouse a vixésimo sétima edición de #LíderesResponsables, diálogos entre a alta dirección sobre os retos da reconstrución post-COVID.
03-06-2021
Corporativo

Celebrouse a vixésimo sétima edición de #LíderesResponsables, diálogos entre a alta dirección sobre os retos da reconstrución post-COVID. No último encontro participaron Miguel Ángel López, conselleiro delegado e presidente de Siemens, e Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA.

Francisco Román, presidente da Fundación SERES, deu a benvida e recalcou que “estes diálogos de alta dirección para alta dirección son un foro moi enriquecedor para reflexionar da man dos líderes empresariais sobre a reacción das empresas e a importancia da reconstrución dun futuro ao redor dun propósito e das condicións de liderado necesarias para a etapa tras a COVID-19. É importante xerar impacto social positivo ao mesmo tempo que produces impacto económico”.

COVID-19 e novos modelos de empresa e sector

En palabras de Miguel Ángel López, conselleiro delegado e presidente de Siemens, “unha industria forte é parte da España 5.0 cara á que cremos que debemos avanzar porque nos levaría a un modelo de país máis sostible e centrado nas persoas, baseado nunha industria máis dixital e competitiva e no desenvolvemento de infraestruturas máis intelixentes e eficientes”.

Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, explicou como se transformou o sector tras a pandemia e afirmou que “o sector financeiro puxo de manifesto o papel esencial que desenvolve na sociedade e foi parte determinante da solución aos efectos negativos da pandemia a través de accións como a canalización de financiamento con aval do ICO, a aplicación de moratorias, o adianto de prestacións, ou a condonación de alugueres do Fondo Social de Vivenda, entre outras”.

Futuro sostible e compromiso social empresarial

Ambos os líderes reflexionaron sobre a importancia de mirar ao futuro tendo en conta o compromiso social da empresa. Miguel Ángel López asegurou que “a sostibilidade é un dos alicerces estratéxicos fundamentais en Siemens porque entendemos que ser un negocio sostible significa asegurar un equilibrio entre os beneficios, as persoas e o planeta. Nun compromiso que forma parte do noso propósito como compañía”.

Segundo Francisco Botas, “en materia de sostibilidade, ABANCA marcouse como obxectivos para os próximos anos apoiar a actividade económica sostible, integrando no noso modelo de xestión, negocio e riscos os aspectos ambientais, sociais e de gobernanza (ASG), así como acompañar aos nosos clientes na transición cara a un modelo sostible”.

Liderado con propósito

En palabras de Miguel Ángel López “o propósito que move a unha compañía púxose cada vez máis no centro do debate social ante a necesidade de coidar o planeta, de actuar de forma máis sostible e de protexer o legado que imos deixar aos nosos descendentes”.

En opinión de Francisco Botas, “nesta nova etapa marcada pola sostibilidade e a dixitalización, o líder debe estimular á súa organización para vivir en permanente estado de cambio, debe ser un promotor tanto da cultura da responsabilidade como das prácticas de sostibilidade, debe actuar como un axente de control das incertezas e debe facilitar a innovación”.

Fundación SERES

Fundación SERES, entidade sen ánimo de lucro, nada hai máis de 10 anos, acompaña a trasformación das empresas e impulsa o seu liderado ante os retos sociais. Como movemento pioneiro, con 150 compañías adheridas, que representan o 30% do PIB e o 75% do IBEX 35, aborda o compromiso social das empresas desde un enfoque estratéxico e práctico baseado na innovación.

En SERES as empresas atopan resposta ao desafío de liderar o seu impacto social. Para iso puxo en marcha RADARSERES, un espazo único onde as empresas que queren asumir o liderado ante os principais problemas sociais anticípanse, reafirman o compromiso e comparten retos e mellores prácticas con outras empresas e axentes sociais. Para detectar estas mellores prácticas, a Fundación convoca anualmente os Premios SERES á Innovación e o Compromiso Social da Empresa.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

10-05-2023
Corporativo

A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova.

20230510-abanca-innova-2

Publicada a entrega 24 do Observatorio ABANCA

25-04-2023
Corporativo

A vixesimocuarta entrega do Observatorio ABANCA analiza o periodo ata o 25 de abril de 2023.

20230425-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.