• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Último fin de semana para visitar a exposición ‘Bajo el signo de Picasso’ no Museo de León

  • A selección de obras da Colección ABANCA clausúrase este domingo con gran éxito de público tras recibir 22.400 visitantes dende a súa inauguración.
  • É a primeira proposta expositiva organizada por ABANCA na cidade no marco do acordo firmado coa Junta de Castilla y León e o Ayuntamiento.
20162007-abanca-expo-leon

Descarga en alta resolución

11-11-2016
RSC

A exposición ‘Bajo el signo de Picasso. Vanguardias e influencias en la Colección ABANCA’ clausúrase este domingo no Museo de León tras dous meses aberta ao público nos que atraeu a 22.400 persoas, unha cifra que confirma a gran acollida que tivo a proposta entre a cidadanía e entre a crítica dende a súa inauguración o 15 de setembro.

Todos os interesados que aínda non puideron gozar desta selección de obras dos fondos artísticos do banco teñen unha última oportunidade para facelo ata o domingo no horario habitual do museo, o sábado de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas e o domingo de 10.00 a 14.00 horas.

Para reforzar a vocación didáctica deste proxecto expositivo, o banco e o servizo didáctico do Museo de León desenvolveron de forma paralela á exposición un completo programa de actividades dirixidas especificamente a escolares. En total, 2.575 estudantes de 28 centros educativos da provincia tiveron ocasión de acercarse ás vangardas artísticas a través das 38 obras escollidas para a mostra, todas elas creacións de grandes artistas de relevancia internacional presentes na Colección ABANCA, como Picasso, Braque, Juan Gris, Salvador Dalí ou Vassily Kandinsky.

Ademais, 26 colectivos de referencia o ámbito económico, social, cultural e deportivo da cidade, como o ABANCA Ademar, a Universidad de la Experiencia, a CEL ou Asprona, puideron realizar visitas guiadas á mostra que contribuíron ao obxectivo marcado polo banco de achegar o seu patrimonio artístico a todos aqueles interesados en coñecelo e gozalo.

‘Bajo el signo de Picasso’ é a primeira proposta cultural de ABANCA na cidade dentro do convenio de colaboración firmado coa Junta de Castilla y León e o Ayuntamiento no mes de xullo que traerá á capital leonesa varias mostras dos fondos artísticos do banco durante os próximos tres anos.

É a primeira vez que o banco presenta fóra de Galicia a súa Colección de Arte nunha exposición desta amplitude e escolleu León para facelo pola relevancia que ten este territorio para o banco. O acordo subscrito e accións como esta mostra contribúen a estreitar lazos coa sociedade e as institucións leonesas e confirman o compromiso e a implicación da entidade financeira con toda a provincia.

A Colección ABANCA reúne máis de 1.300 obras de máis de 200 artistas de máximo nivel que ofrecen un amplo abanico de posibilidades para deseñar propostas expositivas de gran calidade e temática variada, sempre ca arte moderna e contemporánea como eixo vertebrador.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Máis de 45.700 persoas visitaron a exposición ‘Dalí y el surrealismo en la Colección de Arte ABANCA’ no Museo Nacional Thyssen

28-01-2019
RSC

A segunda proposta expositiva do banco no museo madrileño superou amplamente os 41.000 visitantes que recibiu en 2015 Picasso y el cubismo.

20190128-cierre-exposicion-dali

ABANCA pon en marcha o ciclo de actividades ‘Aventúrate’ con deportistas galegos de elite

22-01-2019
RSC

O triatleta Iván Raña, a regatista Sofía Toro e o tenista Martín de la Puente protagonizarán as actividades previstas no primeiro trimestre deste ano.

20190122-abanca-aventurate-1

Elementos da mediateca relacionados:

ABANCA presenta o ciclo de actividades ‘Aventúrate’

22-01-2019. A iniciativa reforza o programa ABANCA Deporte Base achegando a experiencia e coñecementos destes profesionais ...

ABANCA presenta no Museo Nacional Thyssen a exposición ‘Dalí e o surrealismo na Colección de Arte ABANCA’

Acto de presentación da exposición _Dalí e o surrealismo na Colección de Arte ABANCA_ no Museo Nacional Thyssen-Bornemisza.

Presentación programa educación financeira 2018-2019 e estudo maiores

01-10-2018. O banco reforzará a programación dirixida aos maiores de 55 anos para dar resposta a unha das necesidades detectadas ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

ABANCA pon en marcha o ciclo de actividades ‘Aventúrate’ con deportistas galegos de elite

Declaracións de Jorge Mahía, director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA.

ABANCA pon en marcha o ciclo de actividades ‘Aventúrate’ con deportistas galegos de elite

Declaracións de Fernando Filgueiras, coordinador de RSC da Obra Social ABANCA.

ABANCA presenta no Museo Nacional Thyssen a exposición ‘Dalí e o surrealismo na Colección de Arte ABANCA’

Declaracións de Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, na presentación da exposición 'Dalí e o surrealismo ...

Estudio cualitativo séniors activos

Estudio cualitativo sobre hábitos, intereses e preocupacións dos maiores de 55 anos realizado pola consultora Big Band e ...

Folleto exposición 'Colección ABANCA. Nuevas lecturas. Diálogos en el tiempo y en el lugar'

Folleto da exposición 'Colección ABANCA. Nuevas lecturas. Diálogos en el tiempo y en el lugar'

Programa ABANCA ReSuena Día da Música 2017

Programa con información de ABANCA ReSuena e do concerto que se celebrará o día 21 de xuño de 2017 no Palacio da Ópera da ...

  • 981 188 022 / 986 828 070
  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2019 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)