• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

A banca móbil de ABANCA supera o millón de usuarios despois de multiplicar as súas capacidades comerciais

  • A app do banco para dispositivos móbiles e tabletas xa chega a seis de cada dez clientes particulares e consolídase como unha das mellor valoradas do sector
  • A facilidade de uso e o potencial da aplicación do banco disparan o número de instalacións e de usuarios recorrentes que a utilizan no seu día a día
  • A aplicación reforza a estratexia de transformación dixital do banco e ofrece novas capacidades comerciais e operativas aos clientes

A banca móbil de ABANCA supera o millón de usuarios.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

21-01-2021
Negocio

A banca móbil de ABANCA mantén o seu crecemento e acaba de superar o millón de usuarios coa app instalada. Trátase dunha cifra histórica para este servizo do banco que demostra a rápida adopción dunha canle que xa utilizan seis de cada dez clientes particulares da entidade. Con crecementos sostidos nos últimos anos superiores ao 15% e unha porcentaxe de usuarios recorrentes do 75%, a app tamén é unha das mellor valoradas do sector polos usuarios das tendas oficiais de aplicacións móbiles.

Durante a súa traxectoria no mercado, a aplicación foi incorporando constantemente funcións que responden ás demandas dos usuarios e adaptouse tamén á realidade do sector. Unha evolución que permitiu pasar exclusivamente da consulta de movementos que ofrecían as primeiras versións a un catálogo de opcións moito máis amplo na actualidade. Isto é posible grazas aos recursos que destina o banco á mellora da calidade e funcionalidade dos seus servizos dixitais.

A banca móbilSerás redirixido a outro sitio web xoga precisamente un papel fundamental no impulso á transformación dixital emprendido por ABANCA, dentro da súa estratexia omnicanal. Máis aló de todo tipo de operacións de carácter transaccional como as consultas de produtos, os envíos de diñeiro, as retiradas de efectivo en caixeiros co móbil ou o pagamento de recibos cunha foto, a app incorpora novas posibilidades comerciais. Entre elas, as máis habituais son a contratación de préstamos, as achegas a plans ou fondos, a xestión de seguros ou os aprazamentos de pagos con tarxeta, entre outros.

Este potencial tecnolóxico contribúe a impulsar o negocio dixital do banco, que xa acapara a través das canles dixitais o 90% das transferencias ou a compra-venda de valores e cifras relevantes e cada vez máis importantes nas achegas a plans de pensións, formalización de préstamos preautorizados ou ampliación do límite das tarxetas de crédito. Todo isto sen esquecer que a aplicación rexistrou o pasado mes ao redor de 20 millóns de conexións e contribuíu en igual medida a aforrar numerosos desprazamentos ás nun contexto marcado polas restricións de movemento e a necesidade de reducir os contactos debido á pandemia.

A app de ABANCA foi tamén a canle elixida ao comezo da pandemia, coa emerxencia sanitaria e a necesidade de restrinxir a mobilidade e o contacto, para enviar documentación e formalizar contratacións a distancia. Este servizo permitiu formalizar préstamos da liña COVID-19 activada polo ICO e solicitar a moratoria financeira, entre outros produtos, para permitir unha operación de contratación habitual completa.

Unha aplicación á cabeza do sector

Dende o seu lanzamento, o servizo de banca móbil da entidade evidenciou a súa capacidade de liderado tecnolóxico no sector financeiro. Creada e desenvolvida pola entidade en Galicia, esta app foi unha das primeiras entre os bancos españois en incorporar a pegada ou o rostro como método de recoñecemento, adoptar os máis altos estándares de seguridade ou obter a certificación Ilunion que garante que a aplicación é totalmente accesible para persoas con discapacidade.

O compromiso de abrir novas canles de relación e ofrecer respostas a medida aos clientes é unha das claves que se esconden detrás das boas críticas que recibe a app. Ademais das enquisas internas onde o servizo é un dos mellor valorados do banco, os usuarios das tendas de aplicacións oficiais de App Store e Google Play sitúan á banca móbil de ABANCA como un dos líderes do sector en puntuación e comentarios positivos. O banco está a traballar en novas funcionalidades que incorporará nos próximos meses, que permitirán responder a algunhas das demandas máis habituais dos clientes e apoiar a dixitalización dos usuarios.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .