• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA aborda cos principais sindicatos agrarios de León unha estratexia común para reactivar o sector

  • A entidade renova o acordo que mantén con estes sindicatos agrarios leoneses e redobra esforzos na recta final da campaña das axudas PAC
  • O banco mantivo durante os últimos meses reunións telemáticas cos principais actores do segmento para coñecer as súas necesidades
  • A capacidade de adaptación de ABANCA ás demandas do sector permite confeccionar unha oferta sectorial pensada para a situación actual

O coordinador de ABANCA Agro en León, Alfonso García, xunto a José Antonio Turrado, secretario xeral de ASAJA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O coordinador de ABANCA Agro en León, Alfonso García, xunto a Apolinar Castellanos, secretario xeral de UCALE COAG León.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O coordinador de ABANCA Agro en León, Alfonso García, xunto a Juan Antonio Rodríguez, presidente de UCCL León.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O coordinador de ABANCA Agro en León, Alfonso García, xunto a Matías Llorente, secretario xeral de UGAL UPA León.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

22-06-2020
Negocio

ABANCA dá un paso máis no seu compromiso co sector primario leonés e traza con ASAJA León, UGAL UPA León, UCCL León e UCALE COAG León, unha estratexia común para impulsar a recuperación do sector primario. A entidade financeira busca así novas fórmulas de colaboración con estes axentes clave do sector na provincia e ofrece solucións á medida das necesidades deste segmento fundamental da economía leonesa. A firma destes acordos estaba prevista para o pasado mes de marzo, pero se pospuxeron debido á pandemia.

O coordinador de ABANCA Agro en León, Alfonso García, foi o encargado de firmar co secretario xeral de ASAJA León, José Antonio Turrado; co secretario xeral de UGAL UPA, León Matías Llorente; co presidente de UCCL León, Juan Antonio Rodríguez e co secretario xeral de UCALE COAG León, Apolinar Castellanos, catro convenios de colaboración que ofrecen unha proposta a medida para os agricultores asociados.

O novo texto pon o acento especialmente na tramitación das axudas PAC. Xa no mes de febreiro, o banco activou un dispositivo especial para reforzar a atención en 38 oficinas da provincia, axilizar a domiciliación destes pagos e ofrecer alternativas de crédito para o seu anticipo. Esta fórmula, a máis popular entre os agricultores, permite acceder ata o 90% do importe da axuda sen comisións ou xuros de maneira sinxela e rápida.

Coa entrada en vigor do estado de alarma e a aplicación das restricións de mobilidade, a entidade financeira impulsou as canles a distancia para reducir ou eliminar as visitas ás oficinas. A través de Firma ABANCA, o banco permite aportar documentación, firmar solicitudes e documentos ou formalizar un amplo catálogo de produtos entre os que se inclúen distintas alternativas de crédito.

Unha oferta aínda máis a medida

Desde o inicio da aplicación do estado de alarma, ABANCA mantivo un diálogo regular cos principais actores do sector na provincia. Estas conversacións fluídas serviron para coñecer de primeira man e en cada momento as necesidades do sector e traballar en novas solucións. Esta proximidade e colaboración permitiron adaptar o texto firmado á nova realidade e dar cabida a novos produtos con prazos máis amplos de amortización, carencias ou tramitación más áxil.

Estas solucións súmanse a outras fórmulas de crédito que o banco inclúe na súa oferta sectorial e que, grazas a este convenio, o banco ofrecerá aos agricultores asociados. Trátase do préstamo persoalSerás redirixido a outro sitio web ou o leasing para o sector agrogandeiro, cun prazo moi amplo, que pode chegar ata os 12 anos no caso de préstamo. Trátase de opcións dirixidas á renovación ou adquisición de maquinaria, a modernización dos cultivos ou a implantación de enerxías renovables.

Neste catálogo a medida tamén se ofrece a póliza de crédito con prazo de ata cinco anos, ideada para o sector e que supón un revulsivo para as necesidades de liquidez de cada momento, cun importante aforro en gastos notariais.

En canto ao financiamento de circulante, sobresae o anticipo colleita ou o préstamo campaña para facer fronte aos gastos habituais da próxima colleita. Todo iso sen esquecer a liña específica de financiamento de seguros agrarios que permite fraccionar o pagamento ata en 12 mensualidades, xusto cando os seguros cobran especial relevancia e co único custo dunha comisión de apertura. Estas alternativas súmanse a outras fórmulas de crédito como liñas de comercio exterior, confirming, factoring, avais ou liñas de desconto.

O financiamento oficial tamén sae reforzado logo desta firma. O banco pon a disposición do sector os convenios oficiais co ICO e a liña MACA 2020 do convenio con SAECA onde a Administración asume os custos do aval de SAECA. Destaca tamén o Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada (IFXC), que incorpora un aval de ata o 80% por parte da Administración en destinos tan demandados polo sector como a compra de fincas por parte de agricultores novos ou as necesidades de liquidez sen vincular a investimentos. Por último, dáse cabida ao convenio coa SGR Iberaval, que inclúe bonificacións importantes respecto aos custos habituais.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .