• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA achega 863 millóns en crédito a empresas e familias de Asturias no último ano

  • O banco reforza o seu compromiso estratéxico co Principado, rexión na que aumentou un 83% a súa cota de mercado de crédito desde 2014
  • O Consello de Administración da entidade celebra en Asturias a súa reunión mensual e mantén varios encontros institucionais

O Consello de Administración de ABANCA, durante a reunión mensual celebrada en Oviedo. Á dereita, o presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e ao seu lado, o conselleiro delegado, Francisco Botas. Na segunda fila, segundo por la esquerda, o director territorial en Asturias e Castela e León, Marcos Lamas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

28-10-2019
Corporativo

ABANCASerás redirixido a outro sitio web destinou nos últimos doce meses un total de 863 millóns de euros en crédito a empresas e familias en Asturias. O compromiso do banco co desenvolvemento socioeconómico do Principado reflíctese principalmente na concesión de financiamento, unha estratexia que lle permitiu crecer un 83% en cota de mercado de crédito na comunidade desde 2014 e incrementar un 17,3% a súa base de clientes nos últimos tres anos.

O investimento crediticio da entidade financeira ao tecido empresarial e ás familias asturianas aumentou nos últimos dous anos un 10,5%, unha cifra que contrasta co decrecemento rexistrado polo conxunto do sistema bancario nesta rexión. Este impulso foi especialmente significativo en sectores como o inmobiliario, onde ABANCA é entidade financeira de referencia no Principado. O banco financiou no último ano e medio máis dunha vintena de proxectos de promoción inmobiliaria nesta comunidade.

Estas cifras foron analizadas esta mañá en Oviedo polo Consello de Administración de ABANCA, que desprazou a Asturias a súa reunión mensual, nunha xornada que inclúe tamén varios encontros de carácter institucional.

A primeira hora, os conselleiros, encabezados polo presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, mantiveron un encontro con destacados empresarios da rexión, no que intercambiaron impresións sobre a evolución da economía no contexto actual e coñeceron de primeira man as inquedanzas e demandas do tecido empresarial asturiano.

Visita ao Real Grupo de Cultura Covadonga

Pola tarde, o Consello ten previsto desprazarse a Xixón para coñecer as instalacións deportivas do Real Grupo de Cultura Covadonga, entidade coa que ABANCA acaba de subscribir un acordo de colaboración. A continuación, Juan Carlos Escotet e Francisco Botas aproveitarán para visitar a oficina principal do banco en Xixón, onde se reunirán co equipo comercial.

Con esta axenda de traballo do seu máximo órgano de goberno, ABANCA quere reiterar o seu compromiso estratéxico con Asturias, a súa vontade de seguir crecendo nesta rexión en negocio minorista, fundamentalmente a través do apoio financeiro, ademais de tomarlle o pulso á actualidade do Principado.

ABANCA en Asturias

Asturias conforma, xunto con Galicia e León, a área principal de negocio de ABANCA. A entidade conta nesta comunidade autónoma con 12 oficinas (dúas delas de empresas) e un equipo humano que supera o medio cento de profesionais. Tras o plan de modernización da rede comercial nesta comunidade desenvolvido polo banco nos últimos anos, todas as oficinas están dotadas con solucións tecnolóxicas de última xeración, amplos espazos abertos (non hai mostradores nin despachos) e zonas diferenciadas en función do servizo que se preste ao cliente.

A recente compra de Banco Caixa Geral, cuxa integración legal e tecnolóxica concluirá no primeiro trimestre de 2020, permite a ABANCA reforzar a súa rede en Asturias con dúas novas oficinas e unha decena de empregados.

O banco mantén acordos e colaboracións relevantes con máis dunha vintena de asociacións e organizacións do tecido produtivo e empresarial asturiano, a través dos cales lles ofrece condicións financeiras diferenciais no mercado.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .