ABANCA, Afundación e a UIE súmanse á ‘Hora do Planeta’ co apagado das súas sedes principais
- Trece edificios corporativos do banco, a súa obra social e a universidade apagarán as súas fachadas mañá entre as 20.30 e as 21.30 horas
- ABANCA, Afundación e a UIE participan nesta iniciativa simbólica no marco do seu compromiso co medio ambiente e os ODS
ABANCA, Afundación e a Universidade Intercontinental da Empresa (UIE) van participar mañá sábado, 26 de marzo, na iniciativa de sensibilización ambiental ‘Hora do Planeta’Serás redirixido a outro sitio web, promovida polo Fondo Mundial para a Natureza (WWF) desde 2007 co fin de chamar a atención sobre o problema do cambio climático. Desde entón, cada ano, persoas, concellos e organizacións de todo o mundo únense a esta acción.
O banco, a súa obra socialSerás redirixido a outro sitio web e a universidade sumaranse a esta campaña de concienciación apagando simbólicamente unha hora, de 20.30 a 21.30 horas, as fachadas de trece dos seus edificios corporativos máis representativos nas principais cidades galegas e Madrid. Son aqueles nos que o apagado pódese realizar en remoto e sen comprometer a seguridade nas instalacións.
Na Coruña, ABANCA deixará sen iluminación a sede de Rúa Nueva, 30, a oficina e a pantalla situadas no Obelisco e o edificio corporativo de ABANCA Seguros en Riego de Agua, 3. En Vigo, será a sede de García Barbón, e en Madrid, o edificio de Recoletos, 4, e Espazo Serrano, 45.
Afundación apagará as fachadas e pantallas led das súas sedes da Coruña, Vigo, Ourense e Ferrol. Pola súa banda, a UIE suspenderá durante esa hora a iluminación dos rótulos luminosos das fachadas das súas sedes da Coruña e Vigo e tamén o da residencia de estudantes de Pontevedra.
A sostibilidade, no foco de transformación
ABANCA, Afundación e a UIE participan nesta iniciativa global no marco do seu compromiso co medio ambiente e a loita contra o cambio climático. As tres organizacións situaron a sostibilidade no centro da súa estratexia e impulsan diferentes iniciativas dirixidas a promover un modelo social e económico máis sostible e respectuoso coa nosa contorna e cos dereitos das persoas.
ABANCA marcouse o obxectivo de alcanzar a neutralidade en carbono na súa actividade en 2024 e conseguir emisións cero atribuíbles á súa carteira en 2050, así como acompañar aos seus clientes na transición cara á sostibilidade.