• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA, Afundación e AGEF reforzan o seu compromiso co tecido empresarial e o emprendemento en Galicia

  • ABANCA mantense como patrocinador principal das actividades que organice a Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) durante o próximo exercicio
  • Afundación apoiará as novas convocatorias do programa ‘Empresa familiar nas aulas’ e o concurso ‘Emprender é soñar, apúntaste?’
O presidente de AGEF, o conselleiro delegado de ABANCA e o presidente de Afundación, renovan o seu acordo de colaboración

De esquerda a dereita, o presidente de AGEF, o conselleiro delegado de ABANCA e o presidente de Afundación, na renovación do acordo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente de AGEF, o conselleiro delegado de ABANCA e o presidente de Afundación, renovan o seu acordo de colaboración

De esquerda a dereita, o presidente de AGEF, o conselleiro delegado de ABANCA e o presidente de Afundación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

17-10-2025
Corporativo

ABANCA, Afundación e a Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) veñen de formalizar a renovación dos seus convenios de colaboración. As tres entidades consolidan así a súa alianza estratéxica para o desenvolvemento da economía galega, potenciando o papel fundamental que desenvolve a empresa familiar e promovendo a cultura emprendedora na comunidade.

Os acordos foron subscritos polo conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, o director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e o presidente de AGEF, José Bernardo Silveira.

ABANCA volverá asumir o rol de patrocinador principal das iniciativas que AGEF poña en marcha ao longo do próximo ano. Esta achega reflicte o interese de ABANCA por garantir a sucesión xeracional nas empresas, mellorar o marco legal e fiscal do sector, e estimular o emprendemento na rexión.

Durante a firma do convenio, Francisco Botas destacou que “prolongar esta colaboración histórica con AGEF reafirma o compromiso de ABANCA co tecido produtivo galego e coas empresas familiares, que xogan un papel crucial no desenvolvemento económico e social da nosa comunidade”.

Pola súa banda, José Bernardo Silveira, presidente de AGEF, agradeceu a ABANCA e Afundación o apoio recibido durante todos estes anos para “colocar ás empresas familiares galegas no lugar que lles corresponde como principais impulsoras da riqueza e o emprego no territorio e para achegar esa realidade e a cultura do emprendemento ás novas xeracións”.

Como é habitual, o acordo con Afundación céntrase na educación e a sensibilización. A Obra Social de ABANCA apoiará a sexta edición do programa ‘Empresa familiar nas aulas’, unha iniciativa educativa dirixida a alumnado e profesorado de 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional que ten como obxectivo achegar a realidade das empresas familiares ao estudantado, transmitir os valores esenciais que as definen e inculcar vocacións emprendedoras. Adicionalmente, esta colaboración inclúe a convocatoria e organización conxunta do concurso ‘Emprender é soñar, apúntaste?’ como estímulo motivacional para os participantes.

Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación, subliñou a importancia deste programa: “Esta acción alíñase coa estratexia educativa de ABANCA e a súa Obra Social, que busca facilitar o contacto temperán co mundo dos negocios. Deste xeito, proporcionamos aos estudantes unha comprensión máis rica da contorna laboral que lles espera e enriquecemos a súa formación na realidade empresarial”.

O programa ‘Empresa familiar nas aulas’ evidencia o compromiso da Asociación Galega da Empresa Familiar co fomento do emprendemento en Galicia. A través da formación académica relacionada co ámbito empresarial, a iniciativa aspira a espertar a vocación profesional do estudantado, así como a ampliar os seus horizontes laborais. Desde o seu inicio, participaron nesta iniciativa 3.700 alumnos e alumnas de secundaria, bacharelato e formación profesional de 45 centros educativos galegos.

A Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) é a principal asociación de empresas con raíces, sede social e vocación de permanencia en Galicia, integrada na actualidade por 63 compañías. O seu propósito é promover o desenvolvemento e crecemento das empresas familiares na nosa comunidade, defendendo os seus dereitos e intereses e apoiando iniciativas que as fagan máis competitivas, co obxecto de favorecer o incremento da prosperidade e calidade de vida de Galicia.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA incrementa o seu capital en 120 p.b. tras aprobar o BCE os seus modelos internos

14-01-2026
Corporativo Financiero

O Banco Central Europeo (BCE) outorgou a ABANCA a autorización para utilizar os seus propios modelos avanzados de avaliación de risco de crédito no cálculo de requisitos de capital.

ABANCA recibe a certificación de sostibilidade BREEAM ES cunha cualificación de excelente para Espacio Avenida

09-01-2026
Corporativo

O banco elixe BREEAM ES para acreditar o seu compromiso cun modelo de edificación eficiente, responsable e orientado ao benestar das persoas.

 O director xeral do centro tecnolóxico ITG, Carlos Calvo, o director territorial na Coruña de ABANCA, Óscar Salgado, e a xerente de Proxectos da área de Inmobles de ABANCA, Pilar Ceide, no acto de entrega da certificación BREEAM a Espacio Avenida
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .