ABANCA amplía o seu apoio ao sector pesqueiro con novas opcións de crédito para as confrarías do sur da Coruña
- A entidade financeira e as confrarías reúnense para analizar as necesidades e principais desafíos do sector
- Os responsables dos pósitos compartiron as súas preocupacións cos representantes do banco e formularon peticións para seguir ampliando o convenio colaboración que manteñen coa entidade galega
ABANCASerás redirixido a outro sitio web continúa fortalecendo a súa estratexia de apoio ao sector marítimo galego cunha xornada de reunións estratéxicas con representantes das principais confrarías do sur da Coruña. Durante o acto, no que participaron 17 pósitos, os asistentes expuxeron a súa visión sobre a situación actual do sector e os principais desafíos dunha actividade clave para a economía de Galicia.
A xornada, celebrada na dirección territorial de ABANCA en Santiago de Compostela, contou coa participación do director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro, e do director de ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, Javier Fraga, así como diversos directores de zona e de oficina do sur da provincia da Coruña. Por parte das confrarías participaron Miguel Ángel Iglesias, patrón maior da Confraría de Rianxo; Manuel Daniel Formoso, patrón maior da Confraría de Muros; Josefina Cobas, secretaria da Confraría San Andrés de Portosín; Enrique Maceiras, patrón maior da Confraría da Pobra; José Ramón Lema, patrón maior da Confraría de Camariñas; Emilio Queiruga, patrón maior da Confraría San Telmo de Porto do Son; José Antonio Santamaría, patrón maior da Confraría de Aguiño; José Juan Bermúdez, patrón maior da Confraría de Camelle; José Manuel Martínez, patrón maior da Confraría de Fisterra; Áurea Domínguez, secretaria da Confraría Virxe do Carme de Corcubión; José Mariano Lago, patrón maior da Cofradía de Lira; Fernando Siaba, patrón maior da Confraría do Pindo; Miguel Antonio Franco, patrón maior da Confraría de Palmeira; Daniel Castro, patrón maior da Confraría de Muxía; Manuel Adelino Freire, secretario da Confraría de San Bartolomé de Noia; José Antonio Pérez, patrón maior da Confraría de San Pedro de Ribeira; e José Manuel Pérez, patrón maior da Confraría de Cabo de Cruz.
Un novo acordo que dá resposta ás principais necesidades do sector
A reunión tamén serviu para renovar o convenio de colaboración que ABANCA mantén con estes pósitos que operan no sur da provincia da Coruña. Desta forma, a entidade financeira traza novas opcións de financiamento para o mundo do mar e continúa traballando en resolver algunhas das principais preocupacións e problemas das confrarías, como a renovación da frota ou os períodos de estacionalidade e falta de capturas.
Con este novo texto de colaboración, ABANCA pon a disposición deste colectivo unha póliza de crédito específica, con intereses moi baixos, pensada para facer fronte á falta puntual de ingresos. O novo acordo tamén inclúe produtos específicos para facer fronte ao financiamento de buques e outras embarcacións vinculadas á actividade económica do sector.
Ademais, os confrades terán novamente á súa disposición toda a oferta específica que o banco habilita para o sector pesqueiro, como préstamos persoais, liñas de desconto comercial, confirming, leasing mobiliario, avais, anticipos de subvencións ou pago de impostos, liñas de comercio exterior e financiamento oficial a través diversos organismos oficiais.
Do mesmo xeito, co ánimo de dar unha atención máis personalizada a este colectivo, ABANCA poñerá a disposición das confrarías e os seus socios persoal especializado en xestión de seguros, quen informará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades específicas da súa actividade.
ABANCA Mar: forte apoio ao sector pesqueiro galego
Tras esta nova cita, cúmprense tres edicións dunha reunión destinada a coñecer de primeira man a realidade do sector, o que demostra o compromiso de ABANCA cunha peza fundamental para a economía galega. Un compromiso que se viu reforzado en 2016 cando a entidade financeira creou ABANCA Mar, unha división específica con produtos financeiros centrados no negocio da pesca e a conserva.