• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA celebra en Bilbao a IV Xornada de Finanzas Sostibles

Foto de familia de todas as persoas que interviñeron na xornada.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Juan Carlos Escotet interveu na apertura da xornada.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Mesa redonda 'Sector financeiro pola descarbonización'

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Mesa redonda 'A contribución do sector asegurador á descarbonización'

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Mesa redonda 'Sostibilidade: os retos da transición ecolóxica para o tecido empresarial'

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Mesa redonda 'Investimento social responsable'

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

27-10-2023
Sostenibilidad

ABANCA celebrou en Bilbao, en colaboración con APD Zona Norte, a IV Xornada de Finanzas Sostibles, un encontro que ten o obxectivo de promover unha reflexión sobre as novas estratexias que poden incorporar as organizacións empresariais para impulsar a sostibilidade, a ética e o compromiso social na súa actividade, cun foco especial no proceso de descarbonización da economía.

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, foi o encargado de inaugurar o encontro, xunto co presidente de APD Zona Norte, Eduardo Junkera, e a presidenta da Confederación Empresarial de Bizkaia (CEBEK), Carolina Pérez Toledo.

Durante a súa intervención, Juan Carlos Escotet subliñou a urxencia de actuar contra o cambio climático e a importancia de que as organizacións de servizos, financeiros ou non, actúen como axentes sensibilizadores “non só das consecuencias que terá permanecer como meros espectadores, senón da sostibilidade como a resposta necesaria e ineludible que demandan os tempos”.

No caso de ABANCA, o presidente destacou que desde o lanzamento do banco, que cumprirá dez anos dentro de oito meses, “deixamos clara nosa disposición, a nosa vontade de crecer e avanzar, e que ese avance fose na dirección da sustentabilidade”. Por ese motivo, remarcou, “as nosas políticas diríxense a prestar apoio aos proxectos de transformación enerxética, a estimular as iniciativas que teñan como meta reducir as emisións de CO2, a promover un marco de pensamento, cada vez máis estendido e compartido, de que a sostibilidade non é unha opción, senón que é o roteiro inevitable e imprescindible ao que están obrigados todos aqueles que teñen a facultade de tomar decisións destinadas a salvar as condicións de vida do noso planeta”.

Descarbonización

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na mesa redonda ‘Sector financeiro pola descarbonización’, xunto coa subgobernadora do Banco de España, Margarita Delgado, e o director xeral de Elkargi, Zenón Vázquez. O debate foi moderado pola presidenta da AEB, Alejandra Kindelán.

Francisco Botas Iniciou a conversación afirmando que “a sostibilidade é o proxecto máis importante do banco porque é esencial”. Explicou que “a decisión de ABANCA é apoiar con determinación aos diferentes sectores no proceso de transición, favorecendo os investimentos orientados a reducir a intensidade de emisións dos procesos produtivos e ofrecendo ás empresas o asesoramento que necesitan, xa que existe moito descoñecemento aínda do impacto que poden ter as novas esixencias regulatorias, sobre todo entre as pemes”. Tamén puxo en valor iniciativas como ABANCA Energy, o lanzamento de créditos verdes ou "as estratexias de Xestión Discrecional de Carteiras e Fondos ABANCA que incorporan no seu modelo de investimento criterios ESG".

A descarbonización tamén foi un dos eixos centrais do bloque protagonizado polo sector asegurador, xunto coa protección que pode ofrecer fronte ás consecuencias do cambio climático. A directora xeral de ABANCA Seguros, Sonia Lucio, compartiu reflexións co director xeral da Dirección Xeral de Seguros, Sergio Álvarez Camiña e a presidenta de Unespa, Mirenchu do Valle. O director corporativo de CECA, Antonio Romero, dirixiu a conversación.

Transición ecolóxica e investimento social responsable

A responsable de Riscos ESG de ABANCA, Iria Caballero, guiou o panel centrado nos retos e oportunidades que presenta o proceso de transición ecolóxica para o tecido empresarial, que contou coa participación do presidente de Orkestra, Iván Martén; o director xeral de Irizar, Imanol Rego, e o director financeiro de Petronor, Gonzalo Díez-Heppe.

A xornada completouse co debate sobre investimento social responsable moderado pola directora xeral de Inverco, Elisa Ricón. Nel interviñeron a vicepresidenta da CNMV, Montserrat Martínez Parera; o CEO de CAF, Javier Martínez-Ojinaga, e o presidente de Mondragón, Íñigo Ucín.

A organización da IV Xornada de Finanzas Sostibles forma parte da vontade de ABANCA de sensibilizar á sociedade e ao sector empresarial sobre a necesidade de avanzar na consecución dos obxectivos marcados pola Axenda 2030 e de actuar para impulsar a transición cara a un novo modelo económico máis sostible e respectuoso co medio ambiente e as persoas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA adhírese ao Programa Funcas Educa por sexto ano para impulsar a cultura financeira da sociedade

05-06-2024
RSC Sostenibilidad

O conselleiro delegado de ABANCA e o director xeral de Funcas subscriben o acordo de colaboración.

ABANCA e Afundación entregan ao colexio Las Acacias de Vigo un dos tres premios nacionais do programa educativo Segura-Mente

31-05-2024
RSC Sostenibilidad

O equipo gañador foi a aula de 5ºA de Educación Primaria deste centro escolar, que se alzou co galardón na categoría A.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .