ABANCA colabora con varias cooperativas do Deza para facilitar o acceso a financiación no sector agrario
- A entidade financeira asina convenios de colaboración coas principais cooperativas agrarias da comarca pontevedresa: Cobideza, Campodeza e Gandeiros do Deza
- Os cooperativistas poderán beneficiarse de anticipos das axudas da PAC e condicións melloradas na contratación de produtos do banco
ABANCA apoia novamente ao sector agrario galego grazas á firma de tres convenios rubricados de maneira individual coas principais cooperativas agrogandeiras do Deza: Cobideza, Campodeza e Gandeiros do Deza. Con estes novos acordos o banco comprometese con este sector estratéxico da comunidade para facilitar o acceso ao crédito e o anticipo das axudas europeas.
Na firma destes acordos participou a directora territorial de ABANCA en Pontevedra, María del Carmen Fernández Penas, que estivo tamén acompañada polo director de zona de ABANCA en Deza/Tabeirós, José Antonio Seoane Gómez, e o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro Pereira. Por parte das cooperativas, estiveron presentes o presidente de Campodeza, Manuel Pichel Silva; o presidente de Cobideza, Román Santalla Agra; e o presidente de Gandeiros do Deza, Manuel Fernández López.
O convenio permite aos cooperativistas acceder a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito para o sector agrogandeiro, préstamos persoais, leasing mobiliario para financiar inversións, anticipos de subvencións e impostos, anticipos da PAC de ata o 90%, financiación para pago de impostos, confirming ou avais. Unha oferta que inclúese na unidade ABANCA Agro, unha división especifica do banco para o sector agropecuario que conta cun catálogo de produtos financeiros adaptados ás necesidades do sector e un equipo de xestores especializados.
Grazas a este texto, os socios das distintas cooperativas tamén optarán ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. Do mesmo xeito, poderán beneficiarse das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos, así como coa sociedade galega de garantía recíproca Sogarpo.
ABANCA, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos membros das cooperativas e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, poñerá a disposición deste persoal especializado en xestión de seguros, quen asesorará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado. O banco ofrece aos interesados seguros específicos como a Liña Agro Seguro, o Seguro de Explotación Agraria, o Seguro Casas de Labranza ou o Seguro de Maquinaria Agrícola, entre outros.
Así mesmo, a través da firma destes acordos, a entidade financeira tamén facilita aos cooperativistas o acceso a tódolos servicios dixitais de ABANCA (banca móbil, banca electrónica, etc.).
Coa firma destes novos convenios, ABANCA reforza o seu compromiso cun sector clave para a economía galega e, en particular, para a comarca do Deza. A entidade financeira mostrou desde sempre o seu apoio ao traballo e esforzo dos agricultores e gandeiros. Un apoio que se viu reforzado en 2015 cando o banco creou ABANCA Agro, unha división centrada en atender as necesidades do sector.