ABANCA consegue a tripla A no rating de Standard & Poor's para as súas cédulas hipotecarias
- A entidade sitúase na máxima cualificación da escala da axencia para as cédulas hipotecarias españolas
- Coa de hoxe, ABANCA encadea, de forma consecutiva, cinco subidas de rating financeiro nos últimos 12 meses

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
A axencia S&P Global Ratings elevou un chanzo o rating das cédulas hipotecarias de ABANCA, que desta maneira pasa de AA+ a AAA, á vez que situou a súa perspectiva en estable.
O rating AAA con perspectiva estable é a máxima cualificación alcanzable na escala de cualificacións de S&P Global Ratings. É a primeira vez na historia que a entidade consegue esta cualificación para as súas cédulas.
Cinco subidas en 12 meses
Coa de hoxe, nos últimos 12 meses a entidade viu melloradas as súas cualificacións financeiras en cinco ocasiones por parte de todas as axencias que a cualifican. Desde este ano, ABANCA conta con rating na categoría A, o bloque de cualificacións máis elevado das axencias.
A mellora nas cualificacións recoñece a boa evolución da entidade en todos os ámbitos, especialmente en rendibilidade, solvencia, calidade dos activos e fortaleza do seu balance. As axencias premian tamén a acertada estratexia de crecemento levada a cabo nos últimos anos e a solidez dunha franquía de ámbito ibérico.