ABANCA destina 300 millóns adicionais a facilitar o financiamento das áreas industriais da contorna de Vigo
- O conselleiro delegado do banco, Francisco Botas, sela convenios de colaboración cos representantes das asociacións de empresarios dos principais polígonos de Vigo, O Porriño, Mos, Tui, Gondomar, Salvaterra e Nigrán
- A entidade financeira habilita unha liña de crédito extraordinaria que ofrece ás empresas do sur da provincia a posibilidade de acometer investimentos ou responder ás necesidades da actividade
- Os espazos industriais tamén accederán á oferta formativa de posgrao e especializada de IESIDE
ABANCA comprométese coa viabilidade e o crecemento das principais áreas industriais de Vigo e a súa contorna económica e pon á súa disposición unha liña de crédito extraordinaria de 300 millóns. Nun acto celebrado na sede institucional do banco en Vigo, o conselleiro delegado de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, Francisco Botas, deu a coñecer aos empresarios dos polos industriais do sur de Pontevedra esta proposta de financiamento adaptada.
ABANCA aproveitou a firma dun pacto de traballo conxunto cos representantes das asociacións das maiores áreas industriais de Vigo, O Porriño, Mos, Tui, Gondomar, Salvaterra e Nigrán para dar a coñecer esta liña de financiamento especial. Este importe, que desde este momento está a disposición das empresas, súmase aos máis de 1.500 millóns que o banco con sede en Galicia ten previsto conceder este ano a este colectivo da área de influenza de Vigo.
Na presentación e posterior firma participou tanto o propio conselleiro delegado de ABANCA, como José Manuel Modroño Martínez, presidente da Asociación de Empresarios Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares; Giorgio Casoni Valenti, presidente da Asociación Empresarial Áreas de Tui; Javier Díaz Gonda, presidente da Asociación de Empresarios A Pasaxe; Santiago Gomara Millán, presidente da Asociación de Empresarios As Gándaras; Manuel Castro Álvarez, presidente da Asociación de Empresarios de Mos (que agrupa os polígonos mosenses da Veigadaña e O Rebullón); Indalecio Cuevas Montes, presidente da Entidade Urbanística de Conservación A Granxa; Juan Carlos Lemos Martínez, presidente da Asociación de Propietarios e Empresarios do Polígono Chan da Ponte de Salvaterra e Teresa Pedrosa Silva, delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo (en representación das áreas industriais de Balaídos, Porto do Molle en Nigrán e Área Portuaria de Bouzas).
As empresas emprazadas nestes espazos poderán acceder a unha ampla oferta de financiamento que inclúe opcións tanto para acometer investimentos, como para facer fronte ás necesidades da actividade diaria. Os empresarios destas áreas terán á súa disposición produtos especificamente deseñados e con condicións melloradas respecto ao mercado, entre os que destacan préstamos ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.
O texto rubricado polas entidades tamén contempla que as empresas emprazadas nestas áreas industriais teñan á súa disposición outros produtos como pólizas de crédito, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais segundo as súas necesidades. Os convenios tamén reservan un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICOSerás redirixido a outro sitio web e do Igape.
Ademais da liña de crédito extraordinaria de 300 millóns que ABANCA habilita para as empresas destas áreas industriais, a proposta de valor do banco complétase coa rede de oficinas máis extensa de Galicia e cunha ampla especialización dos seus xestores. Todo iso para consolidar o crecemento duns polos industriais e de coñecemento que se configuraron como elementos indispensables do tecido produtivo autonómico.
Acordo formativo con IESIDE
De maneira paralela a este acto, os representantes destas asociacións de empresarios tamén subscribiron un protocolo de colaboración formativa co Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDESerás redirixido a outro sitio web). Este acordo permitirá cumprir coa vocación da entidade académica e potenciar o seu vínculo co mundo profesional. As empresas poderán beneficiarse de descontos á hora de realizar estudos de grao e posgrao na entidade académica, así como acceder a programas formativos a medida.