• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA doa un vehículo a Cruz Vermella en Ourense para a atención de persoas maiores

ABANCA doa un vehículo a Cruz Vermella en Ourense

De esquerda a dereita, o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, eo presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

27-05-2025
RSC

A sede de Cruz Vermella en Ourense acolleu esta mañá a reunión entre o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, e Felipe Ferreiro, presidente provincial de Cruz Vermella, trala que tivo lugar o acto de entrega dun vehículo doado polo banco que se destinará principalmente a atender as necesidades de persoas maiores, especialmente traslados e acompañamentos a centros sanitarios.

Esta doazón súmase á xa realizada en 2021, cando a entidade bancaria realizara a entrega dun primeiro vehículo para estes programas. Por elo, Ferreiro recoñece en ABANCA “unha grande aliada do noso labor social, supoñendo un importantísimo respaldo para a atención das persoas máis vulnerables”. “Neste caso falamos de persoas maiores, que maioritariamente viven soas nun entorno rural cada vez máis distanciado de recursos básicos, carecen de rede de apoio familiar ou veciñal e sobre as que existe unha considerable fenda dixital, e de aí que sexan un colectivo de atención prioritario para Cruz Vermella”, sinala.

Rubén Saavedra, director territorial de ABANCA, sinala que “o apoio do banco á actividade que realiza Cruz Vermella no ámbito das persoas maiores reforza o noso compromiso histórico con este colectivo, que constitúe un dos eixos estratéxicos da nosa actividade, tanto no ámbito financeiro, con medidas para dar resposta ás súas necesidades específicas, como no da responsabilidade social, onde a Obra Social do banco, Afundación, realiza un magnífico traballo a través dos seus Espazos +60”.

Só durante o ano 2024, Cruz Vermella atendeu na provincia de Ourense a 2.915 persoas desde os seus proxectos dirixidos a persoas maiores e coidadoras, sendo o perfil tipo de usuaria unha muller de máis de 80 anos que vive soa. As cifras, en correspondencia coa realidade socioeconómica da provincia, van en aumento, e neste momento acada case 3.600 persoas que reciben apoio da organización: Teleasistencia, Axuda a Domicilio Complementaria, Enrédate, Préstamo de Produtos de Apoio e o programa de atención a persoas coidadoras.

Coches como os doados por ABANCA resultan imprescindibles para que o persoal técnico realice visitas de valoración, seguimento e acompañamento aos domicilios dos maiores, pero tamén para que moitas persoas poidan ser trasladadas a consultas médicas, a realizar compras e xestións, a casas de familiares e mesmo a obradoiros e actividades lúdicas.

Esta colaboración de ABANCA con Cruz Vermella é un paso máis na alianza que manteñen ambas entidades para o desenvolvemento de proxectos sociais de gran impacto en Galicia, e máis concretamente na provincia de Ourense.

Sobre Cruz Vermella

Cruz Vermella Española pertence ao maior movemento humanitario do mundo. Colabora con entidades públicas e privadas para que a axuda chegue a todas as persoas que o necesitan, en calquera lugar e no momento oportuno. A súa misión é previr e aliviar o sufrimento humano, protexer a vida e a saúde e facer respectar ás persoas.

As súas máis de 248.000 persoas voluntarias dan resposta en 1.263 municipios, o que permite atender anualmente a máis de 11,9 millóns de persoas nos ámbitos nacional e internacional. Todo iso co apoio de 1,3 millóns de persoas socias, empresas e alianzas en todos os sectores da sociedade.

Cruz Vermella Española puxo en marcha un Plan de Resposta para facer fronte aos efectos da DANA, cunha execución continuada nos próximos tres anos que ten como obxectivo principal contribuír á recuperación, a construción de resiliencia e o benestar físico, emocional e social das persoas e comunidades afectadas. O plan, co que se pretende chegar a unhas 100.000 persoas, está a executarse en tres fases: a primeira, xa realizada, de resposta inmediata; unha segunda vinculada á recuperación para a volta á normalidade, e unha terceira de fortalecemento e resiliencia para asegurar que as comunidades e as persoas sexan máis fortes e estean preparadas ante posibles eventos futuros de emerxencias ou catástrofes.

Cruz Vermella Española continúa o seu traballo contra todas as formas de vulnerabilidade, adaptándose e anticipándose aos escenarios de futuro, aberta á poboación xeral, incidindo na contribución firme e consistente aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030.

Cruz Vermella Española pertence ao Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, presente en 191 países. Actúa sempre baixo os seus sete Principios Fundamentais: Humanidade, Imparcialidade, Neutralidade, Independencia, Carácter Voluntario, Unidade e Universalidade.

Sobre ABANCA

ABANCA é a entidade financeira líder no noroeste de España. Conta con preto de 900 oficinas en 11 países de Europa e América, máis de 8.000 empregados e un volume de negocio de máis de 128.000 millóns de euros. A súa proposta diferencial combina a atención persoal coa operatoria a través de canles dixitais e a distancia.

ABANCA basea a súa actividade no coñecemento das necesidades do cliente e nun catálogo de produtos e servizos sinxelos, innovadores e transparentes. A especialización, a internacionalización e a sostibilidade son outros sinais de identidade dunha entidade financeira situada entre as máis solventes do sector en España. Más información: www.abanca.com.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .