• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a Cámara de Comercio de Tui entregan máis de 9.000 quilos de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Vigo

  • Os alimentos adquiríronse cos donativos reunidos durante a primeira quincena de xuño nunha acción solidaria organizada por ambas as entidades baixo o lema ‘Únete ao proxecto solidario’
  • A campaña tamén conta coa colaboración da Asociación de Cultivos do Baixo Miño (AcuBam) e o Cluster do Granito

Os alimentos adquiríronse cos donativos reunidos durante a primeira quincena de xuño nunha acción solidaria organizada por ambas as entidades baixo o lema ‘Únete ao proxecto solidario’.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

28-06-2019
RSC

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e a Cámara de Comercio de TuiSerás redirixido a outro sitio web entregaron hoxe ao Banco de Alimentos de Vigo máis de 9.000 quilos de comida, no marco da campaña solidaria de recadación de donativos desenvolta conxuntamente por ambas as entidades baixo o lema ‘Únete ao proxecto solidario’.

A campaña contou coa participación de 30 empresas da demarcación da Cámara de Comercio de Tui. Os traballadores realizaron doazóns de produtos non perecedoiros a favor do Banco de Alimentos de Vigo, á vez que as empresas fixeron o mesmo en forma de doazóns ou por medio de transferencias bancarias para a correspondente adquisición de alimentos. A recollida, que tivo lugar durante a primeira quincena de xuño, superou os 6.000 Kg e as achegas económicas están próximas aos 3.000. euros.

Paralelamente, desde ABANCA, clientes, empregados e colaboradores puideron doar ‘cestas’ solidarias que inclúen produtos de primeira necesidade non perecedoiros como arroz, leite, legumes, pasta ou aceite, e que este ano podían adquirirse a través de doazóns de 5, 10 ou 20 euros. En concreto, a campaña desenvolveuse en once oficinas de ABANCA situadas nos municipios de Tui, O Porriño, Salceda, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia, todas elas dentro da área de influencia da Cámara de Comercio de Tui. Nesta edición, modificouse lixeiramente o contido destas cestas, atendendo ás necesidades do Banco de Alimentos e co obxectivo de axudar ao maior número de persoas e familias posibles.

Do mesmo xeito que o ano anterior, a campaña contou tamén coa colaboración da Asociación de Cultivos do Baixo Miño (AcuBam), que integra aos viveiros produtores de planta ornamental, horta, flor e industria agroalimentaria en xeral, sector de gran importancia na comarca do Baixo Miño; e o Cluster do Granito, constituído polas empresas relacionadas co sector da pedra natural, un sector estratéxico da demarcación cameral.

O acto de entrega, celebrado nas instalacións do Banco de Alimentos de Vigo, contou coa asistencia de representantes das tres entidades que se mostraron moi satisfeitos cos resultados da campaña, nun proxecto que cada ano consegue un maior número de doazóns.

Banco de Alimentos de Vigo

O Banco de Alimentos de Vigo, creado en 1995, dedica os seus esforzos para loitar contra un dos maiores riscos para a saúde: a fame. Durante 2018, entregou preto de 1,8 millóns de quilos de comida, a través dos 150 colectivos sociais cos que traballa, cubrindo o 35% das necesidades das 25.000 persoas ás que axuda.

Esta iniciativa solidaria que impulsan ABANCA e a Cámara de Comercio de Tui, coa colaboración de AcuBam e o Cluster do Granito, reflicte o forte compromiso e implicación destas entidades coas necesidades da sociedade e, en concreto, co dereito a unha alimentación suficiente, segura e saudable para as persoas en situación de vulnerabilidade.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .