ABANCA e a Federación Galega de Comercio propóñense impulsar o comercio local coa renovación do seu convenio
- O banco con sede en Galicia e a organización reforzan vínculos para atender as necesidades do comercio de proximidade na comunidade, de financiamento e de produtos para competir coas grandes superficies
- As dúas entidades seguen colaborando coa campaña “As compras na túa vila teñen premio”, que xa se celebrou este ano en Monforte e Melide

El presidente de la Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, y el director de Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, durante la firma del convenio.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

El presidente de la Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, y el director de Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, durante la firma del convenio.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA e a Federación Galega de ComercioSerás redirixido a outro sitio web (FGC) asinaron hoxe a renovación do seu convenio de colaboración. Un vínculo histórico que pon como obxectivo primordial o acceso ao crédito dos autónomos e pemes e demostra a aposta da entidade financeira por un colectivo imprescindible na economía galega.
O director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, rubricaron en Compostela un acordo que inviste no tecido empresarial e produtivo de Galicia.
O novo texto, que prolonga a colaboración e introduce melloras, mantén a aposta decidida das dúas entidades polo comercio minorista a través do crédito. Os autónomos e pemes asociados á FGC accederán a un catálogo personalizado de produtos que inclúe, entre outros, opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto.
A oferta financeira complétase coas alternativas do Plan ActivamosSerás redirixido a outro sitio web, asinado por ABANCA coas catro deputacións galegas, e que serve para a posta en marcha de novos negocios, a creación de emprego, o investimento en activos fixos, a mellora da eficiencia enerxética ou o financiamento do circulante. Os comerciantes poderán acceder ao financiamento oficial do ICOSerás redirixido a outro sitio web ou do IgapeSerás redirixido a outro sitio web e tamén aos produtos das SGR galegas.
ABANCA tamén pon a disposición da Federación Galega de Comercio opcións para fraccionar o pagamento e poder competir en igualdade coas grandes superficies. A través do novo APRAZOSSerás redirixido a outro sitio web permítese simplificar e axilizar o financiamento instantáneo no punto de venda de produtos e servizos, con prazos de entre 3 e 36 meses, segundo as necesidades.
O convenio asinado tamén inclúe as vantaxes do Programa Cero ComisiónsSerás redirixido a outro sitio web posto en marcha pola entidade financeira e dirixido a particulares, autónomos e pemes. Deste xeito, os asociados deixarán de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
Nova edición de “As compras na túa vila teñen premio”
Un dos fitos máis importantes desta colaboración é a campaña “As compras na túa vila teñen premio”, cunha importante repercusión nas localidades galegas onde se celebra. Esta iniciativa, que vai xa pola súa novena edición, busca dinamizar as vendas no comercio retallista e premiar a fidelidade dos clientes. Así, durante as dúas semanas de duración da campaña, se reparten boletos para participar nun sorteo que se celebra o último día dentro dun acto final que inclúe tamén actuacións para os máis cativos, converténdose nunha gran festa do comercio da vila.
As dúas primeiras citas deste ano foron en Monforte (Lugo) e Melide (A Coruña) e proximamente chegará ás provincias de Pontevedra e Ourense. Entre as dúas localidades repartíronse 8.000 euros en tarxetas agasallo que se deben reinvestir en mercar en comercios locais, despois de contar con preto de 40.000 participacións.