• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a UDC presentan o foro de apoio ao emprendemento universitario ‘Campus ABANCA’

  • O evento, que terá lugar do 20 ao 23 de marzo no campus coruñés, pretende difundir a cultura emprendedora entre os mozos universitarios
  • Talleres, ponencias e mesas redondas constitúen o núcleo dunha iniciativa orientada cara á transformación dixital e as industrias do futuro
  • A cita contará coa presenza de referencias do sector emprendedor, como BlaBlaCar, Glovo e Conector

De esquerda a dereita, Tatiana Suárez Cancelo, directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA, e Margarita Amor, vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria da Universidade da Coruña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, Tatiana Suárez Cancelo, directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA, e Margarita Amor, vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria da Universidade da Coruña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación Campus ABANCA Presentación Campus ABANCA Ver ficheiro PDF
  • Folleto Campus ABANCA Folleto Campus ABANCA Ver ficheiro PDF
16-03-2017
RSC

ABANCA Obra Social, en colaboración coa Universidade da Coruña, celebrará entre os días 20 e 23 de marzo no campus coruñés o foro ‘Campus ABANCA’, unha iniciativa que pretende difundir a cultura emprendedora entre os mozos universitarios. O evento, que terá un marcado carácter práctico e tecnolóxico, acollerá diferentes tipos de actividades orientadas a proporcionar aos universitarios coñecemento útil para afrontar os retos da transformación dixital e aproveitar as oportunidades profesionais ofrecidas polas industrias do futuro.

‘Campus ABANCA’ foi presentado esta mañá na sede de ABANCA na Coruña nun acto que contou coa presenza de Tatiana Suárez Cancelo, directora de Responsabilidade Social Corporativa da entidade financeira, e de Margarita Amor, vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria da Universidade da Coruña.

“Esta iniciativa inscríbese no Programa de Educación Financeira de ABANCA, a través do cal queremos proporcionar aos diferentes grupos de idade a información necesaria para a toma de decisións responsables en relación con aspectos decisivos da súa vida económica e profesional, neste caso o lanzamento dos seus propios proxectos”, explicou Tatiana Suárez.

“Para a Universidade da Coruña o Campus ABANCA ten especial interese polo seu evidente sentido práctico e polo seu carácter transversal, que lle ofrece ao estudantado unha magnífica oportunidade de adquirir coñecementos básicos para o emprendemento e de coñecer as fortalezas e as debilidades de distintas experiencias”, sinalou Margarita Amor, quen remarcou que “a colaboración con ABANCA no ámbito da cultura emprendedora encaixa particularmente no obxectivo programático do equipo de goberno da UDC de fomentar o desenvolvemento das iniciativas de empresas de base tecnolóxica”.

Programa de actividades

O foro está deseñado a partir dun núcleo temático composto por talleres formativos, ponencias e mesas redondas centradas en diferentes asuntos relacionados co emprendemento e a tecnoloxía, e ao redor dos cales se celebrarán outras actividades complementarias.

A filosofía do evento é netamente práctica, carácter que se verá reforzado pola presenza de recoñecidos expertos e emprendedores que compartirán o coñecemento acumulado nas súas experiencias persoais de lanzamento de proxectos. Participarán en ‘Campus ABANCA’ ponentes como Vincent Rosso (BlaBlaCar), Sacha Michaud (Glovo), David Rosa (Global Sport Innovation Center de Microsoft), Samuel Molina (youtuber e gamer), María Olveira (fashion & travel blogger), Lalo García (Conector), Elisabeth Martínez (Conector) e Pako Rodríguez (Ouishare).

‘Campus ABANCA’ arrancará o luns 20 no Salón de Graos da Facultade de Dereito coa celebración do taller ‘Coñeces o marco xurídico das start-ups. Lexislación TIC’. O martes 21 a Facultade de Informática acollerá o taller de modelos de negocio ‘Lanza a túa start-up xa! Descubrindo Lean Startup’. Ao día seguinte, mércores 22, o evento trasladarase á Facultade de Economía e Empresa, na que terá lugar o taller ‘Necesita a túa start-up financiamento? Deseña a estratexia da túa rolda’.

Tras a celebración destas actividades, o xoves 23 terá lugar a sesión inspiracional, tamén na Facultade de Economía e Empresa. Ao longo dela sucederanse mesas redondas relativas a economía colaborativa, proxectos fintech, moda/tendencias e innovación no deporte, un taller práctico sobre industrias de futuro (drons, impresión 3D e videoxogos), e, por último, varias sesións de networking gamificadas a través da app do evento e competicións de start-ups.

En paralelo e durante os catro días de duración do evento, o Espazo ABANCA albergará diferentes actividades e contidos informativos relacionados co emprendemento, a formación e a captación de talento.

Inscricións

A inscrición, aberta unicamente a estudantes da Universidade da Coruña, realizarase a través da web campus.abanca.comSerás redirixido a outro sitio web. O prazo pecharase o día 20.

´Campus ABANCA’ súmase á lista de iniciativas postas en marcha por ABANCA para apoiar aos emprendedores e estudantes universitarios. Entre elas destacan o proxecto ABANCA Innova, a través do cal a entidade investirá 10 millóns de euros en start-ups tecnolóxicas, ABANCA Talents, programa de captación de talento universitario, e ABANCA Estuda, mediante o cal o banco ofrece produtos en condicións preferentes para o financiamento de estudos universitarios, masters ou posgraos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .