• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e a Xunta prolongan a súa colaboración no patrocinio da Fundación Semana Verde de Galicia ata 2025

  • O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinaron esta mañá o acordo
  • O banco apoia ao sector agrogandeiro e avanzano seu compromiso cos retos e desafíos do mundo rural

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

14-12-2023
Corporativo

ABANCA e a Xunta prolongan a súa colaboración no patrocinio da Fundación Semana Verde de Galicia ata 2025. Así se establece no acordo asinado hoxe polo conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, en calidade de presidente da Fundación. O acto contou coa presenza do director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán.

Segundo o acordo, a entidade colaboradora apoiará a actividade da fundación ao longo dos tres anos e manterase como patrocinador oficial da Semana VerdeSerás redirixido a outro sitio web e demais eventos relacionados co sector agrario que se celebren no recinto feiral de Silleda, como Salimat ABANCA, Fecap ABANCA, Galiforest ABANCA o Enerxétika. ABANCA seguirá sendo tamén patrocinador relevante no resto de actos integrados no calendario do parque de exposicións.

Pola súa banda, a Fundación Semana Verde de Galicia, ademais de garantir a visibilidade deste patrocinio e a notoriedade de ABANCA nos seus eventos, asumirá a xestión e produción dos expositores da entidade bancaria na feira Expobiomasa, en Valladolid, e na Feira Internacional da Maquinaria Agrícola, en Zaragoza.

A sinatura de hoxe supón a segunda renovación dun acordo formalizado en 2015 no marco da aposta da Xunta pola actividade feiral da Fundación Semana Verde de Galicia da man de grandes firmas como ABANCA. A frutífera colaboración destes oito anos deu como resultado esta nova prórroga, coa que se quere seguir afianzando o carácter estratéxico do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA na organización de grandes eventos profesionais e, en especial, dos relacionados co sector agrario e gandeiro.

Coa renovación desta colaboración estratéxica, ABANCA dá un novo impulso a un convenio que en 2015 se converteu nun dos primeiros grandes patrocinios tras o lanzamento do banco. A entidade financeira ratifica o seu compromiso co sector agrogandeiro galego, ao que se lle ofrece unha resposta á medida a través dos xestores e produtos especializados da súa unidade ABANCA Agro. Ante os desafíos que afronta o sector rural en Galicia, ABANCA ofrece solucións adaptadas tamén grazas á elevada capilaridade da súa rede comercial. ABANCA é a única entidade financeira que mantén os servizos en 175 municipios galegos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .