• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e AECA organizan unhas xornadas sobre xestión de riscos e crédito a empresas

  • O banco e a asociación reúnen durante dous días en Vigo dúas decenas de expertos en auditoría, contabilidade e regulación financeira
  • O acto enmárcase na Cátedra AECA-ABANCA de Economía, Finanzas e Administración de Empresas, creada o pasado ano para facilitar o intercambio de coñecemento entre expertos do ámbito académico e profesional

VII Xornadas AECA Valoración, Financiamento e Xestión de Riscos

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Programa Xornadas AECA-ABANCA Programa Xornadas AECA-ABANCA Ver ficheiro PDF
06-06-2016
Corporativo

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e AECASerás redirixido a outro sitio web organizan en Vigo os vindeiros 9 e 10 de xuño as VII Xornadas AECA de Valoración, Financiamento e Xestión de Riscos, no marco da Cátedra AECA-ABANCA de Economía, Finanzas e Administración de Empresas. Baixo o título “A importancia da Xestión de Riscos e a Auditoría para a viabilidade empresarial”, expertos do mundo académico, administrativo e empresarial reflexionarán sobre a xestión corporativa e financiamento.

O evento profesional arrancará coa conferencia inaugural a cargo de Juan Antonio Maroto, catedrático de Economía da Universidad Complutense de Madrid. Un prólogo que dará paso a un completo programa coordinado por ABANCA e AECA que converterá a Galicia no centro desta disciplina. Nos múltiples actos que compoñen este foro participarán unha vintena de poñentes especializados, ademais de grupos de investigación que presentarán os seus resultados en diversas comunicacións en sesións paralelas, e está previsto que asistan centos de profesionais de disciplinas como auditoría, contabilidade e regulación financeira, entre outros.

A excelencia formativa do acontecemento permitirá homologar a asistencia ás xornadas como FPC para auditores polo Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas e tamén computará para a acreditación de Experto Contable Acreditado-ECA®.

“Estas xornadas interdisciplinares e multifactoriais son especialmente útiles no contexto actual, no que é imprescindible unir puntos de vista ligados coa xestión de riscos, o financiamento e a auditoría para poder anticiparse á insolvencia empresarial”, indicou Manuel Rodríguez, director da Cátedra AECA-ABANCASerás redirixido a outro sitio web de Economía, Financiamento e Administración de Empresas e xerente de Cobros e Pagos de ABANCA.

Mesas para reflexionar sobre temas de actualidade

Durante estes dous días están programadas diversas mesas de debate que servirán para compartir a visión dos expertos sobre temas de actualidade relacionados coa xornada. A primeira delas, contará coa moderación do director da Cátedra AECA-ABANCA de Economía, Financiamento e Administración de Empresas, Manuel Rodríguez, e permitirá abordar os riscos financeiros no marco de Basilea III e as implicacións para as entidades financeiras e as empresas. Participarán Pablo Triñanes, director xeral de Control Corporativo e Riscos de ABANCA; Eduardo Ávila, head of Global Supervisors Relations de BBVA; e Germán López, director do Mestrado en Banca e Regulación Financeira da Universidad de Navarra.

A segunda mesa analizará as perspectivas de oferta e demanda do financiamento a empresas e estará moderada por Domingo García, presidente da Comisión de Valoración e Financiamento de Empresas de AECA e catedrático de Economía Financeira e Contabilidade da Universidad Politécnica de Cartagena. Contará con José María Méndez, director xeral de CECA e conselleiro independente do BEI; Ana Esteban, xefa da Unidade de Grupos Empresariais e Estudos da Central de Balances do Banco de España; e Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

O terceiro debate de expertos centrarase en reflexionar sobre os outros sistemas de apoio ao financiamento da empresa e estará dirixido por Rafael López Mera, socio de LMN Luca Auditores, S.L.P. Tomarán parte Javier Aguilera, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE); Salvador Marín, presidente da Compañía Española de Financiamento ao Desenvolvemento (COFIDES); Pablo Pombo, secretario técnico da Rede Iberoamericana de Garantías (REGAR); e Rodrigo Recondo, presidente do Instituto de Capital Risco (INCARI).

A última mesa de debate reflexionará sobre a credibilidade e a viabilidade e o papel da auditoría, as empresas e os mercados, baixo a tutela de Jaime del Olmo, socio de Deloitte, Oficina de Vigo. Participarán Eduardo Manso, director de Informes Financeiros e Corporativos da CNMV; Fernando Alonso, responsable da relación con auditores da Dirección Financeira de PSA Peugeot‐Citroën para España, Portugal e Alxeria; e Juan José Santamaría, decano‐presidente do Ilustre Colexio de Economistas de Pontevedra.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

ABANCA inaugura na Coruña Espacio Avenida

20-02-2025
Corporativo Negocio

O banco contribúe á recuperación do patrimonio histórico no marco do seu compromiso coa Coruña e con Galicia.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .