• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación conmemoran o Día da Educación Financeira con actividades que favorecen a inclusión financeira de maiores e escolares

  • A efeméride coincide co inicio do programa de educación financeira que desenvolverán durante o curso 2023-2024
  • A principal novidade será o lanzamento dunha edición para maiores do programa de ciberseguridade ‘Pon o teu diñeiro a salvo’
  • O curso pasado, as actividades organizadas chegaron a 201.169 persoas, cun incremento do 44% respecto ao período 2021-2022

Sesión de capacitación dixital para persoas maiores que tivo lugar no municipio de Vilariño de Conso (Ourense).

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Participantes no Gran Prix Financeiro organizado no CEIP de Mosteiro-Bembrive (Vigo).

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

02-10-2023
RSC Sostenibilidad

ABANCA e Afundación sumáronse hoxe á celebración do Día Nacional da Educación Financeira que promoven o Banco de España e a CNMV cunha serie de actividades dirixidas a mellorar a inclusión financeira de escolares e persoas maiores. En concreto, persoas voluntarias de ABANCA e Afundación impartiron dúas sesións de formación e capacitación dixital de persoas maiores nos municipios rurais de Vilariño de Conso (Ourense) e Borrenes (León), 45 escolares do CEIP de Mosteiro-Bembrive (Vigo) gozaron aprendendo co Gran Prix Financeiro e estudantes de 4º de ESO do Colexio San José de la Guía (Vigo) participaron nun taller sobre emprendemento.

Estas accións marcan de maneira simbólica o inicio do programa de educación financeira que van desenvolver o banco e a súa Obra Social ao longo do curso 2023-2024. As diferentes iniciativas que comprende o programa chegaron o curso pasado a 201.169 beneficiarios, unha cifra récord que supón un incremento do 44% no número de participantes respecto ao período 2021-2022.

Ademais, para contribuír a divulgar a importancia de contar coa formación adecuada para xestionar a nosa economía desde a infancia, ABANCA e Afundación colaboraron co Grupo COPE para que a educación financeira centrase hoxe a sección ‘Los niños y Jimeno’, do programa ‘Buenos días, Javi y Mar!’ que se emite en Cadea 100.

Durante este mes organízase tamén o concurso ‘A Galaxia Financeira’ no blogue de ABANCA ‘Cuentas claras’, no que as persoas interesadas poden poñer a proba os seus coñecementos financeiros e gañar ata tres tarxetas regalo. As actividades vinculadas ao programa prolongaranse ao longo de todo o curso escolar. Combinaranse iniciativas presenciais con outras en formato dixital para poder chegar ao maior número de persoas.

Capacitación dixital e financeira de persoas maiores

Promover a inclusión financeira das persoas maiores e ofrecerlles o apoio necesario para afrontar o proceso de dixitalización é un dos piares estratéxicos do programa.

As propostas dirixidas a este colectivo desenvólvense nos Espazos +60 de Afundación e chegan tamén á poboación de zonas rurais grazas ao plan de formación e capacitación de persoas maiores que impulsa o banco en colaboración con municipios de Galicia e León. As actividades céntranse en capacitar a estas persoas para o uso da banca móbil e os dispositivos de autoservizo, así como en facilitarlles información sobre ciberseguridade e prevención da fraude.

A principal novidade para este curso será o lanzamento dunha edición para persoas maiores do programa de ciberseguridade ‘Pon o teu diñeiro a salvo’, que se centrará en promover pautas de actuación que permitan un uso seguro das contornas dixitais e que poidan aprender a identificar as ameazas, os riscos e os comportamentos imprudentes.

Programas dixitais e híbridos para escolares

Coincidindo co inicio do curso escolar, ABANCA e Afundación puxeron en marcha novas edicións dos seus tres programas de educación financeira en formato dixital: Segura-Mente, ‘A tola aventura do aforro’ e ‘Pon o teu diñeiro a salvo’. As tres propostas teñen como obxectivo promover os coñecementos financeiros e o desenvolvemento de habilidades chave en estudantes de diferentes idades. Os recursos dixitais compleméntanse con sesións impartidas por persoas voluntarias nos centros educativos. Tamén se mantén o apoio do banco ao programa Young Business Talents, un xogo de simulación empresarial que ofrece aos participantes a oportunidade de vivir a experiencia de xestionar unha empresa.

Actividades presenciais

O programa complétase con actividades presenciais entre as que destaca o Gran Prix Financeiro, un xogo que permite achegar aos escolares os conceptos máis básicos da xestión do diñeiro dunha forma lúdica para que empecen a tomar conciencia da importancia do aforro.

Para os estudantes de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos a oferta inclúe os ciclos de conferencias: ‘As túas finanzas, o teu futuro’, en colaboración con Junior Achievement, no que se abordan temas como o orzamento doméstico, o consumo responsable ou a ciberseguridade, e ‘Preparados para dar o salto’, centrado en cuestións financeiras que os máis novos deben coñecer para afrontar o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Tamén se impartirá unha vez máis o programa ‘Como elaborar unha tenda virtual con ferramentas de pago dixitais’, dirixido a estudantes dos Ciclos Formativos de Comercio e Marketing, Administración e Xestión, e Sanidade.

Por último, en colaboración coa Asociación Galega da Empresa Familiar, desenvolverase a cuarta edición do programa ‘Empresa familiar na aula’, que ten como finalidade fomentar o emprendemento entre a mocidade a través do contacto directo co mundo empresarial.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .