ABANCA e Afundación consumirán enerxía 100% renovable
- As dúas entidades asinaron un acordo con Iberdrola para que toda a enerxía eléctrica que lles subministre a compañía proveña de fontes renovables
- ABANCA y Afundación contribúen así co Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS) ‘Enerxía alcanzable e non contaminante’
ABANCA e AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web acaban de asinar un acordo con Iberdrola polo cal toda a enerxía eléctrica que lles fornece a compañía nas súas sedes e sucursais de España terá que provir, a partir de agora, de fontes renovables (enerxía eólica, solar ou hidráulica).
Esta acción enmárcase dentro do Programa de Sustentabilidade co que a entidade financeira busca impulsar e xestionar iniciativas deseñadas para responder os retos que expón o cambio climático na sociedade e, así, ter un papel activo na creación dunha economía sustentable desde o punto de vista ambiental, social e de gobernanza.
O acordo, que ten unha duración de 23 meses, garante que Iberdrola fornecerá a ABANCA e Afundación enerxía con ‘Garantías de Orixe’ por parte da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) o que permitirá ás dúas entidades reducir o seu impacto ambiental e colaborar así coa sustentabilidade do medio ambiente. Con esta medida, ABANCA e Afundación estiman que evitarán a emisión de 7.552 toneladas de CO2, avanzando así no seu obxectivo de converterse en entidades neutras en carbono.
ABANCA e Afundación contribúen así co Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS) ‘Enerxía alcanzable e non contaminante’, un dos prioritarios do banco xunto aos ODS ‘Vida submarina’, ‘Produción e consumo responsable’, ‘Traballo decente e crecemento económico’ e ‘Industria, innovación e infraestrutura’.
No ámbito social, os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable prioritarios para as dúas entidades son os ODS ‘Educación de calidade’, ‘Igualdade de xénero’, ‘Redución das desigualdades’ e ‘Cidades e comunidades sustentables’.
Compromiso coa sustentabilidade
A sustentabilidade é un dos eixos estratéxicos tanto de ABANCA como de Afundación. A entidade financeira converteuse en 2019 nun dos 130 bancos de todo o mundo que, como signatarios fundadores, adheríronse aos Principios de Banca Responsable no marco da Asemblea Xeral de Nacións Unidas. ABANCA formou parte, ademais, do grupo de 31 entidades que asinaron o Compromiso Colectivo de Acción Climática, polo que se comprometen a aliñar a súa estratexia e actividade financeira para loitar contra o cambio climático, e sumouse tamén ao acordo alcanzado polas principais entidades bancarias españolas para reducir o impacto climático da súa actividade financeira.
Neste sentido, o banco participa en proxectos do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC), en proxectos de enerxías renovables Power Purchase Agreement (PPA) en colaboración con grandes empresas, e noutros proxectos verdes enfocados á renovación da frota pesqueira e de mellora da eficiencia enerxética do sector primario. Ademais, a entidade está renovado as súas sedes corporativas e a súa rede de oficinas para facelas enerxeticamente intelixentes e implantou políticas de transporte sustentable e de cero papel.
Estas iniciativas, xunto con compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e o seu propio Código Ético e de Conduta, constitúen os principios xerais da Política de Sustentabilidade de ABANCA.
Por parte de Afundación, o Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) foi a primeira institución de ámbito universitario en Europa integrada na UNEP FI (United Nations Environment Programme Finance Initiative), en calidade de institución de soporte, para a dinamización da sustentabilidade en todos aqueles contextos vinculados coas finanzas e o mercado nos que poidan ter impacto as accións de IESIDE: a formación, investigación e seguimento da actualidade dos mercados financeiros de forma que se garantan unhas finanzas sustentables