ABANCA e Afundación entregan a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina 2.340 xoguetes novos para repartir en Reis entre familias desfavorecidas
- A acción forma parte da campaña solidaria de Nadal ‘Debuxar sorrisos’ impulsada polo banco e a súa Obra Social
- As organizacións sociais distribuirán os xoguetes entre familias de 14 localidades de Galicia, León, Asturias, Madrid, País Vasco, Comunidade Valenciana e Andalucía
Na imaxe, un dos 14 lotes de xoguetes entregados por ABANCA e Afundación a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
A Coruña. José Manuel Mourelo, coordinador de RS e Sostibilidade da Obra Social ABANCA, e Mónica Buño, directora de zona OP de ABANCA, con Sergio Fraga e Rosa García Vilariño, representantes de Cáritas Interparroquial A Coruña
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Donostia - San Sebastian. Conchi Jiménez, técnica de Intervención Familiar no programa Zubia, Jesús Suárez, director xeral de Bankoa ABANCA, Juan Ramón Mendizábal, director de Cáritas Gipuzkoa, e Izaskun Azaldegui, directora de Banca Privada Gipuzkoa de Bankoa ABANCA.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Oviedo. No centro, Ramón Ángel González Díaz, director de zona Asturias/Cantabria de ABANCA, realiza a entrega a Paula Notario, directora de Cruz Roja Juventud Oviedo (esquerda).
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Sevilla. Santiago Aguado, responsable de Entidades Non Lucrativas Banca Privada de ABANCA; Elsa Pozo, directora da oficina Sevilla-San Fernando; José María González, director de Cáritas Diocesana Sevilla; Sergio Sánchez, director de zona Andalucía Occidental-Canarias, e Iñigo Basagoiti, de Banca Privada Sevilla.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Mérida.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Pontevedra. Carmen Gallego, responsable de administración de Cáritas Interparroquial de Pontevedra, e Carmen Fernández Penas, directora territorial de ABANCA en Pontevedra.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
León. Daniel Hernández, presidente provincial de Cruz Roja en León, e Marcos Lamas, director territorial de ABANCA en Castilla y León/Asturias
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Madrid. Pedro Canales, director territorial Centro-Este de ABANCA, con Conrado Escobar, presidente da Fundación Madrina
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Vigo. Alfonso López, director de zona Vigo Centro de ABANCA, Ana Martínez, vicepresidenta da asemblea local de Cruz Vermella Vigo, e Cristina Iglesias, coordinadora de Sedes e Centros de Afundación.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Santiago. Ana Salgado, coordinadora da sede Afundación Santiago, Carlos Juiz, director de Cáritas Interparroquial de Santiago, e Óscar Salgado, director territorial de ABANCA na Coruña, flanqueados por dúas voluntarias.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Lugo
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA e Afundación entregaron esta mañá a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina un lote de 2.340 xoguetes novos no marco da súa campaña solidaria de Nadal ‘Debuxar sorrisos’. As tres organizacións sociais encargaranse agora de repartir os agasallos entre nenos e nenas de familias que están a vivir momentos complicados, asegurando que teñan unha sorpresa nas súas casas o Día de Reis.
A distribución dos xoguetes realizarase en 14 localidades de Galicia, León, Asturias, Estremadura, Madrid, País Vasco, Comunidade Valenciana e Andalucía, zonas onde a entidade bancaria mantén unha presenza significativa.
Cáritas repartirá os agasallos na Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra, San Sebastián, Valencia e Sevilla. Cruz Vermella fará a repartición en Vigo, Lugo, Ferrol, León, Oviedo e Mérida. En Madrid encargarase a Fundación Madrina.
Ademais desta entrega de xoguetes, a campaña ‘Debuxar sorrisos’ inclúe unha vertente de recadación de fondos solidaria a través da web dibujarsonrisas.abanca.com. Esta plataforma estará habilitada ata o próximo 30 de decembro para todas as persoas que desexen realizar a súa achega. Neste caso, o diñeiro reunido entregarase integramente a Unicef.