• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación lanzan Money Sport para impulsar a educación financeira entre deportistas de base

  • A nova proposta está dirixida a adolescentes de 14 a 17 anos que forman parte de clubs deportivos
  • O programa utiliza dinámicas gamificadas para conectar co público xuvenil e facilitar a asimilación de contidos
Imaxe ilustrativa da plataforma educativa do programa Money Sport

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

26-02-2026
RSC

ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, acaban de poñer en marcha un novo programa de educación financeira, denominado Money Sport, dirixido a deportistas de base. O obxectivo central desta innovadora proposta é proporcionar aos adolescentes as ferramentas e coñecementos necesarios para xestionar as súas finanzas de maneira informada, con especial atención a aqueles que poidan desenvolver unha carreira profesional no ámbito deportivo no futuro.

O programa estrutúrase en catro sesións de 90 minutos de duración cada unha. Nelas, os participantes traballarán competencias clave como a planificación financeira a medio e longo prazo ou a xestión responsable do diñeiro. Para conectar co público novo, todas as xornadas están protagonizadas por un streamer deportivo ficticio, que se encarga de trasladar os conceptos de forma práctica e dinámica.

ABANCA e Afundación apostaron polo uso de dinámicas participativas e gamificadas co fin de que o programa resulte máis atractivo para o colectivo xuvenil e resulte máis fácil asimilar conceptos fundamentais como o aforro, a creación dun fondo de emerxencia, a elaboración de orzamentos, a xestión do risco ou o investimento.

Os primeiros clubs en sumarse a esta iniciativa para impulsar a formación financeira dos seus integrantes máis novos foron o Real Club Deportivo, AD Carballal Balonmán, Club Marín Peixe Galego, Club Tenis de mesa Cidade de Narón, Club Esgrima 100tolos e Club Tea de Mondariz Balneario. Os equipos interesados poden inscribirse no programa a través do formulario en liñaSerás redirixido a outro sitio web habilitado.

Compromiso coa educación financeira

Esta nova iniciativa educativa foi desenvolta por ABANCA e Afundación no marco do acordo de colaboración que manteñen con Funcas para mellorar as competencias financeiras da sociedade.

A posta en marcha de Money Sport reforza o programa de educación financeira que impulsan o banco e a súa Obra Social desde 2015, que o ano pasado chegou a máis de 208.000 persoas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

Educa e ABANCA entregan os IX Premios EDUCA ABANCA aos mellores docentes de 2025

31-01-2026
RSC

A plataforma educativa e a Obra Social do banco recoñecen a importancia do papel que desempeñan os docentes na sociedade.

Foto das persoas premiadas e as autoridades presentes nos IX Premios EDUCA ABANCA

ABANCA e Afundación entregan a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina 2.340 xoguetes novos para repartir en Reis entre familias desfavorecidas

23-12-2025
RSC

A acción forma parte da campaña solidaria de Nadal ‘Debuxar sorrisos’ impulsada polo banco e a súa Obra Social.

Un dos 14 lotes de xoguetes entregados por ABANCA e Afundación a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .