ABANCA e Afundación presentan en Lugo a obra máis persoal de Antonio Murado
- ‘Antonio Murado. Intimidade abstraída’ mostra os 103 cadros que compoñen a obra AM 34 x 24 Vol. I
- A exposición poderá visitarse na sede de Afundación en Lugo ata o 30 de xaneiro
Descarga los contenidos anexos
ABANCA vén de inaugurar este martes 10 de novembro na sede de Afundación de Lugo a exposición ‘Antonio Murado. Intimidade abstraída’. A mostra reúne os 103 cadros que compoñen a obra máis persoal do artista lucense: AM 34 x 24 Vol. I, que forma parte da Colección de Arte do banco.
O acto de inauguración contou coa presenza do propio Antonio Murado e do director de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, quen destacou que esta acción permite á entidade “avanzar con paso firme no obxectivo de contribuir a difundir e divulgar todas as obras y autores que forman parte dos nosos fondos artísticos e que representan, como neste caso, a mellor arte dos nosos tempos”.
Antonio Murado (Lugo, 1964) é un dos artistas galegos con maior proxección internacional da súa xeración. Fomado na Facultad de Bellas Artes da Universidad de Salamanca, obtivo a bolsa ‘Manuel Colmeiro’ da Xunta de Galicia en 1987, a de Banesto en 1990 e a de Unión Fenosa que lle permitiu acceder á ‘Cooper Union School’ de Nova York en 1996. Na actualidade vive e traballa en Nova York e a súa obra está presente en importantes coleccións públicas e privadas de recoñecido prestixio.
Na serie AM 34 x 24 Vol. I o artista realiza unha revisión dos temas que más lle teñen interesado ao longo da súa trayectoria e que forman parte do seu particular universo píctórico, como a paisaxe, a historia, a memoria e a pintura. Tamén se presenta un amplo catálogo de persoas próximas, xunto a numerosas esceas que recollen as súas lembranzas de infancia, polo que o conxunto de lenzos convértse nun verdadeiro testemuño autobiográfico materalizado a través da pintura.
A exposición inclúe varias pezas dedicadas a un dos temas predilectos de Murado que se converteu en sinal de identidade da súa produción artística: o traballo paisaxístico. Nelas pódse apreciar a súa particular interpretación da paisaxe, partindo da natureza non para imitala, senón para crear unha nova realidade.
A maior novidade que presentan as obras desta serie atópase na incursión do artista no ámbito do retrato, unha dimensión pouco coñecida ata o momento na súa produción e que demostra o seu interese pola consatante innovación no proceso creativo. Neste caso, emprega a fotografía como base para o traballo sobre o lenzo e xenera unha realidade renovada, tan persoal e íntima como insólita e orixinal.
Esta exposición en Lugo dá continuidade á liña de traballo iniciada polo banco no momento da súa creación e que ten como obxectivo fundamental poñer a disposición da sociedade a súa Colección de Arte, que recentemente foi declarada Ben de Interese Cultural. Na actualidade están abertas ao público varias exposicións que mostran os fondos artísticos de ABANCA en cidades como Vigo, Ferrol ou Madrid.
Actividades para escolares
ABANCA e Afundación teñen organizado de forma paralela á exposición un amplo programa de actividades dirixidas á comunidade escolar co fin de acercar aos máis pequenos o traballo de Antonio Murado e espertar a súa curiosidade polo mundo da arte. Na actualidade xa reservaron praza para asistir a estas actividades un total de 250 escolares.
Para participar é preciso poñerse en contacto coa Área Educativa de Afundación en Lugo, no teléfono 982 289 096 ou a través do correo electrónico areaeducativalugo@afundacion.org.
Horario
A exposición estará aberta ao público na sede de Afundación en Lugo (Praza Maior, 16) ata o 30 de xaneiro de 2016. Poderá visitarse de luns a sábado, en horario de 18.00 a 21.00 horas.
Máis información sobre a colección de arte de ABANCA na web [http://coleccion.abanca.com]( (http://coleccion.abanca.com/gl/) e en http://coleccion.abanca.com/visitavirtual/.