• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e ARVI reforzan a súa alianza para impulsar a sexta edición do 'Vigo SeaFest'

  • O banco amplía a súa colaboración cunha cita gastronómica e musical que xa se converteu nun referente da axenda estival da cidade
  • O festival desenvolverase do 10 ao 13 de xullo nos xardíns de Montero Ríos, ofrecendo un escaparate único para a promoción dos produtos do mar e a difusión de prácticas sostibles no sector pesqueiro
Representantes de ABANCA e de ARVI durante a renovación do convenio

Representantes de ABANCA e de ARVI logo de renovar o convenio de colaboración entre ambas as entidades.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Renovación do convenio de colaboración de ABANCA con 'Vigo SeaFest'

O presidente de ARVI, Javier Touza, e o director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, durante a renovación do acordo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-06-2025
Negocio

ABANCA e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) alíanse para a celebración da sexta edición de ‘Vigo SeaFest’, que terá lugar nos xardíns de Montero Ríos do 10 ao 13 de xullo. O banco dá o seu apoio a esta cita gastronómica, musical, deportiva, divulgativa e cultural coa que colabora desde a súa creación no 2017.

A renovación do convenio de colaboración formalizouse esta mañá na sede de ARVI. O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, e o presidente de ARVI, Javier Touza, foron os encargados de asinar o novo documento, que reforza a sólida relación entre ambas as entidades e abre a porta a novas vías de colaboración para seguir impulsando un evento único que pon en valor os produtos do mar. No acto tamén participou Javier Fraga, director de ABANCA Mar.

Este apoio da entidade financeira fai posible unha nova edición do festival. Como en anos anteriores, ‘Vigo SeaFest’ será gratuíto e aberto ao público en xeral, consolidando a súa posición como evento inclusivo e accesible.

Baixo o lema de promover o consumo de peixe, catorce cociñeiros de recoñecido prestixio ofrecerán creacións de autor elaboradas con produtos do mar, destacando a súa calidade e versatilidade. Paralelamente, realizaranse actividades culinarias e educativas para poñer en valor a proteína mariña como fonte de alimento saudable, segura e sostible.

Durante os catro días de festival, o público tamén poderá gozar de actuacións musicais, obradoiros familiares, actividades infantís e propostas deportivas, nunha contorna pensada para toda a familia. O programa completo desta sexta edición estará dispoñible nos próximos días na web oficial do evento: www.vigoseafest.com.

Comprometidos co mundo do mar

A sinatura deste novo convenio para impulsar ‘Vigo SeaFest’ supón un paso máis na sólida e prolongada colaboración entre ABANCA e ARVI. Esta alianza estratéxica non só reforza o compromiso coa promoción do festival, senón que tamén inclúe condicións financeiras vantaxosas para os armadores asociados a ARVI.

Grazas a este acordo, os profesionais do sector poderán acceder a solucións de financiamento flexibles e adaptadas ás súas necesidades específicas, con especial atención aos investimentos dirixidos á mellora da eficiencia enerxética, á preservación da biodiversidade e á redución do impacto climático da frota pesqueira.

Neste contexto, a unidade especializada ABANCA Mar consolídase como unha proposta innovadora no sector, ao ofrecer un catálogo propio de produtos e servizos, así como un asesoramento altamente especializado, baseado no coñecemento directo das necesidades do colectivo pesqueiro.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA amplía a súa colaboración coas confrarías do norte de Pontevedra

17-06-2025
Negocio

ABANCA dá un novo paso na súa forte aposta polo sector pesqueiro en Galicia e amplía a súa colaboración coas confrarías do norte de Pontevedra.

Reunión de ABANCA coas confrarías de Pontevedra

ABANCA e HioPOS Galicia informan os negocios sobre como adaptarse ao novo sistema de facturación electrónica

09-06-2025
Negocio

Ambas as entidades organizaron unha xornada informativa para apoiar ao pequeno comercio e ao sector hostaleiro na implantación da facturación electrónica e a nova normativa de verificación de facturas Verifactu, que será obrigatoria para gran parte do tecido empresarial en España a partir de 2026.

Vista xeral da xornada informativa con negocios no Espacio Avenida da Coruña.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .