• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e as confrarías do norte de Pontevedra promoven a renovación da frota e o cambio xeracional no sector

  • O banco colabora con 16 entidades do mundo da pesca e o marisqueo na provincia e crea solucións para os retos do día a día do sector, moi marcado pola actual conxuntura económica
  • O novo texto apoia o crecemento e a renovación do sector, ao mesmo tempo que promove o seu desenvolvemento de maneira sostible e responsable
  • O encontro serviu tamén para trasladar a estes profesionais do mar as distintas vías de colaboración que abre o proxecto PLANCTON, o Plan de Conservación Territorial que impulsa a Obra Social de ABANCA

Representantes das confrarías do norte de Pontevedra e de ABANCA, durante o encontro.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

21-06-2023
Negocio

ABANCA, as confrarías do norte de Pontevedra, a Lonxa de Campelo e Parquistas de Carril, dan un novo paso na senda de cooperación que iniciaron hai anos coa renovación do seu xa histórico acordo de colaboración. O novo texto, creado man a man co sector, ofrece solucións a medida para apoiar a unha actividade económica de gran relevancia dentro do tecido produtivo pontevedrés.

A directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández Penas, foi a encargada de asinar o renovado texto cos representantes das confrarías de Pontevedra, Lourizán, Marín, Vilaboa, Bueu, Carril, Raxó, Sanxenxo, Portonovo, Vilanova, O Grove, A Illa, Cambados, Vilaxoán, e da Lonxa de Campelo e os Parquistas de Carril. Durante o encontro, a representante da entidade financeira estivo igualmente acompañada polo director de ABANCA Mar, Javier Fraga; o coordinador desta unidade, Miguel Ríos; e o coordinador de convenios da territorial de ABANCA en Pontevedra, José Liñeira Folgar.

Axudas para afrontar o reto do cambio xeracional

Con esta firma, as distintas entidades fortalecen o mundo da pesca e o marisqueo en Galicia e dan apoio a toda a cadea de valor do mar, co foco posto en facilitar a transformación do sector baixo parámetros de sosibilidade e favorecer o cambio xeracional, dous aspectos críticos para o seu futuro.

Os documentos, que xa están en vigor, impulsan os novos proxectos empresariais e a mellora competitiva dos actuais. Entre os seus aspectos máis destacados, atópase unha liña de colaboración financeira con condicións específicas para pescadores mozos. Ademais, inclúen tamén unha ampla gama de solucións financeiras que apoian esa aposta pola sostibilidade, contribuíndo a acelerar o proceso de renovación da frota en Galicia e promovendo o uso de embarcacións máis seguras e eficientes.

Do mesmo xeito, o banco ofrece outros produtos pensados para dar resposta ás necesidades particulares de pescadores e mariscadores, como pólizas de crédito que permiten paliar as consecuencias de paros biolóxicos no sector pesqueiro ou o cesamento ou diminución da actividade marisqueira, un produto que estes últimos meses dotou de liquidez a máis de 60 autónomos polo peche do marisqueo ou percebe en varias destas confrarías.

Doutra banda, os protocolos asinados tamén garanten o acceso a outros produtos, como préstamos persoais a medida para o sector, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, liñas de comercio exterior, confirming, avais ou seguros especializados, entre outros.

Proxecto PLANCTON

O encontro serviu igualmente para trasladar a estes profesionais as accións desenvolvidas no marco de PLANCTONSerás redirixido a outro sitio web, o Plan de Conservación Territorial que impulsa a Obra Social de ABANCA, Afundación. A responsable de RSC, Pilar Alves, explicou aos representantes das distintas entidades os detalles deste ambicioso proxecto, no que xa colaboran máis de 50 organismos de distintos sectores, e que ten como obxectivo principal fomentar a conservación e sostibilidade das actividades socioeconómicas no medio marítimo. Durante a súa intervención, Alves expuxo as distintas vías de colaboración que abre esta iniciativa que, entre outras actuacións, permitiu retirar das costas de Galicia máis de 45 toneladas de residuos desde o seu inicio en 2021, e unhas 20 no que vai de ano.

Desta forma, grazas á experiencia de ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web e á colaboración con Afundación, o banco continúa apoiando o crecemento e a renovación do sector en Galicia, fomentando ao mesmo tempo a protección do medio mariño e a promoción de prácticas sostibles.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .