• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e as empresas familiares de Asturias unen esforzos para impulsar o crédito

  • A entidade financeira acorda coa asociación que agrupa ás empresas familiares asturianas fórmulas para facilitar un financiamento flexible a adaptado ás súas necesidades
  • ABANCA e AEFAS poñen a mellora competitiva e a posta en marcha de novas iniciativas empresariais como principais obxectivos da colaboración

O presidente de AEFAS, Pedro Ortea, e o director de zona de ABANCA en Asturias, José María Jardón, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente de AEFAS, Pedro Ortea, e o director de zona de ABANCA en Asturias, José María Jardón, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

13-03-2018
Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e a Asociación Asturiana de Empresa Familiar (AEFASSerás redirixido a outro sitio web) asinaron un acordo de colaboración coa vista posta en facilitar o acceso ao crédito deste colectivo. O texto foi rubricado esta mañá na oficina da entidade financeira en Xixón-Llano, unhas instalacións renovadas de maneira integral o pasado ano dentro do plan de modernización da rede comercial que ABANCA está despregando en Asturias.

O presidente de AEFAS, Pedro Ortea, e o director de zona de ABANCA en Asturias, José María Jardón, firmaron un texto que supón un impulso á mellora competitiva das empresas actuais e ao emprendemento no Principado.

Este convenio de colaboración pon a disposición das empresas familiares de Asturias que estean asociadas a AEFAS un amplo catálogo de produtos adaptados ás súas necesidades. O crédito é o gran protagonista entre a oferta financeira de ABANCA, cun gran peso dos produtos pensados para acometer investimentos, realizar melloras competitivas ou emprender. Entre eles, destaca o préstamo hipotecario negocio, que ofrece un amplo período de amortización de ata 15 anos e elimina as principais comisións. Os interesados tamén terán á súa disposición outros produtos de financiamento como o préstamo persoal, o leasing mobiliario, as liñas de comercio exterior para apoiar a internacionalización ou os avais, con tarifas melloradas respecto ao mercado.

O texto selado entre ABANCA e AEFAS apoia tamén ás empresas familiares con solucións para as súas necesidades máis correntes. É o caso de produtos que contribúen a contrarrestar as tensións de tesourería e as súas finanzas diarias como a póliza de crédito, o desconto comercial, o factoring ou o confirming.

Por último, a entidade financeira ofrece APLAZOS, a súa alternativa de financiamento flexible no punto de venda para os clientes das empresas asociadas, que permite competir coas grandes superficies. Desta maneira, os compradores poden fraccionar o pagamento dos bens ou servizos adquiridos sen saír do establecemento e de maneira inmediata. Adicionalmente, os asociados de AEFAS contarán con tarifas personalizadas na instalación e mantemento de terminais punto de venta (TPV).

A Asociación Asturiana de Empresa Familiar (AEFAS) é unha organización sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico que ten como obxectivo apoiar e defender os intereses das empresas familiares do Principado de Asturias así como contribuír ao impulso e fortalecemento das mesmas. A súa vocación pasa polo recoñecemento e a mellora competitiva do colectivo. Pola súa parte, ABANCA é unha das entidades de referencia no panorama financeiro do noroeste español, aínda que tamén con presenza no resto do territorio nacional e a nivel internacional. Desde as súas once oficinas no Principado ofrece alternativas especificamente deseñadas para particulares, autónomos e empresas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .