• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e as principais confrarías da Mariña referendan o seu compromiso coa sostibilidade

ABANCA, a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e as principais confrarías da provincia de Lugo unen esforzos co foco posto en facilitar a transformación do sector baixo parámetros de sostibilidade.

O director de ABANCA Mar, Javier Fraga (terceiro pola dereita na fila inferior), durante o acto coas confrarías.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-05-2021
Negocio

ABANCA, a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e as principais confrarías da provincia de Lugo unen esforzos co foco posto en facilitar a transformación do sector baixo parámetros de sostibilidade.

O acto tivo lugar en Burela e volveu ser presencial, logo das reunións telemáticas celebradas nos últimos meses con estes representantes. Por parte de ABANCA participaron o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, o director de zona na Mariña, Carlos Teijeiro, e o coordinador de ABANCA Mar, Miguel Ríos. Representando ás confrarías asistiron José Basilio Otero Rodríguez, presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e patrón maior da Confraría de Pescadores San Xoán Bautista de Burela; Javier Sánchez Fernández, patrón maior da Confraría de Pescadores de San Cibrao; Javier Martínez Otero patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo; Diego Pernas Lamelas, patrón maior da Confraría de Pescadores do Vicedo; José Juan Lestegás Iglesias, patrón maior da Confraría de Pescadores de Foz; e Domingo Rey Seijas, patrón maior da Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro.

Con esta rúbrica, o banco dá un novo apoio ao avance na mellora da sostibilidade a través do proceso de renovación da frota. Para iso, ABANCA Mar volve a habilitar as hipotecas navais e os préstamos a tipo fixo, que permiten introducir prazos amplos ou carencias para incentivar a construción de novas embarcacións, a remodelación ou a segunda adquisición de barcos máis eficientes e respectuosos co medio ambiente.

O convenio tamén ofrece outro financiamento adaptado e competitivo para investimentos sostibles nos buques e no resto da industria, co ánimo de promover a mellora da eficiencia enerxética e a sostibilidade.

Máis crédito, máis adaptado

Máis alá deste compromiso, ABANCA e as confrarías avanzaron nunha nova proposta integral de crédito que fixa como prioridades adaptarse ás necesidades do sector logo da pandemia. O encontro serviu para fixas as liñas de futuro, compartir os desafíos do sector e recoller propostas do colectivo.

Neste amplo catálogo creado para o mundo do mar, ABANCA tamén pon a disposición destes profesionais toda clase de préstamos persoais, sen xuros ou comisións, con amplos prazos de amortización, para adiar o pagamento de impostos; pero tamén liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, confirming, avais, coberturas de prezos sobre gasóleo ou desconto comercial.

A rúbrica deste convenio chega precisamente tras a celebración das XXVIII Xornadas Técnicas de Expomar a pasada semana en Burela. O evento especializado contou este ano coa participación de ABANCA a través do propio director de ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, Javier Fraga, que moderou unha das mesas de debate. A cita, que se puido seguir telematicamente, reuniu aos principais representantes do sector e a unha nutrida mostra das distintas Administracións públicas.

O acto coas confrarías serviu tamén para presentar algunhas das iniciativas de protección e concienciación do medio ambiente nas que traballa o banco, como o proxecto Redes Vivas ou as actividades de voluntariado e de sensibilización ambiental que realiza Afundación, entre as que destaca este ano o Plan de conservación territorial-ON (PLANCTON), en colaboración coa Fundación Biodiversidad e o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .