• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e ASAJA Cáceres facilitan o crédito aos agricultores novos

  • A entidade financeira e o sindicato agrario cacereño redobran esforzos para responder ás necesidades de financiamento do sector na rexión
  • O banco deseña produtos de financiamento adaptados ás necesidades do colectivo e adapta a súa oferta con solucións a curto e longo prazo co foco posto na sostibilidade
  • As dúas entidades alíanse para axilizar a tramitación das axudas PAC e ofrecer solucións de crédito sinxelas

O director territorial de ABANCA en Extremadura/Sur, Óscar Salgado, e o presidente de ASAJA Cáceres, Ángel García, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director territorial de ABANCA en Extremadura/Sur, Óscar Salgado, e o presidente de ASAJA Cáceres, Ángel García, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

08-03-2021
Negocio

ABANCA e a Asociación Agraria de Jóvenes AgricultoresSerás redirixido a outro sitio web (ASAJA) de Cáceres acaban de rubricar un convenio de colaboración que pon o foco especialmente nas necesidades de crédito do sector na provincia. A entidade financeira dá un paso máis no seu compromiso cos agricultores novos cacereños e traza unha estratexia para un colectivo clave da economía produtiva.

O director territorial de ABANCA en Extremadura/Sur, Óscar Salgado, e o presidente de ASAJA Cáceres, Ángel García, foron os encargados de firmar na sede da asociación o convenio co que se inicia esta colaboración. A rúbrica deu paso a unha breve reunión de traballo na que tamén participaron o director de zona de ABANCA en Cáceres, Benjamín Gómez e outros membros de ASAJA Cáceres.

O convenio, que xa entrou en vigor logo da firma, permite aos agricultores novos que se integran en ASAJA Cáceres beneficiarse de fórmulas de crédito especificamente deseñadas. A oferta sectorial inclúe produtos altamente demandados como son o préstamo persoal ou o leasing para o sector agrogandeiro, cun prazo moi amplo, que pode chegar ata os 12 anos no caso do préstamo. Trátase de opcións moi comprometidas coa sostibilidade e con finalidades tan habituais como a renovación ou adquisición de maquinaria, a modernización dos cultivos ou a implantación de enerxías renovables.

Falando do financiamento de circulante, sobresae o anticipo colleita ou o préstamo campaña para facer fronte aos gastos habituais da próxima colleita. Todo iso sen esquecer a liña específica de financiamento de seguros agrarios que permite fraccionar o pagamento ata en 12 mensualidades, xusto cando os seguros cobran especial relevancia e co único custo dunha comisión de apertura. Estas alternativas súmanse a outras fórmulas de crédito como liñas de comercio exterior, confirming, factoringSerás redirixido a outro sitio web, avais ou liñas de desconto. Neste catálogo a medida tamén se ofrece a póliza de crédito con prazo de ata cinco anos, ideada para o sector e que supón un revulsivo para as necesidades de liquidez de cada momento, cun importante aforro en gastos de formalización.

Financiamento oficial e axudas PAC

O financiamento oficial é tamén un dos grandes protagonistas desta firma. O banco pon a disposición do sector os convenios oficiais co ICO ou con SAECA. Destaca tamén o Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada (IFXC), que incorpora un aval de ata o 80% por parte da Administración para facilitar a incorporación de agricultores novos.

As dúas entidades colaborarán tamén na tramitación das axudas PAC, co fin único de axilizar a domiciliación destes pagamentos e ofrecer alternativas de crédito para o seu anticipo. É precisamente esta fórmula a máis popular entre os agricultores, xa que lles permite acceder ata o 90% do importe da axuda de maneira sinxela e rápida. Para facilitar precisamente a sinxeleza e axilidade na tramitación dos anticipos, como novidade nesta campaña, ABANCA activou préstamos preautorizados por importe de ata 100.000 euros, destinados tanto a anticipo de axudas PAC, como a finaciamento de primas de seguros agrarios. Poderán acceder a estes preautorizados ao redor do 68% dos beneficiarios de axudas PAC que domiciliaran a súa solicitude en ABANCA.

Con esta firma o banco dá un novo impulso á súa estratexia de apoio á economía produtiva de Estremadura e moi especificamente ao seu sector primario. A rexión converteuse nun territorio clave para ABANCA e nos últimos meses redrobrou os seus vínculos con axentes tan relevantes como cooperativas agrarias, denominacións de orixe protexida e asociacións de empresarios. Desde o inicio da pandemia, a entidade financeira mantivo unha comunicación a distancia regular con algúns dos seus representantes para trazar solucións á medida das súas necesidades.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .