ABANCA e ASAJA Cáceres facilitan o crédito aos agricultores novos
- A entidade financeira e o sindicato agrario cacereño redobran esforzos para responder ás necesidades de financiamento do sector na rexión
- O banco deseña produtos de financiamento adaptados ás necesidades do colectivo e adapta a súa oferta con solucións a curto e longo prazo co foco posto na sostibilidade
- As dúas entidades alíanse para axilizar a tramitación das axudas PAC e ofrecer solucións de crédito sinxelas
ABANCA e a Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores (ASAJA) de Cáceres acaban de rubricar un convenio de colaboración que pon o foco especialmente nas necesidades de crédito do sector na provincia. A entidade financeira dá un paso máis no seu compromiso cos agricultores novos cacereños e traza unha estratexia para un colectivo clave da economía produtiva.
O director territorial de ABANCA en Extremadura/Sur, Óscar Salgado, e o presidente de ASAJA Cáceres, Ángel García, foron os encargados de firmar na sede da asociación o convenio co que se inicia esta colaboración. A rúbrica deu paso a unha breve reunión de traballo na que tamén participaron o director de zona de ABANCA en Cáceres, Benjamín Gómez e outros membros de ASAJA Cáceres.
O convenio, que xa entrou en vigor logo da firma, permite aos agricultores novos que se integran en ASAJA Cáceres beneficiarse de fórmulas de crédito especificamente deseñadas. A oferta sectorial inclúe produtos altamente demandados como son o préstamo persoal ou o leasing para o sector agrogandeiro, cun prazo moi amplo, que pode chegar ata os 12 anos no caso do préstamo. Trátase de opcións moi comprometidas coa sostibilidade e con finalidades tan habituais como a renovación ou adquisición de maquinaria, a modernización dos cultivos ou a implantación de enerxías renovables.
Falando do financiamento de circulante, sobresae o anticipo colleita ou o préstamo campaña para facer fronte aos gastos habituais da próxima colleita. Todo iso sen esquecer a liña específica de financiamento de seguros agrarios que permite fraccionar o pagamento ata en 12 mensualidades, xusto cando os seguros cobran especial relevancia e co único custo dunha comisión de apertura. Estas alternativas súmanse a outras fórmulas de crédito como liñas de comercio exterior, confirming, factoring, avais ou liñas de desconto. Neste catálogo a medida tamén se ofrece a póliza de crédito con prazo de ata cinco anos, ideada para o sector e que supón un revulsivo para as necesidades de liquidez de cada momento, cun importante aforro en gastos de formalización.
Financiamento oficial e axudas PAC
O financiamento oficial é tamén un dos grandes protagonistas desta firma. O banco pon a disposición do sector os convenios oficiais co ICO ou con SAECA. Destaca tamén o Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada (IFXC), que incorpora un aval de ata o 80% por parte da Administración para facilitar a incorporación de agricultores novos.
As dúas entidades colaborarán tamén na tramitación das axudas PAC, co fin único de axilizar a domiciliación destes pagamentos e ofrecer alternativas de crédito para o seu anticipo. É precisamente esta fórmula a máis popular entre os agricultores, xa que lles permite acceder ata o 90% do importe da axuda de maneira sinxela e rápida. Para facilitar precisamente a sinxeleza e axilidade na tramitación dos anticipos, como novidade nesta campaña, ABANCA activou préstamos preautorizados por importe de ata 100.000 euros, destinados tanto a anticipo de axudas PAC, como a finaciamento de primas de seguros agrarios. Poderán acceder a estes preautorizados ao redor do 68% dos beneficiarios de axudas PAC que domiciliaran a súa solicitude en ABANCA.
Con esta firma o banco dá un novo impulso á súa estratexia de apoio á economía produtiva de Estremadura e moi especificamente ao seu sector primario. A rexión converteuse nun territorio clave para ABANCA e nos últimos meses redrobrou os seus vínculos con axentes tan relevantes como cooperativas agrarias, denominacións de orixe protexida e asociacións de empresarios. Desde o inicio da pandemia, a entidade financeira mantivo unha comunicación a distancia regular con algúns dos seus representantes para trazar solucións á medida das súas necesidades.