• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Banco Etcheverría culminan a súa integración dando lugar ao décimo banco

  • O banco nace con 2,5 millóns de clientes e oficinas en dez países
  • ABANCA herda os 300 anos de experiencia do Banco Etcheverría
  • A entidade conta cuns activos de 56.921 millóns de euros
14-11-2014
Corporativo Financiero

ABANCA presentou esta mañá no Rexistro Mercantil da Coruña a escritura de fusión con Banco Etcheverría, o último trámite legal para culminar a integración das dúas entidades tras recibir as autorizacións do Banco de España e do Ministerio de Economía e Competitividade.

Este fin de semana está previsto que finalice a fusión tecnolóxica e o cambio de marca nas oficinas de Banco Etcheverría. Deste xeito, o luns 17 de novembro, os 2,5 millóns de clientes da nova entidade poderán operar con normalidade en calquera das oficinas que ABANCA ten repartidas por toda España e 9 países no estranxeiro.

“A partir do luns, os 300 anos de rigor, confianza e boas prácticas de Banco Etcheverría únense aos valores de responsabilidade, confiabilidade, calidade e innovación de ABANCA. Reforzamos así o noso posicionamento e liderazgo, centrando a nosa actividade na banca tradicional, a atención ao cliente e a captación de aforro e financiamento, fundamentalmente a pemes e familias”, asegura Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA.

O banco con sede en Galicia sitúase como o décimo banco español, cuns activos de 56.921 millóns de euros e cuns dos mellores cocientes de solvencia e liquidez. Os resultados obtidos nas recentes probas de resistencia realizadas polo BCE, que a situaron como unha das entidades máis sólidas e solventes do sector bancario español en calquera dos supostos proxectados na análise, ratifican esta posición de solvencia.

ABANCA conserva a sede social en Betanzos como símbolo da presenza no seu accionariado do Banco Etcheverría e en recoñecemento a esta entidade centenaria. A denominación social da entidade será ABANCA Corporación Bancaria, tras a súa aprobación na Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas que se celebrará o vindeiro 1 de decembro.

O proceso de integración de ABANCA e Banco Etcheverría iniciouse o pasado 1 de agosto cando os consellos de administración de ambas entidades aprobaron o proxecto de fusión. Desde esa data, os dous bancos realizaron todos os trámites legais e tecnolóxicos necesarios para culminar a súa integración canto antes.

Banco de referencia na zona noroeste

Coa incorporación do Banco Etcheverría, ABANCA reforza a súa aposta por converterse na entidade de referencia da zona noroeste, priorizando a concesión de crédito a particulares e empresas. Neste segmento, o banco incrementou a súa cota de crédito en 1,7 puntos porcentuais no segundo trimestre do ano.

Entre xaneiro e setembro de 2014, ABANCA concedeu financiamento a empresas e familias por importe de 4.500 millóns de euros, dos cales 2.356 millóns corresponden a novas operacións de hipotecas, préstamos ao consumo e longo empresa, e os 2.144 restantes a financiamento empresarial a través de diferentes liñas.

Banca tradicional e de proximidade

Na súa nova etapa, ABANCA acometeu unha profunda transformación para reorientar a súa estratexia cara á banca tradicional e de proximidade. A entidade renovou a súa estrutura organizativa para adaptala a estes eixos estratéxicos.

Entre as 9 direccións xerais constituídas destacan unha dirección xeral específica para o crédito, unha área que engloba todas as tecnoloxías da información e os procesos (co obxectivo de simplificar os procesos da entidade), unha división de negocio internacional e unha dirección de Responsabilidade Social Corporativa.

ABANCA conta con oito direccións territoriais (seis nas principais cidades galegas e dúas fose de Galicia) e 37 direccións de zona, co obxectivo de estar máis preto dos seus clientes.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA lanza unha emisión de débeda perpetua AT1 por 500 millóns de euros

08-09-2025
Corporativo Financiero

A operación executada hoxe refinanciará a emisión similar (AT1) de 375 millóns emitida en xaneiro de 2021, que incorporaba a posibilidade de amortización anticipada en xaneiro de 2026.

B100, novo patrocinador principal da Cursa dels Nassos de Barcelona

29-07-2025
Corporativo

B100. The Healthy Banking dará nome á Cursa dels Nassos que se disputará o 31 de decembro.

Cursa dels Nassos
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .