• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Casa de América inauguran novo espazo expositivo coa mostra ‘Arte entre continentes’

  • O banco e o Consorcio Casa América selan unha alianza para crear a Galería Casa América - ABANCA e colaborar na difusión da arte e a cultura iberoamericana
  • A nova galería estréase cunha exposición que repasa os vínculos artísticos entre Europa e América a través de 62 obras da Colección de Arte ABANCA
Inauguración exposición 'Arte entre continentes. Colección ABANCA'

Foto de familia da inauguración da exposición 'Arte entre continentes. Colección ABANCA' en Casa de América.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Inauguración exposición 'Arte entre continentes. Colección ABANCA'

Intervención do presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a inauguración da exposición 'Arte entre continentes. Colección ABANCA' en Casa de América.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

18-09-2025
RSC

ABANCA e o Consorcio Casa de América inauguraron un novo espazo expositivo na sede do Palacio de Linares denominado Galería Casa América - ABANCA. O primeiro proxecto que se poderá contemplar é a mostra ‘Arte entre continentes. Colección ABANCA’, que ofrece un percorrido de ida e volta entre artistas de diferentes países e escolas, unidos polos vínculos entre América e Europa.

No acto de apertura, o director xeral de Casa de América, León de la Torre Krais, manifestou que "grazas á colaboración con ABANCA, membro do noso alto padroado, remodelamos completamente as nosas salas de exposicións para afianzarnos no corazón do eixo cultural Prado–Recoletos. Hoxe inauguramos unhas instalacións modernas, mellor iluminadas e coas necesarias condicións de seguridade para acoller as obras dunha exposición que reflicte ben o espírito de conexión que nos une hoxe a Casa de América e ABANCA, e tamén o labor desta Casa desde hai 35 anos: renovar pontes, descubrir converxencias e mostrar ao público a riqueza, diversidade e puxanza da comunidade iberoamericana".

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, subliñou na súa intervención que “a idea de encontro converteuse na metáfora predominante para entender os lazos culturais de máis de cinco séculos entre Europa e América e ‘Arte entre continentes’ é unha escenificación concreta desa poderosa metáfora”. Ademais, destacou a importancia do acordo de colaboración subscrito entre ABANCA e o Consorcio Casa de América co obxectivo de contribuír a difundir a cultura e a arte iberoamericana a través da organización de actividades culturais no Palacio de Linares. Para finalizar, explicou “que tamén desde ABANCA e desde Afundación, impulsora da nosa acción educativa e cultural, buscamos como estimular os intercambios; como facilitar a mutua comprensión e os acordos entre cidadáns e institucións de aquí e de alá”.

O acto de inauguración congregou no Palacio de Linares a máis dun centenar de representantes do mundo cultural e empresarial. Entre os asistentes estiveron tamén o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, o director xeral de RSS e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e o responsable da xestión artística da Colección ABANCA, Diego Cascón, que realizou unha visita guiada á mostra.

Vínculo artístico entre Europa e América

‘Arte entre continentes’ é unha exposición concibida especificamente para a nova Galería Casa América - ABANCA. O proxecto aborda os vínculos artísticos, culturais e históricos entre Europa e América a través de 62 obras seleccionadas da Colección de Arte ABANCA.

As conexións que se presentan abarcan múltiples dimensións. Inclúen aspectos vitais, como a traxectoria de artistas españois que se estableceron e desenvolveron a súa obra en América, ou a de creadores americanos que se formaron e viviron en España. Así mesmo, o vínculo pode estar reflectido na temática, o título ou o contido simbólico da obra escollida.

Na mostra están representados 33 artistas de moi diversos ámbitos e contextos artísticos, entre os que se atopan algunhas das grandes figuras da historia da arte como Salvador Dalí, Joan Miró, Pablo Picasso o Sean Scully. Tamén se presentan creadores fundamentais da arte galega do século XX como Castelao, Arturo Souto ou Luis Seoane, xunto con nomes moi destacados da plástica contemporánea actual como Francisco Leiro, Valeska Soares, Antonio Murado ou Pamen Pereira. A presenza americana está definida por artistas de prestixio internacional como Joaquín Torres García, Matta ou Wifredo Lam.

En conxunto, a mostra convida a reflexionar sobre os fluxos artísticos e humanos entre ambos os dous continentes, e sobre como estas relacións enriqueceron o panorama da arte moderna e contemporánea.

A exposición poderá visitarse ata o 29 de novembro. A entrada será gratuíta e estará aberta ao público de luns a sábado, festivos incluídos, en horario de 11.00 a 19.00 horas.

Colección ABANCA

A Colección de Arte ABANCA integra máis de 1.300 obras que teñen como eixo vertebrador a arte moderna e contemporánea. No fondo están representados máis de 200 artistas e atópanse obras realizadas en diversos medios e formatos, como pintura, escultura, fotografía, gravado, debuxo e instalacións. Conforma un extraordinario patrimonio cultural, declarado BIC, que a converte na iniciativa artística corporativa máis importante de Galicia, e unha das máis destacadas de España.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA doa un millón de euros e abre unha liña de apoio de 150 millóns para as zonas afectadas polos incendios

19-08-2025
RSC

A entidade habilita a súa conta solidaria para recibir e xestionar doazóns.

ABANCA e Funcas amplían a súa colaboración para impulsar a cultura financeira da sociedade

01-07-2025
RSC

O banco promoverá dous novos proxectos educativos dirixidos a profesorado e mozos deportistas, volverá patrocinar Young Business Talents e achegará a novas cidades a exposición interactiva ‘Ítaca’.

O director xeral de RSS e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, e o director xeral de Funcas, no momento da sinatura do acordo.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .