• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Contemporánea presentan a exposición ‘Territorio Contemporánea 2025’ en Santiago de Compostela

  • A mostra forma parte das iniciativas do festival ABERTO 2025
  • A exposición estará aberta ao público no Centro Obra Social ABANCA ata o 10 de xaneiro
Participantes na presentación de ‘Territorio Contemporánea 2025’

Participantes na presentación da exposición ‘Territorio Contemporánea 2025’.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

25-09-2025
RSC

ABANCA e a Asociación de Galerías de arte Contemporánea de Galicia, Contemporánea, presentaron en Santiago de Compostela a exposición ‘Territorio Contemporánea 2025’. A proposta enmárcase na programación do festival ABERTO 2025 e permite mostrar nun mesmo espazo obras de todos os artistas que forman parte desta edición do evento, que se celebra de forma simultánea en Santiago, A Coruña, Lugo, Vigo e Ourense. O proxecto enriquécese cun segundo bloque expositivo no que se poñen en diálogo creacións dalgúns dos artistas contemporáneos máis relevantes con obras fundamentais da Colección de Arte ABANCA.

O responsable da xestión artística da Colección ABANCA, Diego Cascón, explicou na presentación da mostra que esta colaboración reflicte o compromiso institucional de ABANCA coa arte galega. Ademais, sinalou que vai contribuír á difusión deste evento artístico de gran relevancia en Galicia. Tamén asistiron ao acto a presidenta da asociación Contemporánea, Luisa Pita, e unha representación de galeristas e artistas que participan en ABERTO 2025.

Na primeira parte da mostra pódense contemplar unha selección de obras de once artistas que expoñen neste momento en diferentes cidades no marco do festival. En concreto, atopamos creacións de Sito Mújica e Samuel Salcedo (Galería Dupla), Salustiano García (Galería Luisa Pita), Jonathan Notario (Galería Marisa Marimón), Montse Rego (Galería Metro), Lino Lago (Moret Art), Vicente Blanco (Néboa), Pablo Barreiro (Nordés), Martha Araujo (PM8), Alberto Ardid (Trinta) e Regina Giménez (Vilaseco).

No segundo bloque, proponse un diálogo entre obras procedentes do fondo artístico destas dez galerías e creacións relevantes da Colección ABANCA, partindo da idea de que toda creación contemporánea ten unhas referencias e vínculos emocionais que non sempre son evidentes para o espectador. A partir desta formulación, proponse unha lectura interconectada das obras seleccionadas do fondo do banco con algúns dos creadores máis relevantes do panorama artístico actual. Por exemplo, a obra de Yolanda Dorda (Dupla) preséntase en diálogo coa de Miquel Barceló, a de Alejandra Atarés (Luisa Pita) con Marc Chagall, os traballos de Manuel Velasco (Marisa Marimón) e Manuel Barreiro ‘Paparolo’ (Metro) relaciónanse con Antonio Murado, o de Iván Prieto (Moret Art) con Eugenio Granell, Andrés Rivas Rodís (Néboa) ponse en relación con Susana Solano, Ánxel Huete (Nordés) con José María Sicilia, Mar Vicente e Jesús Madriñán (Trinta) con Helena Almeida e Amparo de la Sota (Vilaseco) vincúlase con Manuel Millares.

En conxunto, móstranse máis de 40 obras dunha trintena de artistas que fan de ‘Territorio Contemporánea 2025’ un proxecto expositivo que reflicte o gran momento que vive na actualidade a creación contemporánea.

Horario

A exposición poderá visitarse no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela desde o 25 de setembro ata o 10 de xaneiro, en horario de luns a sábado, de 16.00 a 20.00 horas. Os domingos e festivos permanecerá pechada.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación entregan a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina 2.340 xoguetes novos para repartir en Reis entre familias desfavorecidas

23-12-2025
RSC

A acción forma parte da campaña solidaria de Nadal ‘Debuxar sorrisos’ impulsada polo banco e a súa Obra Social.

Un dos 14 lotes de xoguetes entregados por ABANCA e Afundación a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina.

ABANCA e Afundación proporcionarán á Xunta de Galicia equipos de vixilancia aérea antiincendios de última xeración

02-12-2025
RSC

ABANCA e a súa Obra Social presentan un prototipo dos sistemas de vixilancia aérea de última xeración que Afundación entregará á Xunta de Galicia, co patrocinio do banco, para complementar os recursos autonómicos de prevención e loita contra incendios forestais.

Presentación dun equipo de vixilancia aérea antiincendios
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .