• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Endesa asinan un acordo de subministración de enerxía eólica de orixe galega a longo prazo

  • O contrato cobre a prezo estable o 70% da demanda de electricidade de ABANCA en España e Portugal para os próximos 10 anos

De esquerda a dereita, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o director xeral de Comercialización de Endesa, Javier Uriarte.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, o director xeral de Comercialización de Endesa, Javier Uriarte, e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

20-09-2021
Sostenibilidad

ABANCA e Endesa subscribiron un acordo de colaboración en enerxía renovable para cubrir con enerxía de orixe galega a maior parte da demanda de electricidade da entidade financeira dos próximos dez anos. O contrato garante a ABANCA a subministración de enerxía renovable en condicións de estabilidade de prezos e suporá a construción en Galicia dun novo parque eólico de Endesa.

O contrato foi subscrito na sede de ABANCA na Coruña polo conselleiro delegado da entidade financeira, Francisco Botas, e o director xeral de Comercialización de Endesa, Javier Uriarte.

“Este acordo permítenos promover a sostibilidade no noso funcionamento como organización garantindo a orixe local e renovable da enerxía que consumimos. Ademais supón a posibilidade de desenvolver en Galicia novos proxectos nun sector altamente tecnolóxico e estratéxico”, valorou o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.

O convenio “confirma a aposta de Endesa e ABANCA pola sostibilidade e ten unha gran transcendencia en Galicia, unha comunidade á que Endesa estivo ligada historicamente e na que hoxe queremos estar máis presentes que nunca. Cos contratos de compravenda de enerxía a longo prazo, grandes consumidores poden beneficiarse dunhas condicións estables de subministración durante longos períodos dando certidumbre á xestión das súas necesidades enerxéticas, á vez que apostan polas enerxías renovables libres de emisións”, sinalou o director xeral de Comercialización de Endesa, Javier Uriarte.

O acordo entrará en vigor o 1 xaneiro de 2022 e ten unha vixencia de dez anos. Durante ese período, Endesa subministrará a ABANCA enerxía de orixe eólica para cubrir o 70% da demanda de electricidade das súas oficinas e sedes de España e Portugal.

A enerxía subministrada procederá integramente de parques eólicos situados en Galicia ao longo da duración do acordo. Inicialmente, terá a súa orixe en instalacións de Endesa xa existentes neste momento na provincia de Lugo. A partir de xaneiro de 2023 a enerxía será xerada por novas instalacións renovables de Endesa en Galicia que están en proceso de tramitación.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA adhírese ao Programa Funcas Educa por sexto ano para impulsar a cultura financeira da sociedade

05-06-2024
RSC Sostenibilidad

O conselleiro delegado de ABANCA e o director xeral de Funcas subscriben o acordo de colaboración.

ABANCA e Afundación entregan ao colexio Las Acacias de Vigo un dos tres premios nacionais do programa educativo Segura-Mente

31-05-2024
RSC Sostenibilidad

O equipo gañador foi a aula de 5ºA de Educación Primaria deste centro escolar, que se alzou co galardón na categoría A.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .