• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e HioPOS Galicia informan os negocios sobre como adaptarse ao novo sistema de facturación electrónica

  • O banco e a empresa tecnolóxica organizan na Coruña unha xornada informativa para apoiar ao pequeno comercio e empresas hostaleiras na implantación dos novos procesos de emisión e verificación de facturas
  • A entidade financeira ofrece solucións innovadoras que integran nun único dispositivo os pagos e a nova normativa fiscal
Vista xeral da xornada informativa con negocios no Espacio Avenida da Coruña.

Un momento da xornada informativa para negocios celebrada onte no Espacio Avenida.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Mesa redonda entre hostaleiros e representantes de ABANCA e de HioPOS sobre os novos sistemas de facturación e solucións de medios de pago para negocios.

Mesa redonda entre negocios e representantes de ABANCA e de HioPOS sobre os novos sistemas de facturación e solucións de medios de pago.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

09-06-2025
Negocio

ABANCA e HioPOS Galicia, compañía tecnolóxica dedicada ao software de xestión, organizaron hoxe no Espazo Avenida da Coruña unha xornada informativa para apoiar ao pequeno comercio e ao sector hostaleiro na implantación da facturación electrónica e a nova normativa de verificación de facturas Verifactu, que será obrigatoria para gran parte do tecido empresarial en España a partir de 2026.

O evento, promovido en colaboración coas asociacións e organizacións locais de comerciantes e hostaleiros, incluíu sesións específicas para cada segmento, nas que se analizaron as súas particularidades á hora de afrontar esta necesaria adaptación fiscal e tecnolóxica.

Esta xornada informativa abriuse, en cada unha das sesións, cun relatorio inicial sobre a implantación de Verifactu e a factura electrónica, a cargo de Silvia Caamaño Sánchez, avogada especialista en IVE e facturación de Garrigues. A continuación, Luis Soto, CEO de HioPOS Galicia, presentou as solucións dixitais que, conxuntamente con ABANCA, poñen ao dispor dos negocios e que facilitan a súa adecuación aos novos sistemas de facturación.

Ambos os encontros contaron tamén cunha mesa redonda na que participaron profesionais de cada sector, ademais de representantes de ABANCA e de HioPOS Galicia, que resolveron dúbidas sobre as implicacións deste importante cambio normativo.

A axenda do acto pechouse coa intervención da directora de Desenvolvemento de Negocio e Modelo Comercial de Medios de Pago de ABANCA, Constanza Méndez Epelde, quen detallou a oferta innovadora en medios de pago dixital para negocios e os beneficios que achega aos establecementos, xa que lles permite acceder a solucións áxiles, seguras, de fácil uso e vangardistas no mercado, á altura das grandes superficies.

Facturación integrada no TPV

Entre os servizos máis novos e diferenciados de ABANCA para os segmentos de pemes e autónomos destacan o Terminais Punto de Venda (TPV) integrados na xestión do negocio. Son dispositivos moi versátiles, os cales, grazas a unha alianza con HioPOS, ademais de funcionar como terminais de pago poden incorporar funcionalidades adicionais. Entre elas, poden integrar os procesos de facturación electrónica requiridos na nova normativa fiscal e conectar directamente co sistema Verifactu da Axencia Tributaria. Deste xeito, mediante o propio TPV os negocios poden adaptarse facilmente a este cambio tecnolóxico e cumprir as súas obrigacións como contribuíntes con todas as garantías. Ademais, o dispositivo pode utilizarse tamén como comandera para realizar pedidos, dividir contas, manexar propinas, xestionar reservas e controlar inventarios, entre outras funcións.

ABANCA posicionouse como unha das entidades financeiras máis destacadas no desenvolvemento tecnolóxico, de innovación e de transformación dixital en medios de pago, cun claro enfoque cara ao cliente. O banco conta cunha oferta moi diversificada de produtos e solucións de pago innovadoras, sinxelas, seguras e adaptadas ás necesidades de cada perfil. Ademais, a entidade tamén pon ao dispor das administracións públicas as súas capacidades e dilatada experiencia como soporte tecnolóxico para o pago dixital de servizos relacionados coa mobilidade (tarxetas de transporte), a promoción económica (bonos comercio) ou a recadación de tributos (pago electrónico de impostos da AEAT mediante Bizum ou tarxeta).

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA reafirma o seu compromiso co sector primario na Semana Verde

06-06-2025
Negocio

ABANCA reafirma o seu compromiso co sector primario galego na cita máis importante para o mundo agrogandeiro do noroeste de España, a feira ABANCA Semana Verde de Galicia.

Firma convenios Semana Verde

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .