• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e o Máster en Ciencias Actuariais e Financeiras da ULE organizan o III Seminario MUCAF-ABANCA

  • A actividade inclúe catro sesións nas que se abordará a realidade da profesión actuarial e financeira na empresa privada, así como outros temas de actualidade no ámbito económico
  • As xornadas serán gratuítas e terán lugar entre o 12 de maio e o 2 de xuño

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

05-05-2022
Sostenibilidad

ABANCA e o Máster Universitario en Ciencias Actuariais e Financeiras da Universidade de León (MUCAF) colaboran por terceira vez para enriquecer a formación que recibe o alumnado da Universidad de León que cursa esta titulación. O III Seminario MUCAF-ABANCA, codirixido pola coordinadora do MUCAF, Carmen González Velasco, e o director territorial de ABANCA en Castilla y León e Asturias, Marcos Lamas Seoane, desenvolverase en formato videoconferencia entre os días 12 de maio e o 2 de xuño.

Do mesmo xeito que en anteriores edicións, a actividade inclúe catro sesións formativas nas que profesionais de ABANCA con ampla experiencia achegarán a estudantes, profesionais e docentes a realidade da profesión actuarial e financeira na contorna empresarial, así como outros temas de máxima actualidade do ámbito económico.

A primeira xornada será o xoves 12 de maio, ás 17.00 horas, e estará centrada na previsión social complementaria de empresas e institucións públicas. Jesús De Juana de la Salud, especialista en Deseño e Desenvolvemento de Produto de ABANCA SegurosSerás redirixido a outro sitio web, será o encargado de impartir o relatorio.

O día 19 de maio, ás 17.00 horas, terá lugar a segunda sesión, a cargo de Raúl Mateos Pedraz e Carina Filipa Panoias, actuarios de ABANCA Vida y Pensiones, que abordarán a análise e a avaliación de riscos para empresas.

O terceiro relatorio está prevista para o 26 de maio, ás 17.00 horas. María García Cabeza, coordinadora de Sostibilidade de ABANCA, e Pablo Monjardín Galán, xerente de Asset Management do banco, falarán aos asistentes sobre sostibilidade e finanzas.

O seminario finalizará o 2 de xuño, ás 17.00 horas, cun relatorio de Mónica Gondar Álvarez, directora de Negocio Next Generation en ABANCA, sobre a gran oportunidade que supoñen os fondos Next Generation para a nosa economía.

Inscrición

Poderán asistir ao seminario os alumnos e alumnas dos másteres en Ciencias Actuariais e Financeiras e doutras titulacións das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais, así como profesores e investigadores vinculados a estas áreas de coñecemento.

A convocatoria está aberta tamén aos membros dos colexios profesionais de actuarios, como o Instituto de Actuarios Españoles, economistas, titulados mercantís e empresariais e mediadores de seguros, así como a outros profesionais que poidan estar interesados en ampliar ou actualizar os seus coñecementos sobre as ciencias actuariais e financeiras na contorna empresarial.

As persoas que desexen inscribirse poden facelo ata o mércores 11 de maio, ás 14.00 horas, enviando un correo electrónico á coordinadora do MUCAF, Carmen González Velasco, cuxa dirección é carmen.gvelasco@unileon.es. Unha vez solicitada a inscrición, que será gratuíta, recibirán con antelación nos seus correos electrónicos as invitacións correspondentes para acceder a cada unha das sesións en liña a través de Google Meet.

ABANCA, comprometida coa educación

A colaboración de ABANCA co Máster en Ciencias Actuariais e Financeiras da Universidad de LeónSerás redirixido a outro sitio web enmárcase no compromiso do banco por ofrecer propostas formativas de calidade que poidan complementar a formación que reciben tanto os escolares como os estudantes universitarios ao longo da súa vida académica, de modo que poidan dispoñer de todos os recursos necesarios para desenvolverse persoal e profesionalmente.

En concreto, o banco realizou unha forte aposta pola educación financeira e desde 2015 leva a cabo un amplo programa de actividades que buscan mellorar os coñecementos e as habilidades financeiras da poboación desde idades temperás. Cada ano benefícianse deste programa máis de 100.000 persoas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA adhírese ao Programa Funcas Educa por sexto ano para impulsar a cultura financeira da sociedade

05-06-2024
RSC Sostenibilidad

O conselleiro delegado de ABANCA e o director xeral de Funcas subscriben o acordo de colaboración.

ABANCA e Afundación entregan ao colexio Las Acacias de Vigo un dos tres premios nacionais do programa educativo Segura-Mente

31-05-2024
RSC Sostenibilidad

O equipo gañador foi a aula de 5ºA de Educación Primaria deste centro escolar, que se alzou co galardón na categoría A.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .