• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA entrega a Celta, Dépor e Lugo 30 redes recicladas para porterías do seu proxecto Redes Vivas

  • Os xogadores Brais Méndez, Álex Bergantiños e Eduard Campabadal recibiron o novo material e participaron nun coloquio sobre a sostibilidade no deporte
  • O proxecto Redes Vivas de ABANCA deu unha nova vida a 1.938 quilos de redes abandonadas en espazos costeiros
  • ABANCA impulsa esta iniciativa dentro da liña de acción ambiental do seu plan de Sostibilidade

De esquerda a dereita, Brais Méndez, Susana Ortiz, Eduard Campabadal, Ángeles Millet, Álex Bergantiños e María García.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Na imaxe, un momento do coloquio sobre a sostibilidade no fútbol presentado pola xornalista Leticia Chas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo 27.04.2022. Acto de entrega de 30 redes recicladas para porterías do proxecto Redes Vivas ao R.C. Celta, R.C. Deportivo e C.D. Lugo. Serás redirixido a outro sitio web
27-04-2022
Sostenibilidad

ABANCA entregou hoxe 15 xogos de redes recicladas, procedentes do seu proxecto Redes Vivas, ao R.C. Celta de Vigo, R.C. Deportivo e C.D. Lugo, os principais clubs de fútbol galegos dos que o banco é patrocinador. Este material permitirá que os equipos renoven 30 porterías dos seus campos de adestramento.

A directora de Marketing de ABANCA, Susana Ortiz, e a responsable de Sostibilidade do banco, María García, foron as encargadas de realizar a entrega das redes recicladas a Brais Méndez, Álex Bergantiños e Eduard Campabadal, xogadores do R.C. Celta de Vigo, R.C. Deportivo e C.D. Lugo, respectivamente. Tamén asistiu ao acto Ángeles Millet, representante das redeiras artesás de Malpica, profesionais que realizan, xunto coas súas compañeiras de Corme, os traballos necesarios para transformar os aparellos abandonados en material de uso deportivo.

Con motivo da entrega das redes recicladas, os tres futbolistas participaron nun coloquio sobre a sostibilidade no deporte. En concreto, explicaron as iniciativas que están a impulsar os seus clubs neste ámbito e valoraron a importancia que teñen accións como Redes Vivas, posta en marcha por ABANCA.

Redes Vivas

Redes Vivas é un proxecto iniciado por ABANCA en xuño de 2021 dentro da liña de acción ambiental do seu plan de Sostibilidade. Ten como obxectivo recuperar redes de pesca que se atopan abandonadas en espazos costeiros para darlles un novo uso como material deportivo.

O proxecto impacta positivamente en tres liñas estratéxicas do banco: sostibilidade, xa que contribúe ao coidado do medio ambiente e fomenta a economía circular; promoción da economía local e os sectores produtivos, achegando innovación e visibilidade a un oficio tradicional e artesán realizado maioritariamente por mulleres, e apoio ao deporte, dotando de material aos clubs galegos.

Desde que se iniciou o proxecto recuperáronse 1.938 quilos de aparellos das zonas de costa de Galicia, que se transformaron en 2.076 m2 de material reciclado para o seu uso en catro disciplinas deportivas das 34 que patrocina o banco a través do seu programa ABANCA Deporte BaseSerás redirixido a outro sitio web: fútbol, balonmán, fútbol sala e kaiak polo.

No segundo semestre de 2021 entregáronse 21 xogos de redes (42 porterías) a 21 equipos e este ano está previsto que se entreguen 33 novos xogos de redes (66 porterías). Neste caso, amplíase o alcance do programa e irán destinadas tanto a clubs de deporte base como a outros equipos profesionais patrocinados polo banco. En total, cando finalice o ano, o proxecto Redes Vivas terá conseguido renovar 108 porterías e sumará máis de 6.000 deportistas beneficiados.

Compromiso coa sostibilidade ambiental e económica

O coidado do medio ambiente e apoiar a transición cara a un modelo económico máis sostible son dous das liñas de acción que recolle o Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible 21-24 de ABANCA nas que ten un impacto positivo o proxecto Redes Vivas.

O banco marcouse o obxectivo de alcanzar a neutralidade en carbono na súa actividade en 2024 e as cero emisións atribuíbles á súa carteira en 2050. Entre as medidas adoptadas para reducir a súa pegada ambiental, o banco consome enerxía procedente de fontes renovables desde 2020 e obtivo o certificado Residuo Cero de AENOR para tres das súas sedes corporativas (A Coruña, Madrid e ABANCA Seguros).

O compromiso de ABANCA coa sostibilidade ambiental e económica quedou reflectido tamén coa súa adhesión ás principais iniciativas sectoriais neste ámbito. É signataria dos Principios de Banca Responsable, sumouse ao Compromiso Colectivo para a Acción Climática de Nacións Unidas, ao Acordo Sectorial polo Clima do sector bancario español e forma parte desde o seu lanzamento de Net Zero Banking Alliance de UNEP-FI.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA adhírese ao Programa Funcas Educa por sexto ano para impulsar a cultura financeira da sociedade

05-06-2024
RSC Sostenibilidad

O conselleiro delegado de ABANCA e o director xeral de Funcas subscriben o acordo de colaboración.

ABANCA e Afundación entregan ao colexio Las Acacias de Vigo un dos tres premios nacionais do programa educativo Segura-Mente

31-05-2024
RSC Sostenibilidad

O equipo gañador foi a aula de 5ºA de Educación Primaria deste centro escolar, que se alzou co galardón na categoría A.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .