• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA estrea web para impulsar o coñecemento do seu patrimonio artístico e bibliográfico

  • O novo portal da Colección ABANCA ofrecerá información detallada sobre as obras que compoñen o seu fondo artístico e a súa xestión
  • O espazo permite consultar en formato dixital os incunables e documentos dos séculos XVI a XIX que conforman a Colección Bibliográfica de ABANCA
  • A web deseñouse para conseguir a mellor experiencia para o usuario desde calquera tipo de dispositivo
  • O banco avanza así no obxectivo marcado dentro do seu programa de RSC de achegar os seus fondos artísticos e bibliográficos á sociedade

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

29-10-2020
RSC

A Colección ABANCA conta cunha nova canle de difusión que contribuirá a achegar este rico patrimonio artístico e bibliográfico a toda a sociedade e facilitará que poida ser consultado tanto por persoal investigador como polo público xeral.

O banco avanza así no obxectivo marcado dentro do seu programa de RSC de impulsar o coñecemento dos dous fondos que configuran a súa colección, o artístico e o bibliográfico, que foron recoñecidos como Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia en 2015 e cuxa xestión responde a criterios de divulgación cultural, sen vinculación co negocio ou o investimento.

O novo espazo dixital, accesible na dirección https://coleccion.abanca.com/Serás redirixido a outro sitio web, conta cunha estrutura sinxela que facilita a navegación e un deseño acorde coas tendencias actuais que busca a mellor experiencia para o usuario independentemente do dispositivo que estea a utilizar.

A Colección de Arte de ABANCA, composta por 1.369 obras de 255 artistas, ocupa un espazo destacado na web. Neste momento recolle información detallada sobre máis de 400 pezas deste fondo artístico, as máis relevantes e de maior interese xeral, pero cando finalice o proxecto en decembro estarán dispoñibles para a súa consulta todas as obras que configuran o fondo pictórico, escultórico e fotográfico do banco, así como dos seus creadores. Os usuarios poden localizar as obras e os autores a través do buscador ou simplemente realizar un percorrido a través do mosaico de imaxes.

Deste xeito, o banco facilita o acceso á que é a colección de arte privada máis relevante de Galicia tanto polo volume dos seus fondos como polos grandes bloques nos que está estruturada e os artistas e obras que nela están representados. O conxunto reúne exemplos significativos da historia da arte galega, así como do discorrer artístico contemporáneo, desde os movementos de vangarda de principios do século XX até pezas de creadores novos consolidados, con nomes de máxima relevancia internacional como Pablo Picasso, Salvador Dalí, George Braque, Juan Gris, Antoni Tàpies, Joaquín Sorolla, Francisco Leiro ou Maruja Mallo, entre moitos outros.

No apartado de exposicións pódense ver os proxectos expositivos máis relevantes realizados até o momento, así como consultar a programación actual e os próximos eventos. As persoas que non puidesen visitar as mostras organizadas ou aquelas que queiran volver gozalas poderán acceder ás visitas virtuais e na sección de catálogos facilítase o acceso ás publicacións editadas polo banco con motivo das exposicións e ofrécese a posibilidade de adquirilas a través da tenda online da Obra Social ABANCA.

Fondo bibliográfico e documental

A colección bibliográfica protagoniza outro gran bloque de contido. Está formada por 3.217 volumes, divididos en 69 incunables, 11 facsímiles, 530 obras de economía e outras disciplinas, 257 autógrafos e 2.350 obras históricas dos séculos XVI ao XX, que se atopan depositadas en comodato desde 2013 na Biblioteca de Galicia. Os documentos poden consultarse en formato dixital a través de Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, e no novo portal inclúense as ligazóns correspondentes a todas as obras dixitalizadas até o momento para facilitar o acceso a investigadores ou persoas interesadas.

Xestión profesional e transparente

O contido do portal complétase cunha sección de actualidade que recompila as últimas noticias relacionadas coa Colección ABANCA e co apartado ‘Nós’, no que se ofrece información sobre a xestión que se realiza deste amplo patrimonio artístico para impulsar a súa divulgación e garantir a súa correcta conservación, de acordo coa política de transparencia que promove o banco.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .