• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA gaña 427 millóns de euros, cunha rendibilidade do 14,6%

  • O crecemento eficiente do negocio e a boa xestión do balance son os piares dunha sólida rendibilidade recorrente
  • ABANCA eleva o seu volume de negocio por encima dos 134.000 millóns de euros, avanzando en todos os negocios e xeografías
  • Forte crecemento comercial: máis de 76.000 novos clientes no semestre e máis de 9.000 millóns de euros en novo financiamento
  • Robustos indicadores de calidade do activo, con redución da taxa de mora ao 2,3% e cociente Texas do 21,6%
  • Elevada solvencia, cun cociente de capital CET1 do 13,2% e folgura de 1.962 millóns de euros sobre requisitos regulatorios
  • A entidade continúa coa súa folla de ruta no desenvolvemento dun modelo de negocio sostible e de apoio á súa contorna
Presentación de resultados do segundo trimestre de 2025

De esquerda a dereita, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, o presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o director xeral de Finanzas, Alberto de Francisco, antes da presentación de resultados.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Instante da presentación de resultados do segundo trimestre de 2025

De esquerda a dereita, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, o presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o director xeral de Finanzas, Alberto de Francisco, durante a presentación de resultados.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Principais magnitudes Resultados 2T25

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación de resultados ABANCA 2T 2025 Presentación de resultados ABANCA 2T 2025 Ver ficheiro PDF
28-07-2025
Resultados

ABANCA obtivo no primeiro semestre de 2025 un beneficio atribuído de 427,1 millóns de euros, cunha rendibilidade do 14,6% baseada no crecemento eficiente do negocio e a boa xestión do balance.

A entidade elevou o seu volume de negocio por encima dos 134.000 millóns de euros, gañando cota de mercado en todos os territorios (18 p.b. en España e 208 p.b. en Portugal) e reforzando o seu posicionamento como entidade de dimensión ibérica. Ademais, ABANCA captou máis de 76.000 novos clientes nos seis primeiros meses do ano (un 12% máis que nos seis primeiros meses do ano pasado), dos cales máis do 70% proveñen de áreas distintas á zona de orixe de ABANCA.

O banco destinou máis de 9.000 millóns de euros en novo financiamento para apoiar a familias e empresas. As novas formalizacións de crédito a particulares creceron un 47% interanual, mentres que as dirixidas a empresas duplicáronse. No que vai de ano ABANCA apoiou a través da concesión de financiamento a máis de 8.500 particulares para adquirir a súa vivenda, e a preto de 15.000 pemes e autónomos no desenvolvemento das súas actividades de negocio.

A entidade mantense como un dos grupos bancarios máis sólidos da península ibérica, aspecto que toma especial relevancia no contexto de incerteza xeopolítica actual. ABANCA sitúase entre as mellores do sector por calidade dos activos (cociente de morosidade que baixa ao 2,3%, cobertura de dubidosos do 82,6% e cociente Texas do 21,6%), robustos niveis de capitalización (cociente CET1 do 13,2% e 1.962 millóns de euros de exceso de capital sobre requisitos), folgada liquidez (cociente LTD minorista do 83,0% e 23.456 millóns de euros en activos líquidos) e elevados niveis de rendibilidade (ROTE do 14,6%, superando claramente o custo do capital).

A estes factores propios de ABANCA únense a resiliencia dos seus principais mercados á inestabilidade xeopolítica e unha reducida exposición aos sectores máis impactados polas posibles novas políticas arancelarias de Estados Unidos.

ABANCA está a implantar de maneira decidida a intelixencia artificial nos seus procesos, co dobre obxectivo de reforzar a satisfacción do cliente e incrementar as capacidades operativas do seu equipo, nun marco de despregadura ordenada para asegurar o uso correcto e evitar os riscos. Dentro do sector financeiro, ABANCA é unha das entidades con máis tipoloxías de casos de uso de IA implementadas.

Nun esforzo que está a ser recoñecido polas principais axencias de rating ESG, a entidade segue desenvolvendo un amplo programa de accións dirixidas ao impulso da sostibilidade e ao desenvolvemento social da súa contorna.

Fortaleza na xeración de resultados

No primeiro semestre do ano, ABANCA acreditou novamente unha sólida capacidade de xeración de resultados de alta calidade. Froito da boa evolución do negocio, a marxe de intereses creceu un 4,5% e os ingresos por prestación de servizos un 18,8%, co que a marxe básica aumentou un 6,9%, ata os 984,4 millóns de euros.

Os gastos de explotación, en termos comparables (é dicir, eliminando o efecto de EuroBic), crecen por baixo da inflación, a pesar de que a entidade mantén o seu esforzo investidor en tecnoloxía: nos últimos dous anos dedicou 165 millóns de euros ao reforzo das infraestruturas e a seguridade.

A combinación do crecemento dos ingresos recorrentes e o control dos gastos, que tamén están condicionados pola incorporación de EuroBic ao perímetro de consolidación, permite situar o seu cociente de eficiencia no 51,9%.

ABANCA mantén unha estrita política de prudencia na dotación de provisións a pesar dos seus sólidos niveis de cobertura. O custo do risco mantense controlado, nun nivel do 0,22%, cun cociente de morosidade do 2,3% e unha taxa de cobertura do 82,6%.

Crecemento en todos os negocios

Ao peche da primeira metade do ano, o volume de negocio xestionado por ABANCA situouse por encima dos 134.000 millóns de euros.

O volume de crédito á clientela en situación normal situouse en 51.917 millóns de euros, un crecemento do 16,0% en termos interanuais. Está centrado de maneira clara no sector privado, coas empresas, co 45% do total, e os particulares, co 39%, como os seus destinatarios fundamentais.

De maneira similar, a captación de recursos de clientes situouse nun total de 81.390 millóns de euros, un 16,1% máis que o ano anterior. Destaca o incremento interanual dos saldos a prazo e os produtos fóra de balance. Na estrutura de recursos de clientes do banco, o 78% do total corresponde a saldos á vista e a prazo, mentres que o 22% restante a recursos fóra de balance.

Os depósitos minoristas seguiron evolucionando positivamente e crecen unha 15,5% fronte ao mesmo período do ano anterior. Cun 93% dos depósitos correspondentes a familias e empresas e un 70% cun saldo inferior aos 100.000 euros, a carteira de ABANCA ten un perfil netamente minorista.

Os recursos fóra de balance alcanzan os 17.906 millóns de euros, o que supón un incremento do 18,3% interanual. No negocio asegurador, as primas de seguros xerais e de vida risco aumentaron un 15,1% interanual, ata os 612 millóns de euros. Esta intensidade do crecemento en fóra de balance e seguros permite á entidade aumentar a calidade dos seus ingresos.

Sólido perfil financeiro

ABANCA segue posicionada como unha das entidades máis sólidas do mercado ibérico, con cocientes de capital CET1 do 13,2% e total do 17,6%. O banco xerou 300 millóns de euros adicionais de colchón de capital nos últimos doce meses, co que dispón de 1.962 millóns de euros sobre requirimentos regulatorios. Así mesmo, cun cociente do 22,8%, supera folgadamente o requirimento MREL en 117 p.b.

A entidade segue reducindo o seu cociente de morosidade á vez que mantén fortes niveis de cobertura. Os saldos dubidosos reducíronse nun 1,4% interanual unha vez excluído o efecto da incorporación de EuroBic, co que a morosidade queda situada no 2,3%. A taxa de cobertura destes activos creceu significativamente ata un nivel do 82,6%, case 12 p.p. mellor que a media do sistema.

En materia de liquidez, ABANCA dispón de 23.456 millóns de euros en activos líquidos, cifra equivalente a 5,2 veces os seus vencementos previstos de emisións. Adicionalmente dispón dunha capacidade de emisión de cédulas de 7.165 millóns de euros, o que sitúa a súa posición total en 30.621 millóns de euros.

A estrutura de financiamento é netamente minorista: 87% de depósitos minoristas e cociente LTD minorista do 83,0%. En liquidez o banco presenta cocientes do 142% en financiamento neto estable (NSFR) e do 207% en cobertura de liquidez (LCR).

Banca responsable e sostible

En materia ESG, ABANCA é cualificada polas axencias máis relevantes do mercado, que a sitúan na mellor categoría posible, o que apoia o seu modelo de sostibilidade e contribución ao desenvolvemento social da súa contorna.

O banco mantén un forte compromiso coa sostibilidade integrando os aspectos ESG na súa xestión. Así, no primeiros seis meses do ano, o banco formalizou operacións de financiamento e investimento por importe de máis de 3.700 millóns de euros para apoiar a transición cara á sostibilidade.

En materia de emisións, a través do financiamento de proxectos de enerxía renovable conseguíronse evitar un total 225.509 tn CO2eq/ano, ás que se suman outras 2.333,95 tn CO2eq/ano por financiamento de vivenda verde.

Outras iniciativas destacadas do semestre son o lanzamento do Plan de Mobilidade, recollendo casuísticas tanto de contornas urbanas como rurais, a exposición didáctica ‘Itaca’, a participación de ABANCA na Global Money Week, o programa de fomento do emprendemento Young Business Talents, o programa educativo Segura-Mente e os Premios EDUCA ABANCA. No plano do voluntariado, as accións, que chegaron a novos territorios, supuxeron un total de 4.972 horas dedicadas e 1.164 participacións.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

Presentación dos resultados de ABANCA 2T 2025

28-07-2025
Resultados

Segue en directo a presentación dos resultados do segundo trimestre de 2025 de ABANCA.

Retransmitindo en directo

RESULTADOS 1T 2025: ABANCA gaña 220 millóns de euros, cunha rendibilidade do 15,2%

28-04-2025
Resultados

A entidade mantén uns robustos niveis de capitalización, cun cociente CET1 do 13,2%, tras crecer catro décimas no trimestre.

Principais cifras Resultados ABANCA 1T 2025
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .